Congreso

Un traballador do Congreso dos Deputados coloca en cada escano os auriculares para seguir as intervencións. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
LINGUA

A RAG anima as deputadas da Galiza no Congreso a intervir en galego

A Academia ve positivos os avances cara a oficialidade da lingua galega.
O portavoz do BNG no Congreso, Néstor Rego; a de EH Bildu, Mertxe Aizpurua, e o de ERC, Gabriel Rufián. (Fotos: Europa Press)
POLÍTICA

"Nin monarquía, nin Constitución": BNG, ERC e Bildu plantan a monarquía "herdeira da ditadura"

"Os valores republicanos de igualdade, xustiza, liberdade e democracia que tanto a cidadanía das nosas nacións como as maiorías populares do Estado compartimos só virán da ruptura coa herdanza monárquica e o réxime que dela emana", apuntan, nun comunicado.
Obras no Congreso dos Deputados de cara ao acto de xura da Constitución española da princesa Leonor de Borbón. (Foto: Gabriel Luengas / Europa Press)
POLÍTICA

Canto custará o acto de xura da Constitución da Princesa Leonor? O BNG exixe coñecer a contía total

O Congreso someteuse nas últimas horas a múltiples obras e arranxos contra o reloxo, desmontando a tribuna de oradores e a da Presidencia da Cámara e mais os escanos e colocando no seu lugar 600 cadeiras de veludo.
Vista xeral do hemiciclo do Congreso. (Foto: Europa Press)
Agora

O Congreso constitúe as dúas primeiras comisións desta lexislatura

O Congreso ten previsto constituír esta cuarta feira as dúas primeiras comisións parlamentarias que funcionarán durante a XV Lexislatura: a do Estatuto do Deputado, que se encarga de autorizar ou non as actividades privadas de cada membro do Congreso e de tramitar os suplicatorios que remite o Supremo cando quere investigar a algún parlamentario, e a de Peticións, cuxo labor é garantir o cumprimento do dereito que asiste á cidadanía de expor as súas demandas na Cámara. A constitución destas dúas comisións, así como a de Regulamento, competen exclusivamente á Cámara e non dependen da estrutura do Goberno, pero mentres a composición das dúas primeiras está taxada regulamentariamente non sucede o mesmo coa de Regulamento.

O tenente coronel da Garda Civil Antonio Tejero, no Congreso dos Deputados, o 23 de febreiro de 1981 (Foto: Europa Press).
POLÍTICA

Exixen desclasificar os documentos do 23-F após afirmar Tejero que o rei emérito estaba detrás

BNG, ERC, Bildu e Sumar urxen coñecer toda a documentación relativa ao intento de golpe de Estado de 1981.
Rolda de prensa de Kevin McCarthy (Foto: Europa Press).
star
INTERNACIONAL

A histórica destitución de McCarthy deixa un Congreso ingobernábel nos Estados Unidos

Congresistas republicanos proporán Donald Trump como substituto do xa ex presidente da Cámara de Representantes dos Estados Unidos de América, Kevin McCarthy, que se converteu no primeiro da historia en ser deposto do cargo a través dunha moción de censura.
A presidenta do Congreso, Francina Armengol,. (Foto: Gustavo Valiente / Europa Press)
POLÍTICA

Armengol propón modificacións nas votacións a viva voz no Congreso para evitar 'erros'

Na segunda votación da investidura do candidato 'popular', Alberto Núñez Feixoo, o deputado independentista Eduard Pujol levantouse e dixo 'si', pero cando xa estaba a se sentar parece darse conta do erro e pronunciou 'non', un voto que finalmente foi computado como 'nulo' o que creou gran controversia nas filas do PP.

Torpezas

Un traballador do Congreso dos Deputados coloca en cada escano os auriculares para seguir as intervencións. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
LINGUA

Radiografía das linguas oficiais no Congreso: gañan peso da man das forzas nacionalistas malia a oposición frontal da dereita

Néstor Rego, do BNG, e Miriam Nogueras, de Junts, son os únicos representantes que se expresaron integramente nas súas respectivas linguas en todo momento, mentres tanto galego como catalán gañan minutos no hemiciclo tamén grazas a PSOE e Sumar e Vox e PP manteñen a súa negativa mesmo a utilizar os auriculares, o que xa ocasionou algunha grave confusión.
Alberto Núñez Feixoo, co rostro serio, hoxe, no Congreso. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
Debate de investidura

VÍDEO | O Congreso volve dicir 'non' a Feixoo, que obtén só 172 apoios e fica fóra da carreira presidencial

O candidato do PP despídese definitivamente das súas aspiracións presidenciais e deixa vía libre a un previsíbel encargo a Pedro Sánchez para que se someta á confianza do Congreso.
O ministro español de Transportes, Óscar Puente (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Debate de investidura

