música tradicional

O músico, coreógrafo e cantante Xisco Feijoó ten realizado numerosos traballos de campo (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Xisco Feijoó: "A nosa música tradicional está viva a día de hoxe, volve estar onde tiña que estar: na rúa"

A edición deste ano dos Premios aRi[t]mar confirmou a boa acollida que tivo o primeiro traballo en solitario de Xisco Feijoó. A peza Peixe, que dá título ao álbum, foi escollida polo público como Mellor Canción do Ano 2021 na Galiza. Nós Diario conversa con este mestre, coreógrafo, bailador e cantante sobre a súa obra e o momento que vive a música tradicional galega.

Alfonso Franco, fundador da asociación Galiza Fiddle, co seu inseparábel violín (Nós Diario).
CULTURA

Alfonso Franco: "Na comarca de Vigo hai ducias de artistas musicais que demostrarán o seu talento"

A Asociación cultural Galiza Fiddle presentará hoxe Acanteira  (Biblioteca da Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, 20 h.), un CD acompañado dun libro de partituras froito de dez anos de traballo de músicas e músicos mozos que se formaron nesta entidade. Nós Diario conversa co fundador e director da entidade, Alfonso Franco, sobre esta ferramenta didáctica e o futuro da nova xeración de instrumentistas de violín para a música popular.  
Tanxugueiras no Benidorm Fest. (Foto: Rocío Cibes)
star
Música

Tanxugueiras. O abalar da terra

Para explicar o insólito contraste (que acaba por fazer inútil o voto do público), apenas ficam duas linhas de leitura: a consigna de fazer ganhadora a candidata "a priori" ou a de impedir que nos representasse quem tinha um discurso próprio, coerente, integrador e inclusivo, tanto na estética musical e linguística como na imagem empoderada da plasticidade cénica

Xaquín Xesteira, durante un concerto de Treixadura.
CULTURA

Xaquín Xesteira, de Treixadura: "Os coros levan cen anos cantando melodías tradicionais con gaitas, non é algo novo"

Ao longo da súa extensa traxectoria, o grupo Treixadura exerceu un gran labor ao manter viva a cadea de transmisión da música tradicional. Logo de facer 30 anos e de verse na obriga de cancelar a xira de 2021, a formación anuncia que volverá aos escenarios. Nós Diario conversa con Xaquín Xesteira, un dos seus membros fundadores. 
Caramuxo - Mariña Prieto Vilar
CULTURA

Fernando Abreu, de Cuarteto Caramuxo: "Na Galiza, o clarinete está presente na música tradicional desde finais do século XIX"

Sete anos despois do seu segundo traballo, o Cuarteto Caramuxo publica un novo disco baixo o título Reviravoltas. Nel, recollen as pezas que foron creando ao longo do tempo e contan coa colaboración de Mercedes Peón na versión de De Seu. Nós Diario conversa con Fernando Abreu, un dos clarinetistas da formación.

Capa de 'Vagalume'
star
Música: 'Vagalume', de Álvaro Iglesias

Son contemporáneo desde a tradición

Álvaro Iglesias coverte o contrabaixo en protagonista da música de raíz.

Homenaxe á tradición do Val Miñor: hai futuro

Capa de 'Aire', de Caamaño & Ameixeiras
star
Discos: 'Aire' de Caamaño & Ameixeiras

O mellor disco do ano!

O disco de Caamaño & Ameixeiras preséntase como unha novidade maior entre os discos galegos deste ano.
Homenaxe no Concello de Cambre a Xosé Manuel Seivane (Foto: Concello de Cambre).
CULTURA

Cambre rende homenaxe ao patriarca dos Seivane

Unha mesa redonda e recitais de música marcaron o evento deste sábado no que o Concello de Cambre rendeu homenaxe a Xosé Manuel Seivane, o patriarca da gaita na Galiza.
Xan Pampín, Manuele Pardo, Ángela Carou e Albel Gañete forman o grupo Ailá, que vén de lanzar o seu primeiro disco homónimo.  (Foto: Sara Pardo Lareo)
O grupo mestura musica tradicional galega con sonoridades contemporáneas

Ailá convida "a facer festa" coa fusión de ritmos tradicionais e da emigración

O grupo Ailá vén de presentar o seu primeiro traballo musical, no que recollen unha serie de temas tradicionais galegos que mesturan con "sonoridades da música contemporánea". Para este disco, o grupo realizou unha  investigación nos arquivos públicos e privados da música tradicional da Galiza.
A banda que acompaña Xurxo Fernandes no álbum: Rubén Montes, Rafa Morales, 
Pedro Lamas e Roberto Comesaña.
star
O investigador e intérprete Xurxo Fernandes presenta o seu último traballo: 'Levaino!"

