star
INTERNACIONAL
Colombia, pendente do alto o fogo co ELN
08/xuño/23
O presidente colombiano e o líder do Exército de Liberación Nacional protagonizarán a cerimonia de clausura da terceira rolda de conversas de paz, na que todo apunta a un acordo para desenvolver ao longo de medio ano un alto o fogo que permita protexer as comunidades e acelerar a fin do conflito armado.