música tradicional

A luthier Ana Fariña é vicepresidenta da Asociación Labra (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Ana Fariña: "Temos unha cultura arraigada de construción de instrumentos que non hai noutros países"

Ana Fariña, luthier, é a vicepresidenta da Asociación Labra, que reúne profesionais do sector e que xurdiu da primeira edición de Resonancias en 2021, un foro profesional de instrumentos musicais. Fariña aborda a situación específica das mulleres, así como as necesidades xerais do gremio posto que, como ela di, “moi pouca xente é consciente do que son os luthiers e da importancia que teñen na música, na cultura ou na industria”.
Carme López, intérprete, docente e investigadora da música tradicional.
Carme López realiza a tese de doutoramento sobre o repertorio popular

A música tradicional galega entra na Universidade

Compilación, análise e uso didáctico do repertorio vocal acompañado de percusión de man como parte do patrimonio inmaterial galego. Estudo dun caso representativo. Este é o título da tese de doutoramento de Carme López Fernández, a primeira que trata desde unha perspectiva académica a música tradicional. 

Soberanía musical

‘Cataqui’ e Adrián Méndez (ao fondo á esquerda) e Tomé Mouriño (adiante no centro) conversan con 'Nós Diario' . (Foto: Manu Lucas Marinho)
Contracultura

De ninghures: "Procuramos fusionar a música tradicional galega con ritmos como os de Latinoamérica"

Adrián Méndez, Tomé Mouriño e Manuel ‘Cataqui’ son tres dos oito integrantes de De ninghures, unha agrupación musical folk que presenta o seu primeiro disco, 'Aquí'. Méndez, Mouriño e ‘Cataqui’ falan da súa música inspirada en diferentes culturas e que mestura diversos instrumentos, desde a pandeireta até o ukelele, pasando polos bongos ou a caipira, xa que, como eles din, “viamos necesario poder aportar a nosa forma de entender a música”.

A música e o baile tradicional na escola. Algúns argumentos desde a pedagoxía

Integrantes da banda de gaitas do Irixo. (Foto: Banda de gaitas do Irixo)
CULTURA

A banda de gaitas do Irixo denuncia o impagamento do Concello ao profesorado da agrupación musical

O Goberno local asegura que a banda non desenvolveu as clases durante 2021.
Tanxugueiras na rodaxe do sencillo 'Seghadoras' (Foto: Rocío Cibes).
CULTURA

Tanxugueiras logra o número un de vendas en tendas físicas co seu traballo 'Diluvio'

Tanxugueiras logrou o número un de vendas en tendas físicas co seu terceiro álbum Diluvio, co que está a percorrer a península ibérica na xira Midas, de presentación do mesmo.
Capa de 'Reviravoltas', do Cuarteto Caramuxo.
star
Discos: 'Reviravoltas', de Cuarteto Caramuxo

Tradicional deconstruído

O Cuarteto Caramuxo semella buscar moito máis a experimentación cos sons, coas estruturas, ver ata onde poden chegar. Mais sen esquecer a esencia dos primeiros tempos.
Imaxe do Pergameo Vindel. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Martín Códax, homenaxeado no Día das Artes Galegas 2023

A Real Academia Galega de Belas Artes resalta a figura de Códax como un dos "símbolos culturais da Galiza no seu apartado musical, alén do literario". 
Presentación de 'AI-Lalelo' esta cuarta feira en Compostela. (Foto: Europa Press).
SOCIAL

Esta é a canción que representará Galiza no festival de música feita por Intelixencia Artificial

O coordinador do proxecto, Joel Cava, remarcou que este tema, xerado por Intelixencia Artificial "reivindica a tradición e innovación da cultura galega".
Campaña de prevenda do novo disco Tanxugueiras (Foto: Nós Diario)
CULTURA

Tanxugueiras lanzará o seu novo disco o 29 de xullo e abren prevenda

A formación de pandeireteiras anunciaron a saída do seu novo traballo discográfico con cancións tan coñecidas como 'Terra' ou 'Midas'. Ademais, estrearán por San Xoán o tema 'Seghadoras'.
Un obradoiro de baile tradicional na Coruña, en 2020. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

A Deputación da Coruña destina perto de 400.000 euros a 75 entidades de cultura tradicional

Unha das dúas liñas de subvencións subvencionará 60 corais, bandas de música populares e entidades de música de baile tradicional galego de gran formato.
Os músicos Anxo Lorenzo e Iván Costa, asesores musicais do festival; a alcaldesa de Moaña, Leticia Santos Paz; a edil de Turismo, Coral Ríos Santomé; o de Cultura, Carlos Juncal Costa, e o de Mobilidade, Rodrigo Currás Torres. (Foto: Diego Seixo)
CULTURA

O Festival Intercéltico achegará a Moaña os grandes expoñentes do folk internacional

Treixadura, Yves Lambert ou Elephant Sessions, entre os protagonistas dun evento que decorrerá no municipio morracense os días 29, 30 e 31 de xullo.
Ana Pontón acudiu a unha mostra de baile tradicional. (Foto: Europa Press)
CULTURA

Eis a proposta do BNG para declarar BIC a música, canto e baile tradicional galego

"Queremos mostrar o orgullo do noso baile e música, que non é pasado, é presente", afirmou Ana Pontón, quen acusou á Xunta de "non facer os deberes tampouco nesta materia".
40 anos deste concurso.
Axenda

Arrinca o XL Concurso de Baile Tradicional na Coruña

Comeza a corenta edición do Concurso de Baile Tradicional no Pazo da Ópera da Coruña
O grupo 'A Requinta da Laxeira', un dos animadores da foliada.
Axenda

A asociación A Xesteira organiza a Foliada das Letras na Estrada

A Foliada das Letras contará coa participación do grupo A Requinta da Laxeira, Trio Prata de Germán Soneira e as pandereteiras Aldomir
Caamaño & Ameixeiras actuando en Compostela (Foto: @aigiboga).
CULTURA

O festival 'O que non se escribe' pon en valor a música tradicional

O festival contará esta segunda edición con actuacións, obradoiros, palestras e un 'Paseo Sonoro' pola zona vella da cidade.  
O acordeón de Álex Fente nunha actuación da formación Tiruleque (Foto: Ángel Manso).
CULTURA

Tiruleque: "Conservamos o noso signo de identificación, mais fomos introducindo ukeleles e cumbia"

A banda coruñesa Tiruleque está de aniversario. Leva 20 anos facendo bailar con actuacións en escenarios, foliadas e romarías, coa súa fusión a medio camiño entre o tradicional e a creación propia. Tres traballos discográficos conservan o seu son e agora contarán cun recompilatorio. Nós Diario achégase á súa traxectoria en conversa con Álex Fente, acordeonista do grupo.
Xabier Diaz (Foto: Marcos Budiño)
star
Entrevistas

Xabier Díaz: "Penso que hai que ter coidado cos placebos, coa morfina das subvencións

Levantarse e caer, e non caer e levantarse, é o título do novo disco de Xabier Díaz, un proxecto íntimo, lírico e diferente na súa sonoridade que o músico mantén en paralelo coa xira do seu último traballo coas Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas. Levantarse e caer é unha mirada sandadora á infancia. Un ollar a unha aprendizaxe na que se cae unha e outra vez e na que non sempre agarda, despois, o triunfo. Porque ademais o "éxito" pode ter que ver, ou non, coa maior ou menor felicidade. 
Marilú Campos falará das 'Posibilidades percutivas das latas de conserva de peixe' (Foto: AGG)
CULTURA

A percusión tradicional centra unha xornada da Asociación Galega de Gaiteiros e Gaiteiras na Coruña

A Asociación de gaiteiras e Gaiteros galegos realizará este domingo unha xornada de obradoiros con especialistas en percusión tradicional.