Héitor Picallo

Héitor Picallo (Foto: Arxina).
CULTURA

Héitor Picallo: "O Reino da Galiza debeu contar cun patrimonio civil moi amplo"

'Nós Diario' achega a partir da próxima terza feira, 3 de xaneiro, un novo coleccionábel de 17 entregas titulado 'Fortalezas esquecidas do Reino da Galiza. Un percorrido arquitectónico e histórico polo patrimonio civil medieval'. Conversamos co seu autor, Héitor Picallo, sobre as urbes amullaradas, fortalezas, torres e castelos do país, moitos deles desaparecidos.
Héitor Picallo, enxeñeiro e recoñecido investigador sobre o Reino da Galiza. (Foto: Arxina)
Contracultura

Héitor Picallo: "A María Criada ocultáronlle os apelidos polo seu oficio e por ser unha muller que quixo a un deán"

Héitor Picallo, enxeñeiro e investigador sobre o Reino da Galiza, publica xunto a Damián Porto, doutor en Historia Moderna e técnico documentalista no Arquivo Histórico Diocesano de Santiago, Amores clandestinos no Renacemento: O deán Gabriel Rodríguez e María Criada. Picallo conversa con Nós Diario sobre algúns aspectos desta relación que ten, como el di, “todos os ingredientes para ser unha novela”. 
Picallo vén de ser relator no congreso 'O Reino medieval de Galiza'. (Foto: Nós Diario)
Reino da Galiza

Héitor Picallo: "A independencia da Galiza foi unha teima dos Castro"

Héitor Picallo (Cuntis, 1974) é un recoñecido investigador sobre o Reino da Galiza. Autor de traballos sobre as orixes do escudo e da dimensión internacional da monarquía galega, adianta os eixos das entregas que publicará no coleccionábel de 'Nós Diario' a partir desta quinta feira sobre os reis e as raíñas galegas.

Un carolo de pan en Chernihiv

Escudo do Reino da Galiza cara ao ano 1500, cos trevos que
precederon a introdución das cruces. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A Coruña, nova parada na presentación de “O Escudo do Reino de Galiza. Unha (re)visión (inter)nacional”

Esta sexta feira, día 26, ás 19 horas na sede da AC Alexandre Bóveda e coa participación do autor da publicación, Héitor Picallo e de Xoán Costa, presidente do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A, editora da obra.

 

Uns melindres para Iria

O escudo galego nunha serie de brasóns da calcografía de Agostiño Carracci en 1582 (Imaxe: Héitor Picallo)
SOCIAL

O escudo do Reino da Galiza, este sábado no Carballiño

Organizado por OzocoGZ, contará coa presenza do autor da publicación, Héitor Picallo, e da doutora en Filoloxía Románica e profesora da USC Mariña Arbor. A ocupación é limitada polo que cómpre confirmar asistencia.

De comunidades relixiosas como a de Aciveiro existe un importante patrimonio documental. (Foto: Damián Porto)
star
A onomástica nacida da terra

Apelidos: Conclusións, consciencia, conciencia e compromiso

Entre outras conclusións que podemos extraer dos 230 apelidos analizados ao longo desta colección de suplementos é que contamos cun patrimonio onomástico realmente importante, malia que existan formas deturpadas, híbridas ou castelanizadas. Segundo o que se reflicte nas entrevistas que puidemos realizar a diversas persoas de distintos ámbitos (académico, político, social, musical, dramático e da investigación), a maioría restauramos os nosos apelidos ás formas correctas levados por un compromiso co idioma e a terra. Non xorde habitualmente unha colisión afectiva con outros membros da familia, senón que incluso son estimulados por tales actitudes. Texto Héitor Picallo
Atado de documentos. (Foto: Damián Porto)
LINGUA

Defensa e posta en valor do patrimonio onomástico galego

Remata o coleccionábel 'Onomástica nacida da terra'
Torre renacentista ergueita por Xoán Domínguez de Xiance. Nela viviría Ramón del Valle-Inclán. (Foto: Héitor Picallo) #onomástica #apelidos #onomásticanacidadaterra #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Xiance, Xixirei, Xove, Xunqueira e Xunqueiras

A listaxe de apelidos analizados ao longo destes capítulos finaliza cun par deles vinculados con dous fitotopónimos (Xunqueira e Xunqueiras), así como outros tres máis que teñen relación con determinadas persoas posuidoras de granxas ou casas de campo (Xiance, Xixirei e Xove). Os documentos, de diversos fondos arquivísticos, enmárcanse nun período comprendido entre 1087 e 1606. E, ademais de lembrar a figura do galego Gómez Pérez das Mariñas e Xunqueiras (1539-1593), gobernador de Filipinas, concluímos esta entrega coa entrevista –sen dúbida reveladora– que lle puidemos realizar ao profesor Gonzalo Navaza, un dos investigadores máis destacados na onomástica e toponimia galegas. 
Castelo de Pambre, en Palas de Rei (Foto: Nós Diario).
star
A onomástica nacida da terra

