Discurso virtual de Feijóo en Londres: a Xunta informa del, mais foi suspendido por apupos

O presidente da Xunta reivindicou en Londres o “papel dirixente” dos emigrantes galegos”. Así o recolle a nota de prensa pendurada na web do goberno galego mais Núñez Feijóo nunca deu ese discurso xa que os apupos da emigración impediron que falase. 

nota2
photo_camera nota2

Emigrantes participantes na festa do Día de Galicia no Centro Galego de Londres impediron que o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, pronunciase o discurso que tiña preparado no que destacaba o carácter “emprendedor” das persoas que teñen que abandonar o país para buscar emprego. En especial, mozas e mozas no desemprego que teñen en Londres un dos seus principais destinos laborais responsabilizaron cos seus berros ao presidente do goberno galego por teren que marchar buscar emprego lonxe de Galiza. Mesmo así, a Xunta emitiu unha nota de prensa que segue a informar na páxina oficial do goberno galego dun discurso que, finalmente o presidente non chegou a dar. 

Na nota do discurso que nunca se pronunciou sinalábase que o presidente reivindicaba o “papel dirixente” da emigración e referíase ao “espírito emprendedor” de mozas e mozos que marchaban a Londres “co obxectivo de que esa experiencia redunde en beneficio de Galicia”. 

Máis en Galiza
comentarios