entrevista

A pontevedresa, posando sorrinte coa súa histórica medalla. (Foto: Club Galaico Sincro).
ENTREVISTA

Daniela Suárez, nadadora: "A 'sincro' axuda á memoria e tamén a facer amizades"

Ten apenas 15 anos, pero Daniela Suárez (Pontevedra, 2008) xa está dando sólidos pasos para deixar de ser considerada como unha promesa da natación sincronizada, senón como toda unha realidade dun deporte no que as representantes da Galiza non están afeitas a saborear os meles do éxito.
O congresista Oskar Matute no Café de Catro a Catro en Vigo. (Foto: Xan Carballa)
Entrevista

Oskar Matute, deputado de EH Bildu: "As forzas soberanistas temos a chave da gobernabilidade do Estado"

Oskar Matute (Barakaldo, 1972) é líder de Alternatiba, formación integrada en Euskal Herria Bildu. Vén de participar en Vigo no ciclo de charlas organizadas pola plataforma Ecoar co título "Violencia corporativa e resistencias colectivas", onde salientou a importancia da soberanía dos pobos.
Xanma Louro, Matías Romero, Samuel González e Xaquín Martínez forman The Rapants. (Foto Andrea Sánchez)
CONTRACULTURA

Xaquín Martínez, de The Rapants: "Para o vídeo Blaster W4u pedimos 300 figurantes co fin de que viñesen 150 e apareceron 450"

Xaquín Martínez (Muros, 1999) é o batería de The Rapants, banda que o domingo esgotou as entradas na compostelá sala Capitol. Ademais, o grupo vén de ser nomeado como finalista dos Premios MIN da Música Independente na categoría de mellor artista emerxente. 
A tomiñesa Fátima Oroña durante un dos desfiles deste Entroido. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Fátima Oroña: "As Estrelas da Noite ten máis de 27 anos e é un grupo unido alén das datas do Entroido"

Fátima Oroña (Tomiño, Baixo Miño, 1969) é a presidenta da Comparsa Estrelas da Noite, da súa localidade natal. O camiño da auga é a temática coa que decidiron desfilar no Entroido e coa que levaron o primeiro premio nos lugares nos que concursaron.
O Ateneo Atlántico, que preside Luísa Abad, ten aberto o prazo para participar no Certame Exeria. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Luísa Abad: "No Ateneo Atlántico colaboramos coas entidades viguesas, é a maneira de realizar o que facemos"

Luísa Abad (A Coruña, 1951) é a actual presidenta do Ateneo Atlántico (Vigo), un espazo que busca manter activa a vida cultural da cidade. Nestes momentos, e até o 10 de maio, estarán recibindo orixinais para participar na cuarta edición do Certame Exeria de relato curto.
Pese á súa xuventude, a galega xa é toda unha veterana da pista. (Foto: HC Coruña).
ENTREVISTA

Luchy Paz: "Non xogarei noutro club que non sexa o HC Coruña"

O Hóckey Club Coruña Feminino é o conxunto galego máis importante da actualidade, e a súa líder dentro e fóra da pista non é outra que Lucía, 'Luchy', Paz (Santiago de Compostela, 1999), quen compatibiliza as súas funcións como xogadora coa capitanía e un posto na directiva da novísima escuadra herculina.
A narradora oral Vero Rilo. (Foto: Yolanda Ataraxia)
Contracultura

Vero Rilo: "O teatro é o lugar para contar o mundo que non queremos escoitar, é lugar de resistencia"

Vero Rilo (Mugardos, 1984), narradora oral, foi a persoa designada para redactar o manifesto galego do Día Mundial do Teatro, que cada ano é encargado a unha figura destacada pola Asociación de Actores e Actrices da Galiza.
O docente e investigador da UVigo Fernando Obelleiro. (Foto: UVigo).
Entrevista

Fernando Obelleiro: "Para un enxeñeiro de telecomunicacións un barco de guerra é como un parque de atraccións"

Fernando Obelleiro (Forcarei, 1968) é catedrático na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Foi galardoado pola Real Academia Galega de Ciencias coa medalla Isidro Parga Pondal na categoría de Ciencias Técnicas polo seu labor no ámbito do electromagnetismo computacional.
O compositor e produtor Xavier Portas. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xavier Portas: "Os temas de 'Só Paisagem' están conectados cos seus títulos, 'Procurar', 'Destruir', 'Recomençar'..."

Xavier Portas (Ponteareas, O Condado, 1978) vén de publicar o seu último álbum, 'Só Paisagem', dispoñíbel en todas as plataformas dixitais. Este é o terceiro disco do compositor e supón un avance na súa carreira musical.
O violinista David Veiga (Foto: Nós Diario).
CULTURA

David Veiga (músico): "Nunca escoitara os tres Concertos de Bach xuntos en directo, son un agasallo para o ouvido"

David Veiga (A Coruña) é violinista e profesor do Conservatorio Profesional da Coruña. Este sábado estará tocando os tres Concertos para violín e orquestra de Johann Sebastian Bach nun espectáculo único que terá lugar no Auditorio do Teatro Afundación de Vigo.
O cambadés Xoán Antonio Pillado Silvoso (Foto: Nós Diario).
MEMORIA E HISTORIA