O AVE Valladolid-Madrid parte con atraso por un incidente entre o socialista Óscar Puente e un pasaxeiro

Desde o PSOE apuntan que o viaxeiro increpou o seu deputado mencionando o ex president catalán Puigdemont, e que chegou a acantoalo contra un vagón: "A direita sinálao e aguza o odio contra el, e logo...".
Á esquerda, a portavoz de Sumar, Marta Lois; á dereita, o deputado e dirixente de Podemos Javier Sánchez Serna. (Fotos: Carlos Luján / Europa Press)
Debate de investidura

Podemos carga contra Sumar e cuestiona o papel de Marta Lois: "Faltoulle nervio democrático e loita ideolóxica"

O deputado 'morado' Javier Sánchez Serna móstrase crítico de novo co rol asignado á súa formación dentro da coalición, pois ningún representante de Podemos interveu no debate de investidura como si o fixeron Enrique Santiago (PCE) e Aina Vidal (Comuns), canda unha Marta Lois á que culpa de perder o protagonismo en favor dun PSOE "que parecía Podemos" co discurso de Óscar Puente.
Alberto Núñez Feixoo (PP), Mertxe Aizpurua (EH Bildu), Aitor Esteban (PNV) e Néstor Rego (BNG), intervindo desde a tribuna do Congreso. (Fotos: Eduardo Parra / Europa Press)
CRÓNICA | Debate de investidura

A supervivencia política de Feixoo complícase aínda máis tras fracasar na súa investidura

Feixoo non suma. O candidato do PP á presidencia do Goberno español só conseguiu reunir os votos das forzas situadas máis á dereita. Mentres o PSOE ve despexada a investidura de Sánchez co apoio dos nacionalistas, os populares enfróntanse a un conflito interno.

O deputado socialista Herminio Sancho, desde o seu escano, logo de votar 'si' a Alberto Núñez Feixoo. (Foto: RTVE)
Debate de investidura

VÍDEO | "Sancho, si, non": o deputado do PSOE que dixo 'si' a Feixoo e provocou o balbordo no Congreso

Herminio Rufino Sancho Íñiguez, deputado do PSOE por Teruel, protagonizou a anécdota da xornada votando por erro 'si' á investidura de Alberto Núñez Feixoo.
Alberto Núñez Feixoo esta cuarta feira durante a sesión de investidura (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
debate de investidura

Non hai sorpresa: Feixoo perde a primeira votación da súa investidura

Esta sexta feira 29 de setembro terá lugar a segunda votación. Nesa segunda sesión, Feixoo terá dez minutos para pedir o respaldo da Cámara, e os representantes dos grupos parlamentarios disporán de cinco minutos cada un.
Néstor Rego no Congreso (Foto: Nós Diario).
debate de investidura

Néstor Rego cualifica de "indignante e vergoñenta" a ausencia da Galiza no discurso de Feixoo

Rego cualificou o discurso de Feixoo de onte de “populista e hipócrita” e engadiu que “non ten credibilidade”. Deixou claro o voto contrario do BNG á súa investidura, “isto non colle ninguén por sorpresa, mais, hoxe aquí o importante é o por que”.
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, na Cámara. (Foto: Europa Press)
LINGUA

O conselleiro de Cultura refírese á oficialización do galego no Congreso como "mercadeo"

Román Rodríguez censurou que o que está detrás da inclusión das linguas oficiais o que está é unha condonación da débeda a Catalunya. Diso "non se quere falar, que parte da torta vai pagar" "Dáme pena o mercadeo", dixo, sobre "un uso tan íntimo como o da lingua".
O candidato do PP á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo, someteuse esta terza feira á primeira parte do seu debate de investidura. (Fotos: A. Pérez Meca / Europa Press)
star
Crónica | debate de investidura

O ataque de Feixoo á amnistía marca a sesión de investidura

Comezou no Congreso español a sesión de investidura de Alberto Núñez Feixoo, na que —excepto casos de transfuguismo— non conta con opcións de converterse en presidente estatal, nin na votación desta cuarta feira, que require maioría absoluta, nin na da sexta feira, para a que só precisaría maioría simple.
Intervención de Alberto Núñez Feixoo desde a tribuna. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press)
debate de investidura

VÍDEO | Así foi o minuto a minuto da sesión de investidura de Núñez Feixoo

Minuto a minuto do debate de investidura de Alberto Núñez Feixoo.
EN DIRECTO | Debate de investidura de Feixoo
POLÍTICA

EN DIRECTO | Debate de investidura de Feixoo

Vídeo en directo do debate de investidura do candidato do PP á Presidencia do Goberno español, Alberto Núñez Feixoo.