exposición

Un dos 'eremitas' de Acisclo Manzano.
CULTURA

Acisclo Manzano homenaxea os eremitas da Ribeira Sacra

O recoñecido escultor ourensán sinala que Eremitas é "unha homenaxe aos homes e ás mulleres que decidiron perderse no deserto verde daquela ribeira á que o Padre Yepes bautizou como Ribeira Sagrada".
Unha das salas da
exposición de Vigo.
star
CULTURA

As artes plásticas na obra e na traxectoria de Fernández del Riego

A relación de Fernández del Riego coas artes plásticas quedou sempre algo relegada no estudo da súa obra. A exposición que estivo presente en Vigo ao longo deste ano, ao coidado de Beatriz Liz de Cea, mostran a importancia que tivo na traxectoria do autor.
Xosé Lois, 'O Carrabouxo' esta terza feira en Compostela (Foto: Arxina).
star
CULTURA

O Carrabouxo está de aniversario en Compostela

Esta terza feira inaugurouse en Santiago de Compostela a exposición 40 anos do Carrabouxo que fecha un ano de celebracións das catro décadas de vida da popular creación de Xosé Lois González Vázquez (Ourense, 1949), coñecido como Xosé Lois. A defensa do idioma desde unha posición que reivindica a fala popular e unha mirada irónica sobre a realidade que desvela as súas trampas son os sinais de identidade dun personaxe que xa adquiriu vida propia no imaxinario do país. 
 
Barreiro ante unha das súas obras.
CULTURA

Compostela acolle unha mostra antolóxica sobre o pintor Barreiro

A exposición Barreiro. O silencio que chove luz na xanela,  recolle unha selección de pinturas e debuxos de José María Barreiro que renden homenaxe ao pintor de Forcarei, continuador da renovación do vangardismo histórico. 

Xosé Lois González, O Carrabouxo (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

40 anos do 'Carrabouxo' nunha exposición en Santiago de Compostela

Na apertura da exposición estará presente o propio Xosé Lois González Vázquez, ‘O Carrabouxo’, que realizará unha pequena visita guiada á súa exposición, responderá ás preguntas dos asistentes e asinará as publicacións da súa obra que cada quen leve da súa casa.
Unha sala da exposición.
CULTURA

Belas Artes reivindica o seu papel na evolución da creación galega

Unha exposición xunta obras de docentes e alumnado da Facultade.
Relevo, cinza con 
perforacións, 1993.
star
Mostra en Lugo

O silencio que reclama a obra de Leopoldo Nóvoa

O Museo de Lugo acolleu onte a inauguración da exposición Leopoldo Nóvoa. O silencio da pintura, que visa a difundir entre o gran público a obra dun dos artistas galegos con máis proxección internacional, pero aínda pouco coñecido a nivel popular. Unha obra que segue a interpelarnos desde a súa fonda reflexión sobre a violencia e a destrución.
'Os fillos de fóbetor (os durmintes atados nas camas)', de Miguel Ángel Vigo.
star
Arte

Maldita figura. Escultura galega contemporánea

Maldita figura. Escultura Galega Contemporánea. Autores: Camilo Seira, Francisco Remiseiro, Iván Prieto, José Perozo, Miguel Ángel Vigo e Óscar Aldonza / Local: Espazo de exposicións Torrado, Concello de Cambados / Até o 30 de decembro.
Vista xeral da exposición.
star
Exposición en Vigo

Elisa Molíns e Blanca Chao, dúas pintoras rescatadas do esquecemento

A exposición Pinceladas do esquecemento que se pode ver até o 21 de xaneiro de 2024 na Pinacoteca Fernández del Riego de Vigo, rescata a figura e a obra de Elina Molíns e de Blanca Chao, dúas pintoras viguesas de finais do século XX cuxa produción artística, de alto nivel, quedara afastada do recoñecemento público. A descuberta do historiador Jose Luís Mateo esténdese ademais ao achado de máis de corenta cadros de dúas autoras das que non se coñecían orixinais.
Autocolantes de Acontravento.
CULTURA

As creacións de Acontravento nunha 'exposición efémera' na Estrada

A tenda-obradoiro de Casal de Creación propón un encontro co proxecto da Guarda.
A mostra exhibe obras realizadas en diferentes técnicas.
CULTURA

