entrevista

O coruñés Noel Miguélez, coñecido como Noel Turbulencias. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Noel Turbulencias: "O último verán foi incríbel, bandas galegas que deberían ser emerxentes volvéronse masivas"

Noel Turbulencias (A Coruña, 1984) vén de iniciar un crowdfunding para lanzar o proxecto 'Galicia MusiCalidade: Unha terra feita de acordes', un libro ilustrado sobre a música contemporánea galega e as súas influencias anteriores.
Os fundadores de Souvenir, María de las Llanderas e David Alonso. (Foto: Souvenir)
Contracultura

Compañía teatral Souvenir: "'Non é unha canción' xurdiu a partir de encontros de exercicios de creación e improvisacións"

María de las Llanderas (Nigrán, comarca de Vigo, 1990) e David Alonso (Nigrán, 1993) fundaron a súa propia compañía teatral, Souvenir, coa que veñen de estrear a obra 'Non é unha canción', premiada no V Festival Pezas dun Teatro do Porvir Galiza + Portugal.
Brais Morán, cunha bola disco. (Foto: Roi Vázquez Morandeira)
star
Entrevistas

Brais Morán: "Quen non bailou coa música disco?"

Despois de case dúas décadas na música, o Brais Morán (Ourense, 1984) que liderou Loretta Martin consolida co seu novo disco 'Revolución chic' unha proposta con pouca presenza nas músicas en galego, reivindicativa da ledicia da música de bailar, con ritmos que identificamos instantaneamente cos anos 70, pasando polo matiz moderno e os referentes contemporáneos. Despois de 'Cruzando o eclipse' e 'No mato do desespero', este traballo volve contar coas coidadas letras que marcan o percorrido artístico deste músico que se reivindica da Costa da Morte. O 3 de febreiro preséntao en formato acústico na librería Moito Conto da Coruña e desde o 1 de marzo, na sala Garufa Club, arrinca a xira por todo o país.
Á dereita, Miguel Díaz; á esquerda, Rodrigo Panero, codirectores do Instituto Demoscópico EM-Analytics. (Fotos: Nós Diario)
18-F | Barómetro para Nós Diario

Miguel Díaz e Rodrigo Panero (EM-Analytics): "Agora mesmo na Galiza hai entre 20 e 25% de persoas indecisas"

'Nós Diario' publica este sábado, 27 de xaneiro, unha nova entrega do barómetro electoral elaborado polo Instituto Demoscópico EM-Analytics de cara aos comicios do 18 de febreiro. E a partir da vindeira quinta feira, día 1, e coincidindo co inicio da campaña o xornal presentará un 'tracking' diario para seguir en tempo real a evolución da intención de voto na Galiza.
O historiador Hadrián Román e a historiadora Adriana del Río publican 'O Merdeiro. Personaxe da Ribeira'. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Hadrián Román e Adriana del Río: "En Vigo había dous modos de entender a festa: o carnaval burgués e o Entroido popular"

Adriana del Río, historiadora da arte, e Hadrián Román, historiador, escribiron o libro 'O Merdeiro. Personaxe da Ribeira', editado este mes pola Asociación Etnográfica A Merdeira, onde recollen anos de investigación e traballo arredor desta tradicional figura do Entroido de Vigo.
A intérprete Paula Pier estreou 'Eu, Fraude!' este mes na Coruña. (Foto: Carlota Mosquera)
Contracultura

Paula Pier: "'Eu, fraude!' é unha chamada a deixar saír o 'eu real', que é o máis bonito que temos"

Paula Pier (A Coruña, 1991) vén de estrear 'Eu, fraude!', un espectáculo que se define como unha historia de amor propio e unha chamada a celebrar a vida.
O galego destaca en dúas modalidade diferentes do kickboxing. 8Foto: Nós Diario).
Entrevista

Anxo Vidal, subcampión do mundo de kickboxing: "Ogallá esteamos nos Xogos de 2032"

Anxo Vidal (Soutomaior, 2003) vive en Melilla desde hai 10 anos, pero nunca perdeu a vinculación coa súa terra nin co Club Kickboxing Arcade, no que aprendeu todos os segredos dun deporte de contacto no que o seu é un dos nomes máis brillantes, como acredita a súa prata no recente Mundial de Albufeira (Portugal).
A xornalista Maribel Outeiriño. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Maribel Outeiriño: "Nas biografías dos intelectuais galegos non se fala da súa vida cotiá, fixéronos seres anxelicais"

Maribel Outeiriño (Ourense, 1944) vén de ser galardoada co Premio Trasalba, outorgado pola Fundación Otero Pedrayo, tanto pola relación directa da xornalista co escritor como polo seu interese na recollida das publicacións realizadas por el en 'La Región'.
O vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira. (Foto: Deputación da Coruña)
FITUR | Entrevista

Xosé Regueira: "Temos que captar a tipoloxía de turismo que máis nos interesa"

Nós Diario conversa con Xosé Regueira, vicepresidente e responsábel de Turismo da Deputación da Coruña, que encabezará a delegación do organismo na Feira Internacional de Turismo (Fitur) que decorre desde mañá até o domingo na Institución Feiral de Madrid, na capital do Estado español.
Lola Rontano é activista ambiental e profesora de francés en secundaria. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Lola Rontano: "Todo comezou coa mina de Corcoesto. Tratei de dar forma novelada aos acontecementos"

Lola Rontano (Comala, Murcia, 1977) é a autora de 'Esperta do teu sono' (Xerais), unha novela que xira arredor das ameazas ambientais que tiveron lugar na Costa da Morte, mais tamén da toma de conciencia da poboación e a súa loita.
Grace O'Sullivan durante a súa visita á Galiza (Foto: Nós Diario).
entrevista | crise dos pellets

Grace O'Sullivan, eurodeputada irlandesa: "A reacción do Goberno galego ante a crise dos pellets foi lamentábel"

Grace O'Sullivan, eurodeputada irlandesa, visitou a Galiza este sábado para coñecer de primeira man a crise medioambiental que vive o país por causa dos pellets de plástico. ‘Nós Diario’ conversou con ela acerca da súa opinión sobre o acontecido e as medidas que considera que deberían ser tomadas na Galiza e en Bruxelas.

