Colombia rexistra un novo masacre que supón a número 92 no que vai de 2022

Durante 2022 morreron en Colombia 171 líderes sociais e 36 asinantes do acordo de paz.
Un manifestante colombiano nunha imaxe de arquivo (Foto: Sebastian Maya / Zuma Press / Contactophoto).
photo_camera Un manifestante colombiano nunha imaxe de arquivo (Foto: Sebastian Maya / Zuma Press / Contactophoto).

O Instituto de Estudos para o Desenvolvemento e a Paz (Indepaz) reportou nas últimas horas un novo masacre en Colombia, para sumar 92 feitos deste tipo no 2022.

De acordo con Indepaz, polo menos tres persoas foron asasinadas por homes armados nunha zona rural do departamento Norte de Santander, un territorio fronteirizo con Venezuela.

Os feitos rexistráronse nun lugar coñecido como El Águila, fronteira entre Cúcuta e o estado venezolano de Táchira. Indepaz indicou que o crime ocorreu o 18 de novembro, pero un dos feridos no crime faleceu nas últimas horas, confirmándose así o masacre.

As vítimas do masacre foron identificadas como Brandon Stiwar Ortiz Santander, Manuel Jesús Quintana Vergel e Jesús Gabriel Reyes quen faleceu o domingo pasado.

Tras o masacre, as autoridades locais reportaron que nas últimas semanas redobrouse a seguridade na zona.

Os feitos

Segundo Indepaz, o masacre ocorreu mentres as vítimas traballaban limpando ladrillos para cargar nun camión. Dous homes armados chegaron até o lugar, solicitando explicacións do por que se atopaban no sitio. Posteriormente, disparáronlles, deixando dúas persoas mortas e outras dúas feridas, sinalou o instituto defensor de dos dereitos humanos.

No medio deste novo crime, a Defensoría do Pobo colombiana emitiu unha alerta temperá na cidade fronteiriza de Cúcuta, en razón das violacións contra dereitos humanos, desaparicións forzadas e asasinatos selectivos na zona.

Durante 2022 morreron 171 líderes sociais e 36 asinantes do acordo de paz.

Comentarios