exposición

Autorretrato de Colmeiro que se pode ver na mostra.
star
CULTURA

Ribeira recupera un descoñecido Colmeiro gravador

Baixo o título Colmeiro. Punta seca, o Museo do Gravado de Artes, de Ribeira, abría este 21 de abril unha exposición na que recupera o pouco coñecido traballo do pintor Manuel Colmeiro como gravador, nunha mostra que exhibe, baixo a forma do neoclasicismo, a preocupación humanista do artista durante á década de 194o. 
 
A mostra pódese visitar até o 22 de xuño. (Foto: Sergio Marey)
star
CULTURA

A arte que conecta creadoras da Galiza e de Portugal

O Pazo de San Marcos, en Lugo, acolle até o 22 de xuño unha selección de obras de artistas da Galiza e de Portugal que evidencia que se está a xerar un novo movemento artístico que aglutina creadoras e creadores de ambos os lados do río Miño. Unha corrente creativa que o comisario da exposición, o artista lucense Sergio Marey, deu en chamar "neotenebrismo galego-portugués", nunha maneira de relacionar a "luz de bodega" do tenebrismo barroco 
coa "luz figurativa" das obras que destapan "o esquecido". 
 
Antón Patiño ante algunhas das súas obras.
CULTURA

Antón Patiño inaugurou unha mostra no espazo Évame de Vigo

'A liña do labirinto' móstrase no espazo Évame de Vigo.
Anxo Angueira e María Ortega.
CULTURA

Abre en Pontevedra a exposición 'O herbario de Rosalía'

A exposición, organizada polo Departamento de Lingua en colaboración coa Fundación Rosalía de Castro, está a disposición do público até o 17 de abril no vestíbulo do Pazo Provincial.
Un relevo procedente de Guntín mostra unha muller levando unha ofrenda eucarística.
star
CULTURA

Lugo, o diálogo entre a urbe e o territorio

A exposición 'Lugo no tempo', que recolle case un cento de pezas e que se pode ver até finais do mes de maio, realiza un percorrido pola historia da cidade que mostra a súa implantación nun territorio dotado dunha identidade propia e analiza o diálogo que se crea entre o urbano e o rural no seu interior.
A Catedral de Santiago feita con Exin Castillos na exposición (Foto: Galicia con Exin Castillos).
CULTURA

A Catedral de Santiago e o Monumento aos Mártires de Carral feitos de xoguete?

“Achegar os visitantes á variedade e á riqueza do patrimonio arquitectónico galego” é un dos principais obxectivos desta exposición organizada pola Asociación EXIN Castillos y West.
Miguel López é un dos comisarios da exposición, xunto con María del Mar García Miraz e Concepción García (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Miguel López: "Hai estudos que afirman que até o 40% das mulleres que ingresaban en Conxo non deberían telo feito"

Miguel López é un dos comisarios da exposición 'Voces esquecidas. As mulleres do hospital de Conxo', que estará no Arquivo da Galiza até setembro. Nesta conversa, explica a selección de expedientes, historias clínicas e correspondencia persoal así como algúns cabos soltos. "Faltaría un estudo en concreto para este sanatorio, polo que convidamos a facelo", advirte nesta entrevista.
Vista da exposición, con obras de Castelao.
star
Arte

O acervo artístico da Fundación Penzol

Detalle dunha das obras que se poden ver na exposición, na que se mostra unha gaita debuxada por Picasso.
CULTURA

'Picasso branco no recordo azul' afonda na infancia do artista na Coruña

A exposición indaga na influencia da Galiza na súa pintura
Montse Fajardo, Xurxo Couto, María Xosé Bravo e Carlos Babío.
MEMORIA E HISTORIA

A loita das mulleres móstrase na Coruña

A exposición 'Sinaladas' divulga o papel das mulleres en movementos emancipadores.
Unha das salas da exposición.
CULTURA

O Museo de Pontevedra mostra a influencia de Galiza na obra de Cristóbal Gabarrón

‘Gabarrón atlántico. Ronsel de saudade’ inaugurarase o 16 de marzo ás 18.30 horas e poderá visitarse ata o 14 de maio.
O labirinto de Mogor, en Marín, é un motivo recorrente na obra de Freixanes. (Foto: Galería Trinta)
star
CULTURA

Fíos que nos permiten seguir tecendo o mundo

A galería de arte contemporánea Trinta de Santiago de Compostela acolle este mes a obra máis recente do pintor José Freixanes. Nado en Pontevedra e vencellado desde moi novo ao mundo da arte, Freixanes expón en Compostela as obras froito do traballo dos tres últimos anos. A exposición, Fíos, recolle cadros que mesturan influencias orientais con claras referencias á cultura galega, un antagonismo que caracteriza as obras do artista pontevedrés. 
 
