Brais Morán: "Quen non bailou coa música disco?"

Despois de case dúas décadas na música, o Brais Morán (Ourense, 1984) que liderou Loretta Martin consolida co seu novo disco 'Revolución chic' unha proposta con pouca presenza nas músicas en galego, reivindicativa da ledicia da música de bailar, con ritmos que identificamos instantaneamente cos anos 70, pasando polo matiz moderno e os referentes contemporáneos. Despois de 'Cruzando o eclipse' e 'No mato do desespero', este traballo volve contar coas coidadas letras que marcan o percorrido artístico deste músico que se reivindica da Costa da Morte. O 3 de febreiro preséntao en formato acústico na librería Moito Conto da Coruña e desde o 1 de marzo, na sala Garufa Club, arrinca a xira por todo o país.
Brais Morán, cunha bola disco. (Foto: Roi Vázquez Morandeira)
photo_camera Brais Morán, cunha bola disco. (Foto: Roi Vázquez Morandeira)
—Empeza na música antes xa do seu primeiro grupo de éxito, Loretta Martin? Veño dunha familia de músicos. A saga Morán inclúe, claro, a meu pai e os meus tíos, pero xa nos debe vir no ADN, porque…
 
Debes estar rexistrado para ler este contido
star
Poderás rexistrarte co teu correo. É rápido e gratis.
Precisa axuda? Envíanos un correo electrónico a [email protected].
Máis en Entrevistas
Comentarios