Recta final para o referendo en Escocia

A seis semanas da consulta pola independencia, os inquéritos estreitan a marxe de apoios entre as forzas independentistas e unionistas.

Mar de Lumes
photo_camera Mar de Lumes

Escocia debrúzase na recta final cara ao referendo pola independencia que terá lugar o 18 de setembro. [email protected] do 'Si' e uniostistas intensifican as súas campañas e afían seus discursos para equilibrar a balanza. Nomeadamente, as forzas independentistas e o movemento Yes Scotland. 

Segundo os últimos inquéritos publicados, a porcentaxe de apoios ao mantemento de Escocia no Reino Unido sitúase no 54% fronte un 40% do eleitorado favorábel á ruptura. A pouco máis de 40 días do referendo a bolsa de [email protected] míngua e fica nun escaso 6% das 4 millóns de persoas que terán dereito a voto na consulta --segundo a enquisa publicada por Ipsos Mori, que salienta o avanzo do 'Si'

Neste contexto, esta terza feira (5 de agosto) tivo lugar na televisión escocesa un debate cara a cara entre o ministro principal de Escocia, Alex Salmond, e Alistair Darling, político laborista e ex-ministro do Tesouro británico. Durante a hora e media de confrontación ambos os dous expuxeron os seus argumentos arredor das ideas forza que están a marcar a campaña. 

Yes Scotalnd defende unha Escocia "próspera" e "xusta"

Neste senso, o representante unionista bateu contra a posibilidade dunha Escocia independente manter a moeda actual. Ese está a ser un dos eixos principais do Project Fear (Proxecto Medo) que ameazan cunha quebra da economía escocesa de se tornar soberana ao ficar, din, fóra da unión monetaria pritánica. Mais o certo é que @s independentistas defenden o seu mantemento na libra esterlina e mesmo o propio Alister Darling ten asegurado --como lle lembrou Salmond no debate-- que non lle parecía unha mala idea esta opción de gañar o 'Si' o vindeiro mes de setembro. 

Así as cousas, desde o Scotish National Party din non ter "un plan B" a este respeito, se finalmente se producir a saída de Escocia da libra. No entanto, o ministro principal escocés bateu contra o seu adversario acusándoo de "non ter credibilidade" após ser o responsábel do Tesouro na crise de 2008 "cando os bancos colapsaron". 

Fronte a idea dunha Escocia inestábel no plano económico, froito da súa autodeterminación, Alex Saldmon enfatizou nas súas quendas de intervención que a independencia carrexará "unha economía próspera" e unha "sociedade xusta" rexida pola xente "que vive e traballa" no país en troca de gobernos formados por "partidos que os escoceses non elixiron". 

O unionismo promete máis autogoberno a Escocia

A recta final da campaña e o aumento --aínda que comedido-- dos apoios á independencia están a facer mudar algúns aspectos do discurso unionista. Neste senso, o primeiro ministro británico, David Cameron, o seu vice-primeiro ministro, Nick Clegg e o líder do partido laborista, Ed Miliband, asinaron unha carta conxunta na terza feira (5 de agosto), na que aseguran que, sexa cal for o resultado do referendo, defenden "un Parlamento escocés forte no seo dun Reino Unido forte e apoiamos o reforzo dos seus poderes". 

Reaxen desta maneira as forzas unionistas á vontade popular maioritaria en Escocia que defende un maior grao de autogoberno --sobre todo no plano económico-- para o país. Na súa misiva, os tres representantes prometen reforzar os poderes e autoridades escocesas no prazo duns meses. No concreto, unha maior soberanía fiscal e un autogoberno reforzado na xestión da seguridade social. 

Esta promesa foi respostada polas forzas independentistas que a consideran unha "recliclaxe de promesas vagas e imprecisas" enviada desde Westminster. 

A INFORMACIÓN GALEGA ESTÁ NA TÚA MAN!

Subscríbete ao noso boletín de novas.

Date de alta de balde e recibirás unha selección dos nosos artigos para saberes o que acontece.

comentarios