Xabier Díaz: "Penso que hai que ter coidado cos placebos, coa morfina das subvencións
Levantarse e caer, e non caer e levantarse, é o título do novo disco de Xabier Díaz, un proxecto íntimo, lírico e diferente na súa sonoridade que o músico mantén en paralelo coa xira do seu último traballo coas Adufeiras de Salitre, As catedrais silenciadas. Levantarse e caer é unha mirada sandadora á infancia. Un ollar a unha aprendizaxe na que se cae unha e outra vez e na que non sempre agarda, despois, o triunfo. Porque ademais o "éxito" pode ter que ver, ou non, coa maior ou menor felicidade.
No disco hai un ollar á infancia. Por que?
Por necesidade de regresar para repasar. Para detectar que cousas cambiaron no neno que fun, para ben e para mal. Para volver tamén a cousas que…
Debes estar rexistrado para ler este contido
Se xa tes unha conta, inicia sesión
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a subscricion@nosdiario.gal.