Vilaverde, Xallas, Xende, Xerpe (e Serpe), Xestal, Xesteira, Xesteiras e Xesteiro

Neste fascículo imos analizar un par de zootopónimos (Serpe e Xerpe), catro fitotopónimos (vinculados coa presenza de plantas leguminosas do xénero Sarothamnus), un hidrotopónimo de orixe indoeuropea (Xallas) e un nome de lugar relacionado coa existencia dunha granxa fértil ou vizosa (Vilaverde). Os documentos consultados para esta ocasión están comprendidos entre os anos 871 e 1618, aínda que o peso recae fundamentalmente nos textos baixomedievais. Este fascículo, por outra banda, remátase cunha esclarecedora entrevista realizada a Ana Isabel Boullón Agrelo, profesora titular do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago de Compostela. 
A Fortaleza de Vilamarín. (Foto: Héitor Picallo) #apelidos #onomástica #onomásticanacidadaterra #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Veiga, Veigas, Viladonga, Viladóniga, Vilamaior, Vilamarín, Vilamor e Vilameá

Ademais de traer até nós os motivos polos que Roberto Vilameá Ponte decidiu restaurar os seus apelidos, desta volta introduciremos a nosa curiosidade en topónimos que teñen que ver coas leiras localizadas ao pé dun curso fluvial, así como tamén aquelas granxas medievais posuidoras de certas particularidades. Estas poderán distinguirse pola súa localización (Vilameá, ou granxa do medio), polo seu tamaño (Vilamaior, granxa de considerábel tamaño), pola súa aparencia (Vilamor, granxa escura), ou polos seus propietarios. Unha persoa denominada Marinus será quen de gobernar un lugar chamado Vilamarín e mulleres da alta sociedade diranse señoras de Viladóniga ou Viladonga. 
Vimianzo, por onde abunda o apelido Toxa. (Foto: Héitor Picallo) #onomástica #apelidos #vimianzo #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Toxa, Toxeira, Toxeiro, Toxo, Uveira e Valadares

Neste fascículo abordamos varios fitotopónimos que teñen que ver co Ulex europaeus (referímonos a Toxeira, Toxeiro, Toxo e quizais Toxa). Uveira igual forma parte deste tipo de topónimos, pois vincúlase coas uvas e, por conseguinte, coas explotacións vitícolas. Porén, tamén queremos tratar aquel apelido que nomeou os escritores estradenses Avelina e Marcial Valladares. Por outra banda, entre os textos utilizados para documentar tales apelidos e topónimos facilitamos un que vén ser un contrato de compravenda de animais de tiro; outro, curiosamente, achega o proceso inquisitorial contra Tomé Toxeiro, crego de Xestoso (Monfero), por ter celebrado varios sacrilexios e cerimoniais seica demoníacos. 
Catedral de Tui, onde foron bispos varios membros da familia Soutomaior. (Foto: Nós Diario) #apelidos #onomástica #tui #onomásticanacidadaterra #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Soutomaior, Teixeira, Teixeiro, Teixido, Tella, Tellada, Tellado e (San) Tomé

Neste fascículo analizaremos catro fitotopónimos (Soutomaior, Teixeira, Teixeiro e Teixido), tres topónimos vinculados co material construtivo tella (Tella, Tellada e Tellado), un haxiotopónimo (Santomé) e un antropónimo (Tomé). Alén disto, daremos conta de varios lugares do mundo denominados Soutomayor ou Sotomayor ao tempo que se lembran os vicerreis de Nova España (García Sarmiento de Soutomaior) e Navarra e Aragón (Fernando de Andrade e Soutomaior), os dous nacidos na Galiza.
Soutos e bacelos na Ribeira Sacra. (Foto: Héitor Picallo) #apelidos #onomásticanacidadaterra #ribeirasacra #onomástica #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Sesto, Serra, Sisto, Soaxe, Souteliño, Soutelo, Souto e Soutolongo

