A policía de Londres mata un presunto terrorista que acoitelou dúas persoas cun machete

O atacante, que acababa de saír da prisión, estaba baixo vixilancia activa nunha investigación por terrorismo.

Londres atentado (Europa Press)
photo_camera (Europa Press)

Axentes de Scotland Yard mataron a tiros o domingo unha persoa nunha importante rúa comercial do sur de Londres despois de que atacase con arma branca unha muller e un home, que se debate entre a vida e a morte. Outra vítima, tamén muller, sufriu feridas leves por vidros roto por un disparo da policía.

A policía afirma que o atacante era un terrorista islamista e, segundo a BBC, saíu da prisión a semana pasada despois de cumprir a metade dunha condea de tres anos. O incidente ocorreu en Streatham High Road, unha zona con cafés, restaurantes e tendas, a uns seis quilómetros ao sur da praza de Trafalgar.

Segundo testemuñas presenciais, o atacante levaba un machete e tres latas de prata atadas ao redor do pescozo para convencer á policía de que estaba equipado cun explosivo caseiro, seguindo o mesmo patrón que nos ataques de coitelo de London Bridge en 2017 e o ataque a esa mesma ponte o 29 de novembro de 2019. Axentes de paisano disparáronlle tres tiros.

Comentarios