Tanxugueiras logra o número un de vendas en tendas físicas co seu traballo 'Diluvio'

Tanxugueiras logrou o número un de vendas en tendas físicas co seu terceiro álbum Diluvio, co que está a percorrer a península ibérica na xira Midas, de presentación do mesmo.
Tanxugueiras na rodaxe do sencillo 'Seghadoras' (Foto: Rocío Cibes).
photo_camera Tanxugueiras na rodaxe do sencillo 'Seghadoras' (Foto: Rocío Cibes).

Tanxugueiras logrou o número un de vendas en tendas físicas co seu terceiro álbum Diluvio, co que está a percorrer a península ibérica na xira Midas, de presentación do mesmo.

Segundo informan, o disco, publicado o pasado 29 de xullo, situouse como "o máis vendido en tendas físicas na semana do seu lanzamento, quedando por encima de nomes como Beyoncé ou Harry Styles".

O dato, facilitado por GFK e Promusicae (Produtores de Música do Estado español), "dá boa conta da boa acollida que recibiu entre o público este novo traballo".

No cómputo global de vendas, o que incorpora tanto as vendas físicas como as vendas dixitais, Diluvio ocupa a cuarta posición.

O seu terceiro traballo discográfico é un álbum conceptual editado por Calaverita Records e que propón romper co estabelecido para "volver aprender".

Tanxugueiras presentou o pasado 6 de agosto Diluvio, o seu novo disco, na 19ª edición do festival SonRías Baixas.

Ademais, no marco desta actuación, recibiron por sorpresa, ante o público do Morrazo, o recoñecemento do Sinxelo de Ouro polo seu tema 'Terra', outorgado por GFK e Promusicae.

Este recoñecemento foi logrado ao superar, xa a finais do pasado mes de febreiro, máis de 30.000 copias vendidas, o que se traduce, aproximadamente, en máis de 12 millóns e medio de reproducións en plataformas dixitais.  

Comentarios