Laura Suárez, Beatriz Maceda e Eli Ríos na presentación da obra na libraría Lila de Lilith de Santiago. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Beatriz Maceda: "Luísa Villalta era unha persoa adiantada ao seu tempo e con moita cultura"

Beatriz Maceda (A Coruña, 1963) é unha das autoras do álbum ilustrado 'Luísa Villalta. Alma de violino' (Xerais), xunto coa escritora Eli Ríos e a ilustradora Laura Suárez.
A dramaturga e actriz 
Esther Carrodeguas (Foto: Ramón Vaquero).
star
Entrevistas

Esther Carrodeguas: Iribarne sobe a escena

Iribarne, o espectáculo escrito por Esther Carrodeguas e posto en escena por ButacaZero, a súa propia compañía -en coprodución co Centro Dramático Nacional e a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia-, vén de estrearse na Galiza despois de estar cinco semanas en Madrid co teatro cheo todas as noites. Unha biografía de Manuel Fraga Iribarne que indaga nas partes que non se contaron da chamada transición, dun pasado político que segue oculto por demasiados silencios. A obra está hoxe en Compostela e xirará nas próximas semanas por Galiza e polo Estado.
A galardoada Madó Santos traballa no Concello de Muros como programadora cultural (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Madó Santos: "A cultura precisa de investimentos a longo prazo"

María Dolores Santos Maneiro, coñecida como Madó, vén de ser recoñecida co Premio da Academia Galega de Teatro pola súa traxectoria como programadora cultural, labor que leva exercendo practicamente toda a súa carreira. Así, a Academia valorou positivamente a aposta e o esforzo realizado por parte de Madó Santos desde o seu posto no Concello de Muros, por atraer as representacións do tecido e a industrial teatral galega. 
O rexedor de Ribeira, Luís Pérez Barral. (Foto: Nós Diario)
Crise dos pellets | Entrevista

Luís Pérez, alcalde de Ribeira: "A Xunta optou por non poñer recursos e agochar a crise dos pellets"

Luís Pérez Barral (1990) é o alcalde de Ribeira, unha das localidades do Barbanza máis afectadas pola chegada dos pellets e cunha actividade pesqueira máis importante. Nesta entrevista a Nós Diario analiza a situación creada polos granulados e a resposta do Goberno municipal.

A comisaria da exposición, Sonia Martínez. (Foto: Sorolla en Galicia)
Contracultura

Sonia Martínez: "Ao museo veñen descendentes de persoas que Sorolla pintou e lembran historias que contaban"

Sonia Martínez (Chinchilla de Montearagón, Albacete, 1984) é conservadora do Museo Sorolla (Madrid) e a comisaria da exposición 'Viaxar para pintar. Sorolla en Galicia', que estará aberta ao público até o 10 de marzo no Museo de Belas Artes da Coruña.
O escritor rianxeiro Adrián Gómez Ramos. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Adrián Gómez: "Son fan da fantasía e dos mundos que mesturan os monstros coa realidade que coñecemos"

Adrián Gómez (Rianxo, O Barbanza, 1994) é o autor de 'Aqueles corpos nosos' (Xerais), unha fantasía urbana na que as vidas de lobishomes e meigas se entrecruzan cos asasinatos e desaparicións da cidade de Compostela. Esta novela xuvenil é a continuación de Cando sangren os lobos e chegará ás librarías a partir de mañá.
Mariana Mortágua, coordenadora nacional do Bloco de Esquerda (Foto: Arxina).
Entrevista

Mariana Mortágua (Bloco de Esquerda): "Portugal necessita uma viragem e mudar as políticas de António Costa"

Nasceu em 1986 em Alvito, na região do Alentejo, e desde 2023 é a coordenadora nacional do Bloco de Esquerda (BE). Mariana Mortágua é candidata do seu partido nas eleições legislativas em Portugal que terão lugar o 10 de março em que o BE visa recuperar espaço eleitoral. Mortágua visitou a Galiza para acompanhar de perto o processo pré-eleitoral galego e visitou a redação de 'Nós Diario' para conversar acerca da situação política na Galiza e em Portugal.
Marcos PTT, José Díaz, María Lado, Avelina Pérez, Clara Gayo e Iria Azevedo. (Foto: Nós Diario)
CULTURA

José Díaz: "As viaxes sonoras de 'Os Andares' están pensadas para ser consumida en movemento"

José Díaz (A Coruña, 1976) fai parte, xunto con Iria Azevedo, da produtora Fósforo. A través dela, e da man de Marcos Carballido PTT, crearon o proxecto 'Os Andares', seis capítulos de viaxes sonoras escritos por diferentes dramaturgas que mesturan o documental e a ficción coas paisaxes dos Ancares.
Quico Noia.01
Crise dos pellets | Entrevista

Francisco Pérez, mariscador de Noia: "Non hai ningunha axuda da Xunta, só palabras bonitas"

Francisco Pérez (Noia,1975) é o presidente da agrupación de mariscadores e mariscadoras de a pé da Confraría de Noia. Significado defensor dos intereses do seu colectivo e da rexeneración da ría, analiza para Nós Diario a situación creada coa chegada dos pellets ao litoral, no marco dunha crise de fondo do sector.