entrevista

Pilar Abades realiza labores de fotografía, audiovisual, deseño, animación e comunicación . (Foto: Pilar Abades)
star
CONTRACULTURA

Pilar Abades: "No meu labor conectei moito coas veciñas de Silleda, onde tiña o meu estudio fotográfico"

Pilar Abades (Lamela, Silleda, 1985) é a profesional escollida no mes de agosto para recibir o recoñecemento (in)Visibles, un programa promovido polo Concello de Silleda (O Deza) co obxectivo de pór en valor a pegada e o legado deixado polas mulleres no municipio. Abades é fotógrafa e integrante da cooperativa Illa Bufarda.
O actor, Miguel de Lira. (Foto: Nós Diario)
star
CONTRACULTURA

Miguel de Lira: "O humor é algo que vai pegado á vida, depende moito do momento vital no que esteas"

Miguel de Lira (Lira, Carnota, 1964) será recoñecido co Premio RiR Contigo, outorgado polo Festival Internacional de Curtametraxes de Comedia RiR de Allariz para pór en valor traxectorias profesionais vinculadas ao humor no país. O festival terá lugar entre o 1 e o 7 de setembro e o acto de entrega farase o último día, xunto cos premios outorgados ás pezas que serán proxectadas na selección oficial. 
A poeta Naila María González. (Foto: Nós Diario)
star
CULTURA

Naila María González, Premio Acouga-Casa dos Poetas: "Sempre emprego a poesía como un medio para baleirarme e para expresar todo o que sinto"

Naila María González Rodríguez (Céltigos, Sarria, 2003) vén de ser recoñecida co primeiro premio do concurso de poesía Acouga-Casa dos Poetas, coordinado pola Fundación Curros Enríquez, pola súa obra A anarquía das pálpebras. Esta é a primeira edición deste certame e súmase a outros galardóns obtidos pola autora, como o Francisco Añón de Poesía 2023 ou o certame de relato breve Entre parágrafos nevados.

O alcalde de Mondariz-Balneario, César Gil. (Foto: Nós Diario)
Entrevista

César Gil, alcalde de Mondariz-Balneario: "A situación coa acollida de migrantes é a máis normal do mundo"

Un total de 180 persoas refuxiadas chegaron este verán a Mondariz-Balneario escapando do conflito bélico que vive Malí. 'Nós Diario' conversa co seu alcalde, César Gil, sobre a acollida, unha situación que a veciñanza vive con "normalidade absoluta" malia as polémicas que "impulsan algúns medios".
A poeta Lucía Cernadas. (Foto: Nós Diario)
star
Contracultura

Lucía Cernadas: "A poesía é un xénero con certo prestixio e capital simbólico, e cunha aura requintada"

Lucía Cernadas (Cambre, 1997) estará participando no Festival da Poesía no Condado, que terá lugar o 31 de agosto en Salvaterra de Miño. Ademais, vén de presentar na Galiza o seu poemario O corpo é umha promessa (Rodolfo e Priscila).

Charo Lopes.
star
Entrevistas

Charo Lopes. Pór a muller no foco

Charo Lopes (Boiro, 1988) é a muller detrás da cámara e da edición de moitos dos libros de Através, mais nin se agocha nin se pon de perfil á hora de analizar a cultura do país con perspectiva crítica. Moito menos á hora de vindicar o papel das mulleres na creación. Sen complexos. De feito, aproveita a súa maña coa fotografía para pór baixo o foco a beleza doutras compañeiras, convencida de que visibilizar a rede multiplica os esforzos e tece a posibilidade dunha sociedade distinta á liderada polo patriarcado e o capitalismo. 
O skater Marcelo Lusardi, coñecido nas redes como 'the blind rider'. (Foto: O Marisquiño)
star
Contracultura

Marcelo Lusardi: "Hai moi poucos skaters con discapacidade no mundo, aínda que cada vez somos máis"

