Reino Unido está disposto a marchar da Convención Europea de Dereitos Humanos

O Goberno de Rishi Sunak prepárase para presentar unha nova lei da inmigración que pode ser vetada polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos. De ser así, abandonarían o organismo, ameaza o Executivo.

Rishi Sunak, candidato a suceder a Liz Truss. (Foto: Beresford Hodge / PA Wire / dpa).
photo_camera Rishi Sunak, primeiro ministro británico (Foto: Beresford Hodge / PA Wire / dpa).

O primeiro ministro británico, Rishi Sunak, non desbota abandonar a Convención Europea de Dereitos Humanos (CEDH) no caso de que o Tribunal Europeo de Dereitos Humanos se pronuncie contra a nova lei de inmigración que será anunciada en breve.

O ano pasado, o tribunal con sede en Estrasburgo paralizou a política de deportacións para Ruanda do Goberno británico entón presidido por Boris Johnson, nun novo conflito entre a xustiza internacional e as autoridades británicas, que preparan agora unha lexislación anti-inmigración moi dura fronte ás perspectivas de poderen vir a recibir un número marca de migrantes en 2023.

De acordo coa edición deste domingo do xornal The Times, Sunak e a ministra do Interior, Suella Braverman, revelaron estar dispostos a abandonar a convención europea se Estrasburgo de  se pronunciar esta contra os seus plans.

"Este proxecto de lei irá o máis lonxe posíbel no ámbito do dereito internacional. Estamos a forzar os límites, mais dentro do que é legalmente posíbel e dentro da CEDH", afirma unha fonte do Goberno británico, citada polo The Times.

A mesma fonte garante que o Goberno británico está convencido de que o plan vai pasar a peneria da xustiza europea, mais "se o tribunal decidir manter as reservas, a pesar dos nosos tribunais aprobar o proxecto de lei, entón entenderemos que o problema non é noso"

"Se for ese o caso, é claro que o Goberno estará disposto a reconsiderar se é do interese do Reino Unido, a longo prazo, continuar a formar parte da CEDH", engadiu a fonte.

O  primeiro ministro británico presentou esta semana as liñas orientadoras de "un novo sistema legal que axiliza os procedementos de detención, recurso e deportación de migrantes", prometendo que todo ficará resolto nunha "cuestión de días ou semanas, non de meses ou anos".

Comentarios