Xoán Antonio Pillado (historiador): "A historia fana as masas sociais"

Mestre e historiador, o cambadés Xoán Antonio Pillado, ex dirixente do PSG e do BNG e primeiro alcalde da democracia (até 1987), vén de publicar tras 10 anos de investigacións o seu traballo 'Onomástica popular cambadesa' (Lobishome producións), un monumental tratado dos alcumes de Cambados (O Salnés).
Dores André está considerada unha das dez mellores bailarinas do mundo. (Foto:  Kuyler Ballett Zuerich)
star
Entrevistas

Dores André, a arte necesaria

Dores André (Vigo, 1985) é considerada polos máis prestixiosos nomes da coreografía como unha das dez mellores bailarinas do mundo, pero ter logrado as máis altas cotas de poder non lle afasta eses pés en punta do chan: Mantén os desexos de aprender e a modestia de outorgarlle á sorte un papel no seu éxito, malia que sendo aínda unha nena tivo que afastarse do fogar para formarse e chegar a ser a primeira bailarina do ballet de San Francisco. A súa espiña: non ter actuado nunca na Galiza onde, di, a cultura non ten apoio institucional dabondo.
O editor Xabier Romero. (Foto: Nós Diario)
Contracultura

Xabier Romero: "Os poemas non foran editados porque ían contra o réxime franquista e a monarquía"

Xabier Romero (Vigo, 1965) é o editor de 'O Cabronario' (Luscofusco), un poemario inédito de Celso Emilio Ferreiro e prohibido durante a ditadura.
O ex capitán de navío da Armada española Manuel Ruiz (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Manuel Ruiz Robles, ex militar: "Galiza non será soberana se non cae a monarquía"

Manuel Ruiz Robles (Madrid, 1943) forma parte dun colectivo de ex militares que denunciou perante a Audiencia Nacional o intento de "golpismo" por parte de sectores como Tribunais de Xustiza, a Garda Civil ou incluso do Exército. Nós Diario publica unha conversa con este ex capitán de navío con motivo da aprobación da Lei de Amnistía.
Rocío Viéitez foto
Contracultura

Rocío Viéitez (tradutora): "Interesábame centrarme no pobo palestino e traer un libro que fala de resiliencia"

Rocío Viéitez (Campo Lameiro, comarca de Pontevedra, 1975) é a tradutora de O azul entre o ceo e a auga (Laiovento), obra da escritora Susan Abulhawa e que segue a historia dunha familia palestina a través de diversas xeracións de mulleres arredor da Faixa de Gaza.
O veterano competidor aínda está en activo no Joventut. (Foto: Nós Diario).
ENTREVISTA

Lorenzo Envó: "Sófrese máis no campo que nos despachos"

O nome do guineano Lorenzo Envó (Bioko Norte, Guinea Ecuatorial, 1978) está escrito con letras de ouro na historia do Amfiv de Vigo, onde practicou o baloncesto en cadeira durante case dúas décadas. Agora, e en calidade de presidente de Inclubasket Coruña, trata de achegar o deporte adaptado a todo o país.
Sergio Marey (Foto: Sergio Ro).
CULTURA

Sergio Marey: "Procurei artistas emerxentes que traballasen a partir de obras de pintoras expostas en Lugo"

Sergio Marey (Pol, comarca de Meira, 1997) comisaria a mostra 'As 7 e 7. Hora de falar', onde pon en diálogo as obras de artistas da colección do Museo Provincial de Lugo con outras artistas contemporáneas. A exposición estará aberta ao público até mediados de abril.
O hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Simon R. Doubleday, profesor de Historia en Nova York: "Galiza e Portugal eran centrais no século XI e Castela, periférica"

Hispanista e editor fundador da revista 'Journal of Medieval Iberian Studies', Simon R. Doubleday é un prestixioso profesor na Hofstra University (Nova York) que ten enfocado parte das súas investigacións na importancia do reino galego alén e aquén da península Ibérica. Agora prologa o libro 'Os Reis e as Raíñas da Galiza: 1000 anos dun reino de seu', que edita Sermos Galiza S.A.
A escritora, xornalista e docente Montse Dopico (Foto: Alberto Fílmate).
Contracultura

Montse Dopico: "Grazas a 'Abonda con vivir' descubrín unha Villalta moito máis activista do que sabía que fora"

Montse Dopico (A Pontenova, A Mariña, 1977) é a autora de 'Abonda con vivir' (Xerais), unha análise literaria, sociolóxica e histórica arredor da figura de Luísa Villalta a través da memoria das persoas que a coñeceron.
Cesáreo Sánchez, presidente da AELG. (Foto: Eduardo Castro Bal)
CULTURA

Cesáreo Sánchez, presidente da AELG: "O libro en galego precisa mellorar a súa saúde"

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) convocou este sábado a súa Asemblea Xeral de Socias, unha xuntanza na que puxeron en valor o incremento da súa base asociativa e fixaron as liñas de traballo para este novo período que comeza. Nós Diario conversa co seu presidente, Cesáreo Sánchez, sobre os retos e proxectos da AELG para o ano 2024.