Marcelo Lusardi (Bos Aires, 1997), coñecido nas redes sociais como @the_blind_rider, foi un dos impulsores da primeira competición de skate adaptado do Marisquiño, celebrada na edición deste ano neste festival que cada verán decorre en Vigo. Nel, Lusardi tivo a oportunidade de participar xunto con outras catro persoas cegas así como con cinco persoas con discapacidade física.
A monitora de teatro Loli Maneiro é desde hai sete anos a responsábel do grupo Con Eles. (Foto: Nós Diario)
star
Contracultura

Loli Maneiro: "O teatro axuda a perder o individualismo e a aprender a coordinarnos, como no deporte"

Loli Maneiro (Vilagarcía de Arousa, 1974) é a responsábel do grupo de teatro da asociación Con Eles. Xunto coa asociación Clámide, presentaron no Festaclown o seu espectáculo teatral Somos olímpic@s, unha reivindicación arredor dos valores do deporte cargada de humor.
A poeta Diana Kurich. (Foto: Antía López)
star
CULTURA

Diana Kurich: "Non podes vivir da poesía, polo tanto o que fas dela é unha arma nun cachiño do mundo"

Diana Kurich (Valga, 1982) prepara o seu próximo poemario mentres espalla os seus versos pola Galiza. O 31 de agosto estará no Festival da Poesía no Condado, en Salvaterra de Miño.
Juan Gestal é profesor emérito da USC. (Foto: Nós Diario).
Entrevista

Juan Gestal: "A mpox non é a Covid, é unha doenza que se transmite por contacto, de difusión lenta e máis fácil control"

No ano 2022 un surto masivo de mpox sorprendeu as autoridades sanitarias fóra de África. Entón declararon unha emerxencia de saúde pública global que se repite dous anos despois. As infeccións continúan e cobran forza. 'Nós Diario' conversa sobre a situación actual co profesor de Medicina Preventiva e Saúde Pública Juan Gestal.
Bernal Prieto leva 12 anos traballando arredor dos fanzines. (Foto: Viñetas desde o Atlántico)
star
Contracultura

Bernal Prieto: "Queremos crear tecido. É importante que haxa xente nova que se implique no Autobán"

Bernal Prieto (A Coruña, 1979) é un dos organizadores do Autobán, un festival de autoedición e cómic de autor que este ano chegou á súa 10ª edición. Prieto reflexiona sobre o percorrido do festival e os logros acadados neste tempo.
O escritor Leandro Lamas afonda no seu relato, que se poderá ler a vindeira semana no 'Máis'. (Foto: Iago Varela)
star
Contracultura

Leandro Lamas: "Busco ir polos recunchos do humor, do absurdo e do surrealismo para apartarme da vida real"

O artista Leandro Lamas pon o ramo aos relatos do caderno Máis deste verán. O misterioso cavalheiro publicarase en Nós Diario a través de cinco entregas desde a vindeira terza feira, 27 de agosto, até o sábado 31. Lamas presenta unha historia de fantasía, humor e surrealismo, coa que quitarlle ferro á vida.
O escritor Carlos Carracedo, gañador do Premio Exeria. (Foto: Eutropio Rodríguez)
star
Contracultura

Carlos Carracedo, escritor: "Estamos evolucionado cara a unha aldea global na que perdemos moita da nosa riqueza"

Carlos Carracedo (Santiago de Compostela, 1990) desfruta do seu mes na residencia La Baldi (Montegiovi, Toscana, Italia) grazas ao Premio Exeria, convocado polo Concello de Santiago de Compostela en colaboración coa Residencia Literaria 1863. Carracedo desenvolverá en Italia o seu proxecto de novela arredor da infancia, a memoria e a identidade.
Diego Seixo e Anna Figueiredo durante a presentación do libro. (Foto: Moe Magalhaes)
star
Contracultura

Diego Seixo e Anna Figueiredo: "FIM era un libro demandado porque o Intercéltico está moi arraigado entre a xente de Moaña"

