O Parlamento de Crimea declara a súa independencia de Ucraína

A declaración de independencia foi apoiada por 78 d@s 100 deputad@s que compoñen a Cámara e reiterou a súa vontade de se adherir a Rusia. 

crimea parlament

Máis un movemento en Crimea, onde nas últimas semanas se concentra a tensión pola crise aberta en Ucraína. O Parlamento crimeo aprobou esta terza feira unha declaración de independencia que foi apoiada por 78 d@s 100 deputad@s da Cámara. 

Neste senso, a maior parte das forzas políticas crimeas apoian, non só a independencia de Crimea, senón a súa adhesión a Rusia mais mantendo a autonomía do seu territorio, que na actualidade xa conta cun status político propio no seo de Ucraína.

A decisión adoptada polo poder lexislativo crimeo veu ratificar a resolución aprobada hai uns días pola que se adiantaba a convocatoria do referendo de autodeterminación ao 16 de marzo. A declaración de independencia esntrou en vigor após ser emitida, segundo informa a axencia de noticias EFE. 

Comentarios