O xesto imperialista de Felipe VI que o deixa en evidencia en Colombia

O rei de España foi constantemente increpado durante a toma de posesión de Petro, onde asistiu como invitado.
O rei Felipe VI saluda ao recén investido presidente de Colombia, Gustavo Petro (Foto: Europa Press).
photo_camera O rei Felipe VI saluda ao recén investido presidente de Colombia, Gustavo Petro (Foto: Europa Press).

A visita de Felipe VI en Colombia, onde asistiu á toma de posesión de Gustavo Petro, saldouse cun novo episodio de rexeitamento á monarquía española na América Latina.

Os problemas para o rei español chegaron despois de ter empezado a cerimonia. O nome de Felipe VI –que por protocolo foi o primeiro a ser chamado– foi un dos poucos que recibiu un asubío sonoro dos asistentes durante a rolda de presentacións.

Á vez, o público non dubidou a aplaudir o nome do mandatario que sentaba o seu lado: o presidente de Chile, Gabriel Boric, aliado político de Petro e un dos referentes progresistas da rexión.

En marzo, o monarca español chegou con quince minutos de atraso á toma de posesión de Boric, cousa que obrigou as autoridades chilenas a atrasar a cerimonia. O presidente chileno –que hoxe practicamente non intercambiou palabras con Felipe VI– cualificou a tardanza de Felipe VI de inaceptábel.

A crispación non acabou aquí. Minutos despois, o monarca español respondeu ao rexeitamento do público negándose a levantarse –como mostra de respecto institucional– durante a exhibición da espada de Bolívar, talismán da liberación nacional de Colombia do imperio español.

Felipe VI foi o único mandatario que permaneceu sentado durante a mostra da arma con que o líder revolucionario expulsou as autoridades coloniais españolas fai máis de douscentos anos.

A espada de Bolívar xa fora protagonista da xornada de investidura mesmo antes da intervención do monarca español. O instrumento foi furtado o 1974 pola guerrilla M-19, que dixo que non a entregaría até que non se devolvese a liberdade no pobo de Colombia.

Despois de roldar por varios puntos do país, nos oitenta a arma foi enviada en Cuba, país simpatizante cos obxectivos do grupo. Finalmente, a espada foi devolta ao Goberno colombiano nos noventa, no marco do acordo de paz entre a M-19 e o Goberno do presidente naquel momento, Virgilio Barco.

Precisamente, o predecesor de Petro, Iván Duque, negouse a exhibila alegando motivos de seguridade. Despois de ser investido o novo presidente de Colombia, Petro –que de mozo formou parte da guerrilla M-19– ordenou que a espada saíse do palacio presidencial e se exhibise durante a toma de posesión.

Borbóns, perseguidos polo seu propio pasado

Non é, nin moito menos, o primeiro incidente relacionado coa memoria histórica que protagoniza un monarca español. Unha das polémicas máis soadas chegou en 1997, co casamento de Cristina de Borbón e Iñaki Urdangarin en Barcelona.

O consistorio propuxo que a parella fose recibida pola aguia de Barcelona, máxima representante protocolaria da cidade, mais Juan Carlos I, entón rei, rexeitou o ofrecemento aténdose á orixe austriacista (dinastía previa á dos Borbóns na coroa española) da besta.

Comentarios