Unha grande exposición retrospectiva reúne as múltiples facetas de Luis Caruncho

Baixo o comisariado do especialista en arte contemporáneo Juan de Nieves, unha exposición aborda de maneira simultánea todos os campos traballados polo artista coruñés, da arte máis recoñecida ao deseño de obxectos cotiás.
Pezas do proxexto 'In itinere' (2022), de Verónica Moar, na exposición de Porto.
star
Arte

A identidade como motor de progreso: creación galega na Bienal de Deseño do Porto

A Porto Biennal Design, talvez o maior evento de deseño da península Ibérica, escolleu Galiza como país invitado na súa edición de 2023. A exposición Galiza. Processos e Formas, comisariada por David Barro, interrógase sobre a existencia dun deseño propiamente galego, ao tempo que explora a potencialidade dos relatos identitarios para converter a creatividade en motor de progreso e de resposta aos desafíos do futuro.
Obras de María Puertas.
CULTURA

Ourense exhibe a abstracción radical de catro artistas

A sala Alterarte, da Universidade, expón a mostra 'Clinamen'.
Vito Acconci, 'The Folowing Piece', 1969
star
As orixes da arte conceptual

A arte como idea e como transformación

O Centro Galego de Arte Contemporánea exhibe, até o 14 de xaneiro de 2024, Implosión: Arte Conceptual na colección CGAC (1965-1975), unha mostra que recupera o traballo dunha serie de artistas para reconsiderar a forma en que o seu traballo contribuíu a modificar as relacións entre institucións, arte e artistas, e mesmo a transformar a propia idea de arte.
Asistentes á inauguración da exposición 'A cociña de Barro'. (Fotos: Arxina)
CULTURA

A cociña de Barro: abrollar de ideas arredor da Galiza

A Fundación Didac inaugurou esta quinta feira en Compostela 'A Cociña de Barro. Os cadernos de deseño', unha mostra que dá conta da intimidade do proceso creativo do deseñador Pepe Barro, observada a través duns 66 cadernos dos que abrollaron as ideas da traxectoria profesional dun dos artistas máis representativos do grafismo galego.
A artista e docente Beatris S. Sáa. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Beatriz S. Sáa: "A mostra nace da experiencia que tiven coa miña avoa desde que ela desenvolveu Alzhéimer"

Beatriz S. Sáa pon en marcha a exposición 'Entre presenzas e ausencias' no Centro Sociocultural de Vite (Santiago de Compostela) coas obras realizadas no seu programa de didáctica artística involucrando tanto doentes de Alzhéimer como as súas coidadoras.
Unha vista da exposición. Gil retrata cada un dos artistas cun emblema que o identifica. © Xulio Gil
star
A plástica galega baixo a mirada de Xulio Gil

Retrato dunha xeración de artistas

Hai pouco mostraba a súa visión do bodegón no Museo de Pontevedra. Agora, Xulio Gil dirixe a súa mirada ao retrato, mais non a un retrato calquera: á fotografía das persoas -moitas veces amigas- que, coma el, dedican a súa vida á creación. Un ollar sobre o ollar doutros que nos mostra en branco e negro a imaxe dun tempo crucial para a plástica galega. 
 
O profesor de Belas Artes, Alberto Ruiz de Samaniego. (Foto: UVigo)
CONTRACULTURA

Alberto Ruiz de Samaniego: "Juan Carlos Meana entendía as obras de arte como unha forma de abrir interrogantes"

Alberto Ruiz de Samaniego, doutor en Filosofía e profesor de Estética e Teoría das Artes, é o comisario da exposición Juan Carlos Meana. O espazo entre as cousas (Museo de Pontevedra), nacida como “unha homenaxe a toda a súa carreira como artista, como docente e como mais como compañeiro”.
A arte contemporánea non ten a cabida necesaria na sociedade, pasa desapercibida. (Foto: Espe Porto)
star
Análise

Sobre setembro e a arte contemporánea

Espe Porto é historiadora.
A fotógrafa Mariví Ibarrola cos membros de Siniestro Total.
CULTURA

Unha mostra recolle a presenza de artistas da Galiza na "movida madrileña"

A Casa Museo Casares Quiroga acolle a exposición fotográfica 'A invasión galega da Movida Madrileña nos ollos de Marivi Ibarrola' desde mañá 31 de agosto ata o 4 de outubro.