Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
O atacante, que acababa de saír da prisión, estaba baixo vixilancia activa nunha investigación por terrorismo.
Por segundo ano, a Rede Galega en Reino Unido (REGA-UK) celebra o Día das Letras galegas na capital británica. Unha manchea de actividades e propostas, para alén dos apoios que se envían desde Galiza: de TouriñáN, a Xabier Díaz pasando por Gayoso ou Tati Moyano.
Dez mortos, entre eles os 3 atacantes, e 48 feridos no atentado. Unha furgoneta atropelou varias persoas na Ponte de Londres e despois houbo acoitelamentos nun mercado próximo, Borough. O ataque prodúcese a poucos días das eleccións lexislativas. É o segundo atentado en Inglaterra en apenas 15 días. A primeira ministra, Theresa May, afirma que cómpre revisar a estratexia anti-terrorista e dar máis poderes ás forzas de seguridade. Hai unha ducia de persoas detidas.
Tamara Lorenzo é a directora musical de O Arame, ópera de Juan Durán con texto de Manuel Lourenzo, que se representará o 10 de xuño en Oxford. Despois de actuar como solista por medio planeta, esta pianista galega métese de cheo no mundo da ópera cunha coprodución do Centro de Estudos Galegos John Rutherford da Universidade de Oxford e XOGA, iniciativa que impulsa ela mesma.
Esta sexta feira celébrase a cuarta edición do Galician Film Forum no King's College London, que nesta ocasión estará dedicado á animación.
A comunidade galega en Londres segue a moverse. Logo de dúas exitosas edicións volve o Galician Film Forum o 20 de novembro con tres filmes de directoras galegas.
A deputada nacionalista Carme Adán pide explicacións ao Goberno sobre o que cualifica “trato discriminatorio” do IGAPE no evento 'Galician Gourmet Extravaganza' que esixe “boa presenza” ás azafatas interpretes entre as empresas galegas e os profesionais ingleses.
O presidente da Xunta reivindicou en Londres o “papel dirixente” dos emigrantes galegos”. Así o recolle a nota de prensa pendurada na web do goberno galego mais Núñez Feijóo nunca deu ese discurso xa que os apupos da emigración impediron que falase.
O edificio, de 11.000 metros cadrados, está en pleno centro de Londres.
Westminster presenta a súa proposta para aumentar o autogoberno de Escocia, como prometera David Cameron após o referendo de autodeterminación de setembro.
Após a sondaxe publicada por The Sunday Times o Reino Unido reaxiu propondo unha terceira vía: "ter o mellor dos dous mundos" coa que tenta frear os apoios á independencia.
A arzuá Inés Seone, emigrada en Londres, di ler o Sermos Galiza de noite. Acredita que os xornais hexemónicos na Galiza interaccionan antes con España do que coas galegas e cos galegos.
A xuntanza terá lugar esta sexta feira e prodúcese após recibir Obama o primeiro-ministro ucraíno, Arseni Yatseniuk. A Casa Branca avanza que non recoñece a lexitimidade do referendo convocado en Crimea e advirte a Rusia de que lle farán "pagar un prezo polas súas violacións do dereito internacional e a súa invasión de Ucraína".
Unha empresa francesa vai capitanear un emporio internacional para facer a central, un proxecto que o primeiro ministro, David Cameron defende apelando a que “vai crear 25.000 empregos”. Terá dous recatores e estará en funcionamento en 2023.