A Deputación da Coruña destina perto de 400.000 euros a 75 entidades de cultura tradicional

Unha das dúas liñas de subvencións subvencionará 60 corais, bandas de música populares e entidades de música de baile tradicional galego de gran formato.
Un obradoiro de baile tradicional na Coruña, en 2020. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Un obradoiro de baile tradicional na Coruña, en 2020. (Foto: Nós Diario)

A área de Cultura da Deputación da Coruña vén de destinar un total de 397.871,92 euros, divididos en dúas modalidades, a 75 entidades de cultura tradicional.

A primeira, cunha dotación de 199.179,97 euros, subvencionará 60 corais, bandas de música populares e entidades de música de baile tradicional galego de gran formato.

A contía restante, 198.691,95 euros, será para unha quincena de entidades que representan distintos sectores profesionais da cultura galega.

Os fondos achegados servirán para comprar vestiario, instrumentos e outros materiais; cursos e obradoiros de baile e música; reunións profesionais; proxectos estratéxicos de dinamización sectorial, e mostras corais, certames ou concertos.

O obxectivo destas axudas, precisaron desde a Deputación, é "promover un tear asociativo que faga realidade o lema de que a cultura é un dereito"

O responsábel do departamento de Cultura da Deputación, Xurxo Couto, sinalou que estas subvencións "responden á vontade de apoio á nosa cultura viva en asociacións que a promoven en todo o territorio".

Por outra banda, Couto engadiu que estas axudas "renovan" a aposta do departamento de favorecer o sector cultural en todas as súas dimensións.

Para o deputado, o obxectivo da súa demarcación é "promover un tear asociativo que faga realidade o lema de que a cultura é un dereito e, como tal, ten que ser exercido e apoiado".

Comentarios