Anna Figueiredo (Ourense, 1979) e Diego Seixo (Moaña, 1972) asinan FIM, unha historia do Intercéltico, unha obra que recolle os as 40 edicións do encontro que se celebra en Moaña (O Morrazo).
Roberto Rivas é un dos cooperativistas da adega Moraima, en Barro. (Foto: Nós Diario)
star
Entrevista

Roberto Rivas, viticultor: "Atacáronnos 900 cepas e case o 80% están mortas; teremos que arrincar todo"

Roberto Rivas, presidente da Asociación Galega de Viticultores, repasa con 'Nós Diario' varios asuntos da actualidade do sector do viño da Galiza. En paralelo, explica as consecuencias do ataque que sufriron 900 cepas nun predio da adega Moraima, en Barro (comarca de Pontevedra), na que el é cooperativista.
Marga Tojo con Francisco Garcia e Nuno Queirós, propietarios da livraria Poetria do Porto. (Foto: Nós Diario)
star
Contracultura

Marga Tojo, xornalista: "A oralidade debe ser un espazo de encontro entre a poesía galega e mais a portuguesa"

Marga Tojo (Santiago de Compostela) foi unha das convidadas desde a Galiza para participar no I Festival Internacional de Poesía de Porto (FIPP). Tojo interveu nunha conversa xunto con Fernando António Machado e Miguel Royo, ambos poetas portugueses, para explorar as novas tendencias e desafíos da poesía contemporánea.
A concelleira de Turismo e Promoción Económica de Moaña (O Morrazo), Coral Ríos. [Foto: Diego Seixo]
star
Contracultura

Coral Ríos: "Hai que innovar e fusionar todo tipo de estilos, como fixo o jazz coa música galega"

Coral Ríos (Moaña, 1967), concelleira de Turismo e Promoción Económica de Moaña, destaca o éxito do Festival de Jazz que decorreu neste concello do Morrazo o pasado 9 e 10 de agosto e que referencia Moaña como cita clave deste estilo musical na Galiza.
Elena Gallego, autora de 'Un pequeno sacrificio', que publicará 'Nós Diario'. (Foto: Distrito Xermar)
star
CULTURA

Elena Gallego: "Hai que ter coidado co que desexamos, porque sempre se pode volver na nosa contra"

Elena Gallego toma o relevo dos relatos do caderno Máis deste verán. Un pequeno sacrificio publicarase con Nós Diario a través de cinco entregas desde a vindeira terza feira, 20 de agosto, até o sábado 25. A autora presenta unha crítica social sobre os canons estabelecidos e o éxito laboral excesivo con pegadas de meigas.

Amalia Bóveda, diante do monumento dedicado ao seu pai na Caeira (Poio). [Foto: Arxina]
star
Entrevistas

Amalia Bóveda: memoria viva

Amalia Álvarez estaba embarazada da súa filla pequena cando fusilaron o seu home, Alexandre Bóveda, o 17 de agosto de 1936. Amalia Bóveda coñeceu a seu pai a través da súa nai e desde entón preserva a memoria dun dos grandes do Partido Galeguista. "Meu pai deu a vida por Galiza", salienta na conversa que mantemos no xardín da súa casa nunha aldea de Beariz, a onde aos seus 87 anos aínda se despraza conducindo ela mesma e onde mantén unha horta que limpou na mesma mañá da entrevista. Acompáñanos a súa filla Raquel, neta do galeguista.
Paula Quintas. (Foto: Fotográfica Oviedo)
star
Contracultura

Paula Quintas, bailarina: "En Düsseldorf, busco a incidencia no mercado internacional para poder participar en xiras"

Paula Quintas (Ourense, 1983) é unha das galegas seleccionadas para participar na Internationale Tanzmesse de Düsseldorf (Alemaña), a través da súa compañía, Paula Quintas-Cía. A feira terá lugar entre os días 17 e 31 de agosto.