Amancio Ortega compra outro edificio en Londres. Desta volta, por 335 millóns de euros

O edificio, de 11.000 metros cadrados, está en pleno centro de Londres.

Nova operación inmobilaria de Amancio Ortega. En pleno centro de Londres. Segundo informa ‘Property Week’ e recolle El País, o fundador de Inditex acadou un acordo para mercar a sede da multinacional mineira Río Tinto por un prezo de 33 alquilábel.

Esta compra é a segunda maior adquisición de Amancio Ortega en Londres. A finais de 2013 comprou o bloque de oficinas  Devonshire House, por uns 500 millóns de euros. É un edificio de oficinas de 16.000 metros cadrados.

Ortega xa comprara en 2006 o edificio en Londres 100 Wood Street, por 140 millóns de libras, e en 2011 un edificio de oficinas en Oxford Street por 220 millóns.

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios