entrevista

A narradora oral Vero Rilo, a música Mónica de Nut e a recitadora Nuria Vil (Foto: Yolanda Ataraxia).
Contracultura

Vero Rilo, Mónica de Nut e Nuria Vil: "Desde a nosa perspectiva artística, cada unha de nós dialoga ou reinterpreta a obra de Villalta"

Nuria Vil (Vigo, 1993), recitadora; Vero Rilo (Mugardos, 1984), narradora oral, e Mónica de Nut (Oia, 1976), música, presentan Indóciles, un proxecto multidisciplinar que pretende achegar o legado e a voz de Luísa Villalta ao público. A súa preestrea foi esta quinta feira en Arcade (Soutomaior) e hoxe estrearase no Festival Rosalía de Compostela (20.30 horas).
Xabier Pombal (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Xabier Pombal: "Cómpre non facer máis parques eólicos no Xistral, e ir eliminándoos cando caduquen"

'Nós Diario' conversa con Xabier Pombal, doutor pola Universidade de Santiago de Compostela e un dos maiores investigadores das turbeiras da Galiza, sobre a situación actual dos eólicos na serra do Xistral.
A escola de arte ECO ten como directora Elena Cristóbal, licenciada en Belas Artes. (Foto: Nós Diario).
Contracultura

Elena Cristóbal: "Queremos que o alumnado teña acceso a miradas poéticas distintas para ir conformando a propia"

Elena Cristóbal (Bilbo, 1965), é a directora da escola de arte ECO, que este ano chega ao seu 20 aniversario. Cristóbal aborda o percorrido da escola e algúns dos obxectivos que se foron marcando ao longo deste tempo.
A profesora de Economía Aplicada da USC e colaboradora de 'Nós Diario' Carmela S. Carreira. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

Carmela Sánchez Carreira: "Os grupos máis vulnerábeis son os que máis sufriron os efectos da Covid"

Carmela Sánchez Carreira asina xunto a José Manuel Amoedo o traballo de investigación 'Os efectos iniciais da Covid-19 nas desigualdades de renda na Galiza e a súa distribución na sociedade', galardoado co Premio Valentín Paz Andrade de Economía; un traballo con implicacións políticas e sociais que  achega coñecemento ás políticas públicas.
O hostaleiro Suso Coba, tamén coñecido como 'Suso do Dezaseis'. (Foto: O Dezaseis)
Contracultura

Suso Coba: "Rosalía de Castro foi unha muller moi culta e unha precursora do feminismo galego"

Suso Coba, máis coñecido como 'Suso do Dezaseis' é o dono do Dezaseis, un respectado estabelecemento hostaleiro compostelán de case 30 anos de historia. O próximo 23 de febreiro, día dedicado na Galiza á conmemoración de Rosalía de Castro, Coba será, xunto coa cantora Uxía Senlle, quen elaborará na Casa-Museo da emblemática poeta o Caldo de Gloria. Unha actividade impulsada pola Fundación Rosalía de Castro para homenaxear a autora desde o mundo gastronómico.
A galega (á esquerda) encara en abril o torneo Preolímpico. (Foto: COE).
Entrevista

Lydia Pérez: "Vou combate a combate para estar en París 2024"

Son pouco máis de 300 as mulleres que practican loita libre de forma federada na Galiza, pero o pequeno da cifra é inversamente proporcional aos éxitos que logran referentes como Nerea Pampín ou Lydia Pérez (Pontevedra, 1997), quen conversa con Nós Diario sobre uns soños olímpicos que pasan por París.
A artista Rosa de Cabanas no seu estudio. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Rosa de Cabanas: "Debuxo na miña lingua, que é o galego e o feminismo, o mundo rural e a memoria"

Rosa de Cabanas (Ouzande, A Estrada, Terra de Montes, 1976) é ilustradora e arquitecta. Unha das súas creacións, en homenaxe a Rosalía de Castro, ilustrará a capa do especial que este 23 de febreiro acompañará 'Nós Diario' para conmemorar o 187º aniversario do nacemento da poeta.
Brais Vázquez, Matías Zelarayán, Iago Suárez e Alejandro Fernández. (Foto: Arxina)
Contracultura

Tiam GZ: "No verán teremos novo EP, estamos de volta e vimos con forza para pisar os escenarios"

Brais Vázquez (Carballedo, Lugo, 1999), coñecido como Torozas, é un dos integrantes de TIAM Gz xunto con Iago Suárez, ‘Iagueiro’; Álex Varela, ‘Alessov’, e Matías Zelarayán, ‘Mr. Mati’. O grupo vén de publicar un novo sinxelo, Volta ao xogo, acompañado dun videoclip para facer toda unha declaración de intencións con respecto a súa volta á música cun futuro EP.
Antón Seoane, durante a entrevista. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Antón Seoane: a emigración insólita

O músico e tamén psiquiatra Antón Seoane (Ferrol, 1949) publica 'Avelino Cabezas e os seus irmáns' (Galaxia). O libro, que se somerxe na súa propia estirpe, conta a asombrosa historia da emigración na Arxentina de primeiros do século XX deste grupo familiar que edificou en Bos Aires unha enorme empresa comercial, pioneira do marketing e da publicidade. Aínda pasados cen anos, a historia da saga Cabezas reverbera na casa Libunca (Narón) e na finca El Paraíso (Córdoba-Arxentina), residencia final do escritor Manuel Mujica Láinez.
Ana Pontón. (Foto: Arxina)
18-F | Entrevista