Desta volta son varios os posíbeis antropónimos aquí analizados (Sesto e Sisto), un orotopónimo (Serra) e os fitotopónimos (Souto, canda algúns dos seus derivados). A documentación, conservada en distintas institucións arquivísticas, está comprendida entre os anos 1248 e 1629, e nun acordo do século XVI achegamos un contrato de aprendizaxe de boticario do que ha ser alumno Gonzalo Souteliño. Este último persoeiro porta, ademais, un apelido hoxe desaparecido, aínda que subsista na forma non restaurada Sotelino. Por último, tamén cicelamos un pouco na biografía do pirata pontevedrés Benito Soto.
Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil (no concello de Parada de Sil - Ribeira Sacra). (Foto: Héitor Picallo) #ribeirasacra #apelidos #héitorpicallo #onomástica
star
A onomástica nacida da terra

Ribeira, Ribeiro, Romai, Romeu, Roxo, Rubiáns, Saiáns, Seixas e Seixo

Pouco a pouco, ao longo destes fascículos, fomos achegando unha boa manchea de documentos que nos identifican como pobo desde o idioma, a onomástica e a toponimia. Nesta ocasión haberá uns cinco textos da Plena Idade Media, case outros tantos do Baixo Medievo e media ducia máis da Idade Moderna. Por outra banda, recordaremos o trobador lugués Johan Romeu e teremos espazo para lembrar a guerrilleira antifascista republicana Balbina López Toxo, unha das persoas que loitaron contra os nazis en Francia.  
Santa Comba de Bande, non lonxe do lugar de Recarei. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Recaré, Recarei, (do) Rego, Regueira, Regueiro, Reguengo, Requeixo e Reis

Ademais de tratar topónimos que teñen que ver cun curso de auga (Regueiro, Regueira e Rego), tamén se han analizar outros vinculados con propiedades ou herdos reais (Reguengo e Reis). Así mesmo contamos cun par de topónimos procedentes do antropónimo Recaredo (Recaré e Recarei) e mesmo gustamos de abordar o curioso termo Requeixo. A documentación consultada localízase nos arquivos dos que habitualmente botamos man, mais nesta ocasión mergullámonos incluso nun texto conservado na Real Chancelaría de Valladolid que leva data de 1513. 
Monterrei, por onde abunda o apelido Raxoi. (Foto: Nós Diario) #monterrei #onomástica #apelidos #raxoi #héitorpicallo
star
A onomástica nacida da terra

Quinta, Quintá, Quintáns, Quinteiro, Quiñoi, Quiñóns, Raxó e Raxoi

Ademais de irmos traendo até estas liñas textos comprendidos entre os anos 1010 e 1573 para documentar os topónimos e apelidos aquí tratados, facilitamos unha fotografía dunha inscrición procedente do pazo abacial das Estacas (Cuntis) que foi tirada por Damián Porto Rico. Segundo o que se indica nela, a lareira de tal construción nobre realizouse en 1613, sendo reitor da freguesía o bacharel Gabriel Raxoi. Concluímos este fascículo cunha entrevista á escritora Mercedes Queixas Zas, que convida a cidadanía a restaurar os seus nomes e apelidos. 
Detalle da cidade de Pontevedra, onde xorde o apelido homónimo. (Foto: Héitor Picallo)
star
A onomástica nacida da terra

Penabade, Ponte, Pontes, Pontevedra, Pousada, Pousadas, Praza, Queixa e Queixas

Esta entrega inclúe unha entrevista ao autor Lucho Penabade Outeiro, na que sinala como foi o proceso de restauración dos seus apelidos. Nela amósase a coherencia dun actor que, ademais de usar o galego como traxe de acotío, foi quen de restaurarlle a dignidade ao seu nome. Ademais dese cuestionario facilitamos varias ciceladas na onomástica dos nomes Penabade, Ponte, Pontevedra, Pousada... e aproveitamos a ocasión, así mesmo, para recordarmos a escritora Sara Plaza Moreno, madrileña e amante da nosa lingua que logrou en 2020 o Premio Nacional de Poesía Xosemaría Pérez Parallé (2020). 
O Museo do Pobo Galego acolleu a pasada sexta feira a presentación do novo caderno publicado por Sermos Galiza S.A. (Foto: Nós Diario) #oescudodoreinodagaliza #monográficos #sermosgalizasa #héitorpicallo #coleccionábel
Análise

'O escudo do Reino de Galiza', un libro imprescindíbel

Atopámonos agora, pois, ante a quinta entrega dos monográficos: “O escudo do Reino da Galiza” de Héitor Picallo. Ten de diferente este traballo que naceu como coleccionábel en setembro de 2020 para remaquetarse e ampliar o seu contido respecto da forma inicial dando lugar ao libro actual. Estabelecemos desde Sermos Galiza a entrega a persoas subscritoras polo prezo de custo e un sistema de venda por cupóns desde Nós Diario que supón tamén un aforro con respecto ao prezo das librarías.