Unha vista da exposición na Fundación Granell.
star
Iván Prieto expón na Fundación Granell

O disfrace como estratexia de supervivencia

A Fundación Eugenio Granell exhibe, até o vindeiro 9 de abril, a exposición de Iván Prieto Insania. O artista, un dos de maior proxección internacional da súa xeración, revisa nela varias das súas liñas de investigación, que teñen como base a figura humana, a súa deformación a través do disfrace e da máscara como mecanismos de ocultación e de adaptación a unha sociedade que lle impide centrar o pensamento . 
 
Reserva natural, 2020-2022, fotografía.(Foto: Andrea Costas)
star
Arte

Desde a primordialidade do corpo. A obra de Andrea Costas no Marco

Amarradoiro. Granito. Século II a. C.-I d. C. Castromao (Celanova). (Foto: S. G.).
star
Reportaxes

Plástica castrexa: furar nas orixes escultóricas galegas

'Plástica castrexa' é o nome da exposición comisariada desde o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense -baixo a coordinación de Avelino Rodríguez e de Xulio Rodríguez- que se inaugurou en decembro de 2022 e que conclúe este domingo 26 de febreiro na sede de Afundación da praza Maior da cidade das burgas. Unha mostra con fondos escultóricos de variada funcionalidade, estatuas de guerreiros e sedentes, cabezas cortadas, elementos construtivos de formas xeométricas... Xuntou as singularidades dun museo que bebe da identidade galega.
Fotografía da serie 'Plena', 2021-2022.
star
'Desapego', no Marco de Vigo

Andrea Costas Lago reflexiona sobre a maternidade a través da arte

Unha maternidade que non se idealice nin se estigmatice. A artista viguesa Andrea Costas Lago afonda nunha experiencia biopolítica que viviu como unha "revolución existencial" e que pode servir para revisar o papel simbólico da maternidade na sociedade actual.
Sagrario Torrado, Carme Adán, Enrique Latorre e Manuel Portas na presentación no IES Xelmírez I. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

A mostra 'Sen cancelas' divulga a diversidade sexual na Galiza

A exposición itinerante Sen cancelas, memorias do arco da vella na Galiza leva aos centros educativos un percorrido polos fitos históricos, dereitos e conceptos chave da loita do colectivo LGBTI. Nós Diario conversa coa coordinadora do proxecto e catedrática de Filosofía, Carme Adán, para coñecer a fondo a proposta.

A torre de Hércules nunha obra pintada polo artista en 1895.
star
CULTURA

Picasso, o artista excepcional que naceu na Coruña

A exposición 'Picasso, branco no recordo azul', que se inaugurará en marzo no Museo de Belas Artes da Coruña e que inclúe unha escolma de obras representativas do seu período de formación na cidade herculina, incide na revisión que se vén dando nos últimos anos da etapa galega do artista. 
 
Andrea Costas Lago. Fotografía da serie Plena, 2021-2022. (Foto: cortesía da artista)
CULTURA

Andrea Costas reflexiona sobre a maternidade no MARCO de Vigo

Desapego está integrado por un conxunto de pezas (imaxes fotográficas, vídeos e instalacións) nas que a artista reflexiona sobre a experiencia da maternidade propia dende un punto de vista non idealizado, deixando constancia das contradicións e desafíos que supón esta oportunidade ofrecida pola vida para cuestionarse e medrar.
A mostra exhibe réplicas e orixinais antigos de máis de corenta gaitas de fol diferentes.
CULTURA

Sarria mostra a evolución da gaita de fol

A exposición abre cun concerto de Pablo Carpintero e Rosa Sánchez no que os músicos explicarán a través de distintas melodías e instrumentos a evolución da música como manifestación cultural esencial.