O 'Si' escocés á independencia supera ao 'Non' a só once días do referendo

Unha enquisa que publica 'The Sunday Times' reflicte o ascenso das posicións independentistas e sitúa dous puntos por riba esta opción á de continuar no Reino Unido.

Escocia
photo_camera Escocia

O 'Si' á independencia de Escocia toma por primeira vez a dianteira ao 'Non' (51-49 por cento) nunha enquisa publicada este domingo por 'The Sunday Times' con vistas ao referendo previsto para o 18 de setembro.

A empresa demoscópica YouGov, encargada do estudo, sinala que esta diferenza de só dous puntos supón un "empate técnico" estatístico entre as dúas tendencias, aínda que recoñece que é a primeira vez en toda a campaña que o 'Si' supera en intención de voto á opción unionista.

O 'Si' beneficiouse da vitoria do ministro principal escocés, o nacionalista Alex Salmond, no debate do pasado 25 de agosto. Salmond enfrontouse ao líder da campaña a prol da dependencia de Londres Better Together (Mellor Xuntos), Alistair Darling.

Máis en Mundo
Comentarios