Ana Pontón, de perto: non sae da casa sen almorzar

A candidata do BNG máis cercana fala con 'Nós Diario' dos seus gustos persoais.
A candidata do BNG á Presidencia da Xunta, Ana Pontón, durante a entrevista con 'Nós Diario'. (Foto: Arxina)
18-F | Entrevista

Ana Pontón: "Hai un país que di 'basta' e que sabe que a papeleta para conseguir un futuro mellor é a do BNG"

En 2016, as enquisas non lle garantían grupo parlamentario propio ao BNG encabezado por Ana Pontón. O 18-F a Presidencia vaise dirimir entre o BNG e o PP. "É un traballo colectivo", contesta cando lle preguntamos sobre o ascenso meteórico do BNG.
A enxeñeira e creadora da plataforma Vogal, Inés San Luís. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Inés San Luís: "O galego debe estar en internet para que a vida dixital e a de fóra da rede estean en consonancia"

Inés San Luís (Compostela, 1997), enxeñeira informática, é a creadora de Vogal, unha plataforma para descubrir series e películas en versión orixinal galega así como as plataformas onde se poden desfrutar.
A escritora e psicóloga Gisela Mato. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Gisela Mato: "O sufrimento non debe ser algo íntimo porque está para atraer a mirada e o coidado do outro"

Gisela Mato (Xenebra, Suíza, 1978), escritora e psicóloga, vén de ser galardoada co Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía, convocado polo Concello de Fornelos de Montes (comarca de Vigo), pola súa obra 'Habitar as fendas', onde reflexiona sobre a vulnerabilidade e o sufrimento na experiencia humana.
Paula Prado. (Foto Yuri Carrazoni Mier)
18-F | ENTREVISTA

Paula Prado, de perto: O mar e a praia como lugares de relaxación

Preguntamos á candidata número 2 do PP pola Coruña, Paula Prado, polos seus gustos persoais para que as lectoras e lectores poidan coñecela máis de perto. Gústalle cociñar? Cal é a súa película ou serie de televisión favorita? Que plan ten para un sábado calquera? Estas son as súas respostas.
O dirixente, coas copas do Rei e da Raíña gañadas en 2023. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Francisco García, presidente do Club Halterofilia Coruña: "Hoxe xa hai máis rapazas que rapaces na halterofilia"

Cociñeiro antes que frade, como se adoita dicir, o haltera, adestrador e agora presidente do Club Halterofilia Coruña, Francisco García (A Coruña, 1983), comanda desde os despachos os designios do conxunto máis importante do país, que, tal e como sinala con orgullo, vive "o mellor momento" de toda a súa historia.
O carballiñés Christian Pérez. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Christian Pérez: "O máis difícil á hora de facer unha fotografía nun concerto é o ritmo frenético e as luces cambiantes"

Christian Pérez (O Carballiño, 1994) é o fotógrafo oficial do Festival Revenidas, escenario onde puido retratar o artista asturiano Rodrigo Cuevas cunha fotografía que lle valeu o nomeamento como finalista nos Iberian Festival Awards.
O laboratorio de formas rural nace da man de Vicente Blanco, Estella Freire e Salvador Cidrás. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Vicente Blanco: "A metodoloxía do Laboratotio de formas rural é a da pedagoxía creativa do lugar"

Vicente Blanco (Compostela, 1974), coordinador do colectivo Escola Imaxinada, é un dos promotores do proxecto O laboratorio de formas rural, xunto con Salvador Cidrás e Estella Freire. Esta iniciativa é unha das 20 seleccionadas na última convocatoria do programa Art for Change, unha iniciativa impulsada e financiada pola Obra Social La Caixa.
José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG. (Foto: Europa Press)
18-F | Entrevista

Besteiro, de perto: amante da cociña e da paisaxe galega

O candidato do PSdeG máis cercano fala con 'Nós Diario' dos seus gustos persoais.
Mercedes V. Saavedra diante dun cadro do seu tío Avari. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Mercedes V. Saavedra. Arquiveira da máscara

Coñece todo canto recanto galego, portugués e ibérico en xeral, no que a máscara tradicional se mantén viva e segue organizando a xente ao seu redor. Muller de múltiples ocupacións ao longo da vida, Mercedes Vázquez Saavedra (Sarria, 1949), non só é unha fotógrafa documentalista exhaustiva, tamén recolle cunha paixón que xa chega ás catro décadas, textos e historias que lle contan arredor da máscara e ofréceas ao coñecemento público con xenerosidade.
As músicas, Iria San Marcial e Alba Ermida. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Crúas: "Facemos música directa que vai ao corazón, limpa e en esencia, sen tanta electrónica"

Alba Ermida (Poio, 1990), cantante e clarinetista, integra Crúas xunto coa pianista Iria San Marcial. Este dúo nace co obxectivo de pórlle música á palabras de poetas galegas como Rosalía, Xela Arias, Olga Novo, Darío Xohán Cabana ou Luz Pozo Garza.