Un temporal deita novas fugas de auga radioactiva na central de Fukushima

Os vertidos producíronse ao paso do tifón Wipha que fixo quebrar os sistemas de seguridade instalados. Estas fugas prodúcense nun mes en que diversos erros humanos provocaron a saída sen control de auga altamente contaminada. 

Fukushima
photo_camera Fukushima

A crise nuclear en Fukushima continúa sen control após dous anos do tsunami que fixo saltar todas as alarmas. O grao de contaminación da auga que rodea os reactores e as constantes fugas da mesma cara o océano están a pór en xaque ao goberno nipón. E é que logo após declararen a incapacidade da empresa TEPCO --encargada da xestión da central-- e asumiren o control da catástrofe as autoridades gobernamentais xaponesas, non deixan de se sucederen as fugas de auga radiactiva. 

A central acumula a día de hoxe grandes cantidades de auga contaminada, as fugas son constantes e supoñen un grande risco

A última, acontecida esta mesma fin de semana ao paso do tifón Wipha que deixa tras de si máis dunha vintena de vítimas mortais. Os ventos furacanados e as choivas --que chegaron a triplicar as previsións-- provocron a quebra dos sistemas de seguridade instalados para impedir a saída de auga dos contedores. "Nestes momentos estamos a investigar", indicaron fontes do goberno nipón, "aínda non temos coñecemento da cantidade de auga" vertida mais non descartan que se producisen novos trasvases ao océano. 

A auga contida polas barreiras sitúase nuns niveis de radioación 24 veces superiores aos permitidos (710  becquereis por litro fronte os 30 autorizados). "Tentamos bombear a auga mais non foi suficiente", explicaron os técnicos. Asemade, @s responsábeis da central xa levaran a cabo días atrás vertidos controlados ao mar para reducir os riscos. No entanto, a concentración de auga radioactiva continúa a ser o maior risco en Fikushima. 

Tamén así, e segundo recolle a imprensa internacional, diversos erros humanos deviñeron en distintas fugas ao longo deste mes. Após dous anos do estourido da crise atómica, a central nuclear continúa sen control. 

Comentarios