Xurxo Fernandes: "Hoxe en día podes vivir en Nova York ou en Coristanco e hai moitas cousas que xa son comúns"

Quen escoite o último disco de Xurxo Fernandes, presentado a semana pasada, ben podería pensar que a música galega sempre estivo irmandada coa mediterránea. E se cadra si. Mais este é un dos primeiros álbums que as une de maneira tan declarada, como dúas faces deste artista e investigador das raíces orais: as galegas e as sefardís. O traballo de campo levouno a percorrer a Galiza enteira, pero tamén Turquía, Grecia, Bulgaria e Marrocos. Así, Levaino! pon o foco nas identidades, sempre minoritarias nun mundo globalizado, interrogando como sobrevivir nese contexto. 
Capa de 'Geodesia', de Luís Peixoto
star
Discos: 'Geodesia', de Luís Peixoto

Cuestión de identidades

Luís Peixoto proxecta a música portuguesa cara a outros horizontes, entre o legado da tradición portuguesa e o repertorio da música celta,
Capa de 'Músicas de Ferreiros', de Javier Franco.
star
Discos: 'Músicas de Ferreiros', de Javier Franco

Interés puro na música

Javier Franco presenta unha compilación  dun valor formidábel, xa que nel se concentran moitas pezas do repertorio dos seus avós e incluso se utilizan instrumentos feitos por eles.
Desde a esquerda, Sergio González, David Regueiro, Alfonso Calvo e Pablo Castaño, os integrantes do cuarteto. (Foto: Fundación Vicente Risco)
O guitarrista David Regueiro publica novo disco

O camiño de Santiago leva ao jazz con pasos de música tradicional

O camiño de Santiago tamén pasa polo jazz. O guitarrista David Regueiro publica un disco no que as harmonías galegas se incrustan nas estruturas dun xénero capaz de absorbelo todo. 'O camiño' inspírase na música tradicional  sen perder a esencia jazzística dun cuarteto que explora novos camiños pola ruta da tradición. 
Xosé Manuel Seivane no obradoiro traballando nunha gaita no ano 2005. / Obradoiro de Gaitas Seivane
star
Sermos Galiza

Eterno Seivane: Centenario do patriarca da gaita

"E onde está o neno. Tranquila, Estrella, ha de estar xunta o gaiteiro." Xosé Manuel Seivane, apaixonado da gaita, pasou toda a súa vida buscando o son perfecto do instrumento máis representativo da Galiza. O seu precoz interese pola gaita facía que desaparecese de xunto os seus pais nas romarías para achegarse ao gaiteiro. A día de hoxe, cen anos despois do seu nacemento e case unha década despois da súa morte, o seu legado continúa máis presente que nunca.
Capa de 'Cantar y batir'.
star
Música

Volver á raíz

O último disco de Eliseo Parra, Cantar y batir, está gravado en pleno confinamento e feito con moita calma.
Bleuenn Le Friec (arpa), Alfonso Calvo (contrabaixo) e Pablo Pascual (clarinete).
star
Jazz e músicas de raíz bretoa e galega

Zumaque, tres linguaxes que se unen para reivindicar a improvisación tradicional

O primeiro disco de Zumaque, 'Silván', viu a luz a finais do pasado ano, consolidando a orixinal aposta desta formación, actualmente xa cuarteto. Repasamos da man do clarinetista Pablo Pascual, compositor dos temas, as liñas deste traballo de fusión que atopa na improvisación o nexo de tres formas de entender a música, a que bebe do jazz e as que afondan raíces nas tradicións galega e bretoa.
Performance 'Badaladas por mulleres' no Vello Cárcere de Lugo.
CULTURA

"Varrín a casa con ela": a violencia contra as mulleres no cancioneiro popular

Con motivo do 25N, 'Nós Diario' achégase ás manifestacións da violencia contra as mulleres presentes na música tradicional. Estas mensaxes agresivas son moitas veces naturalizadas, cántanse toleradas coa aura doutro tempo. Ante a necesidade de entendelas no seu contexto, xorde tamén a dúbida sobre a pertinencia de seguirmos interpretando hoxe esas mesmas mensaxes.
Inés Mirás é coñecida nas redes sociais como @sinesita. (Foto: Nós Diario)
LINGUA

"Necesitamos contar con máis referencias de videoxogos en galego"

Inés Mirás inclúe referencias á música tradicional galega nos seus traballos

Redescubrindo a música tradicional