Reino Unido

O secretario xeral da ONU, António Guterres. (Foto: Ukraine Presidency Dpa)
INTERNACIONAL

A ONU recalca a súa “preocupación polo uso de uranio empobrecido” na munición de Ucraína

O mesmo tipo de proxectís foi utilizado en Iraq polos Estados Unidos e polo Reino Unido entre 1991 e 2003.
Axentes da Policía Metropolitana de Londres. (Foto: Gareth Fuller / PA Wire)
INTERNACIONAL

Un informe conclúe que a Policía de Londres é racista, misóxina e homófoba

Solicita desmantelar a institución se a situación actual non mellora.
Esculturas gregas exhibidas no Museo Británico de Londres. (Foto: David Cliff / Zuma Press / Contactophoto)
INTERNACIONAL

O Reino Unido négase a devolver a Grecia as pezas do Partenón

Máis da metade das esculturas foron roubadas.
O primeiro ministro de Australia, Anthony Albanese, co primeiro ministro do Reino Unido, Rishi Sunak, onte nos Estados Unidos. (Foto: Stefan Rousseau / Pa Wire / Dpa)
star
INTERNACIONAL

Washington compartirá a súa tecnoloxía punta con Camberra para frear a China

O acordo para profundar no pacto de seguridade Aukus entre os Estados Unidos, o Reino Unido e Australia consolida a aposta estadounidense por centrar a súa atención militar no Indo-Pacífico, onde trata de achegarse aos países na contorna da China.
O ex futbolista Gary Lineker, conducía un programa na BBC desde o ano 1999 (Foto: Ian Walton / PA Wire / DPA)
INTERNACIONAL

O ex futbolista Lineker é apartado da BBC por comparar a política migratoria do Reino Unido coa Alemaña Nazi

As opinións no Twitter de Lineker, coñecido na esfera británica pola súa postura pública en favor da acollida de refuxiados e solicitantes de asilo, costáronlle o seu posto como director dun programa da televisión pública do Reino Unido. 
Migrantes rescatados chegan ao Reino Unido en setembro de 2022. (Foto: Gareth Fuller / PA Wire / dpa)
star
INTERNACIONAL

Sunak pon como obxectivo acabar coas migracións ao Reino Unido

O Partido Conservador británico lanza unha proposta para dificultar a chegada de migrantes sen regularizar ao país que viola a lexislación internacional segundo a ONU, e que está sendo interpretada como un intento de frear a caída electoral da formación a costa das persoas migrantes.
O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, e a presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, anunciaron a segunda feira o acordo en Londres. (Foto: Dan Kitwood / PA Wire / dpa)
star
INTERNACIONAL

A UE e o Reino Unido fechan un acordo sobre o protocolo de Irlanda do Norte

Após desbloquear as negociacións a saída de Boris Johnson do 10 de Downing Street, sede oficial do primeiro ministro en Londres, o acordo coa UE permite albiscar amais da normalización das relacións o desbloqueo político en Irlanda do Norte.

Sorpresa desde Escocia

Nicola Sturgeon anunciou esta cuarta feira a súa renuncia. (Foto: Jane Barlow / PA Wire)
Escocia

Dimite Nicola Sturgeon: "Marcho desde o sentido do deber"

"Lograr a independencia é a causa á que dediquei a miña vida [...] Creo sen dúbida que o meu sucesor levará Escocia á independencia", asegura.
Volodimir Zelenski e Rishi Sunak. (Foto: DPA)
INTERNACIONAL

Zelenski viaxa a Londres para reclamar o envío dun maior número de armas

Alemaña mandará até 25 Leopard-1 a Kíiv nos vindeiros meses.
Rishi Sunak, candidato a suceder a Liz Truss. (Foto: Beresford Hodge / PA Wire / dpa).
INTERNACIONAL

Reino Unido está disposto a marchar da Convención Europea de Dereitos Humanos

O Goberno de Rishi Sunak prepárase para presentar unha nova lei da inmigración que pode ser vetada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. De ser así, abandonarían o organismo, ameaza o Executivo.

Xornada de folga histórica no Reino Unido. (Foto: Danny Lawson / PA Wire)
INTERNACIONAL

A folga pola suba salarial convértese no maior paro do Reino Unido en 11 anos

Sunak insiste en que perante o rexeitamento ás súas iniciativas non negociará até que se desconvoquen as folgas.

Galiza e as rúas do mundo

O guitarrista Jeff Beck, nun concerto. (Foto: Ralph Arvesen / Zuma Press)
CULTURA

Morre o británico Jeff Beck, lenda da guitarra, aos 78 anos

O artista padecía unha meninxite bacteriana que provocou o seu pasamento esta terza feira.

Apocalipse now?

Manifestación en Londres contra a polémica norma o pasado 18 de agosto. (Foto: Vuk Valcic / Zuma Press)
Reino Unido

A Xustiza británica autoriza a deportación de demandantes de asilo a Ruanda, que "tortura e asasina os opositores"

O Tribunal Superior apoia que as solicitudes de asilo se resolvan en Ruanda e non no Reino Unido.
Juan Carlos I nunha imaxe de arquivo. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Reino Unido recoñece a inmunidade de Juan Carlos I ante a demanda de acoso de Corinna Larsen

A xustiza británica considera que até que abdicou, Juan Carlos I era inmune, polo que non pode ser procesado por acosar a Corinna Larsen.

Purgas

Moitos escandalizáronse de China e viron con normalidade a quinta purga consecutiva do líder dos conservadores británicos.
Nicola Sturgeon, onte. (Foto: Jane Barlow / PA Wire / dpa)
INTERNACIONAL

Escocia impulsará un plebiscito "de facto" en resposta á decisión xudicial británica

O SNP impulsará un "referendo de facto" para que a poboación decida sobre a independencia do país, após rexeitar o Supremo británico que Escocia teña competencias para organizar esa votación sen a aprobación de Londres.

A primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon (Foto: Andrew Milligan / PA Wire / DPA).
INTERNACIONAL

A Corte Suprema británica veta a convocatoria dun referendo pola independencia de Escocia

“A nosa voz non pode e non será silenciada”, reaccionou a primeira ministra de Escocia, Nicola Sturgeon.