África

Manifestación a favor do golpe de Estado o domingo no centro de Niamey, a capital de Níxer. (Foto: Djibo Issifou / DPA)
star
INTERNACIONAL

O Exército de Níxer advirte de que París prepara unha intervención militar

A Xunta Militar que perpetrou un golpe de Estado contra o Goberno de Níxer, o principal aliado francés na zona e unha peza determinante para a súa seguridade enerxética, alerta dunha próxima intervención militar mentres veta as vendas de uranio a París.
out_28_july_2023_russia_saint_petersburg_general_view_of_the_plenary
star
INTERNACIONAL

África pide a Rusia abordar a fin da guerra en Ucraína

Ao final do cumio Rusia-África, O Cairo solicitou a Moscova que dea un paso adiante para reactivar o acordo de exportación de gran do Mar Negro, mentres distintos líderes destacan as consecuencias negativas do conflito bélico entre Rusia e Ucraína e apuntan á proposta de paz africana como unha potencial solución.
Protesta a quinta feira en Niamey a favor dos militares. (Foto: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Os golpistas nomean líder en Níxer mentres o país recupera a calma

Os militares suspenden a Constitución e disolven as institucións da Sétima República nixerina, en paralelo, Francia insiste en que aínda non é definitiva a vitoria dos sublevados, no que constituiría o quinto golpe de Estado con éxito en Níxer desde a independencia de Francia.
Manifestantes contra o golpe. (Foto: Presidencia de Níxer)
INTERNACIONAL

O Exército nixerino apoia os golpistas e consolida a sublevación

Níxer é o principal aliado dos EUA na zona e un lugar fundamental para a seguridade enerxética francesa, que depende en boa medida do uranio que empresas francesas extraen no país, un dos últimos do Índice de Desenvolvemento Humano da ONU.
O presidente ruso, Vladimir Putin, interveu onte no plenario da cimeira Rusia-África en San Petersburgo. (Foto: Kremlin / DPA)
star
INTERNACIONAL

A seguridade alimentar centra a cimeira entre Rusia e os Estados de África

A seguridade alimentaria de África protagonizou a primeira xornada da cimeira de Rusia cos Estados do continente, preocupados polos efectos dunha potencial suba dos prezos dos cereais após a fin da iniciativa de exportación de gran ucraíno polo Mar Negro.
Comunicado dos militares golpistas pola televisión nacional de Níxer. (Foto: RTN)
INTERNACIONAL

Golpe de Estado en Níxer: o Exército derroca o presidente e fecha as fronteiras

"Somos as autoridades lexítimas e legais e expresámonos desde esta posición. Neste país hai leis, Constitución e unha tradición democrática. O pobo votou e designou cos seus votos os seus dirixentes", advertiu o ministro de Exteriores do Goberno derrocado, Hassoumi Massoudou.
A última xornada electoral de Angola decorreu en setembro do pasado ano (Foto: Chen Cheng / Xinhua News / Contactophoto).
star
Reportaxe

Perspectivas no Terceiro Mundo: Angola na encrucillada

Despois de superar máis de catro décadas de conflitos armados, Angola vive nunha aparente estabilidade política con múltiples problemas económicos derivados da súa dependencia externa, en particular pola venda de recursos naturais ao exterior.
Líderes dos Países Baixos, Mark Rutte, Tunisia, Kais Saied, a Comisión Europea, Ursula von der Leyen, e Italia, Giorgia Meloni, en xuño. (Foto: Koen Van Weel / ANP / DPA)
INTERNACIONAL

Tunisia rexeita recibir os migrantes expulsados da Unión Europea

O domingo asinouse un acordo para que Tunes free as migracións
Kyriakos Mitsotakis, candidato da conservadora Nova Democracia en Grecia. (Foto: Giannis Papanikos / Zuma Press Wir)
star
INTERNACIONAL

A dereita grega encamíñase cara á maioría absoluta na segunda volta

Segundo as enquisas coñecidas, a repetición electoral en Grecia, que decorrerá mañá, favorece en primeira instancia Kyriakos Mitsotakis. O conservador busca un segundo mandato fronte a unhas forzas progresistas que aspiran a mellorar o resultado de maio. Aliás, na fin de semana tamén haberá eleccións en Guatemala e Serra Leoa. 
Ataques en Khartún, a capital sudanesa, nos primeiros compases da terceira guerra civil no país. (Foto: Mohamed Khidir / Europa Press)
star
INTERNACIONAL

Asasinado o líder de Darfur Oeste tras denunciar un xenocidio no Sudán

A ONU alerta da "dimensión étnica" que está a impregnar na rexión de Darfur a guerra civil no Sudán, menos de tres anos despois da sinatura da paz nun conflito armado de case dúas décadas.
Inundacións en Khersón. (Foto: Nicolas Cleuet / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Os militares ucraínos por agora non logran avances na contraofensiva

Sete líderes africanos presentarán a súa iniciativa de paz a vindeira semana aos presidentes de Ucraína e Rusia.

Atención médica a unha crianza no Sudán após o inicio da guerra. (Foto: Jattab Obaid / Unicef)
INTERNACIONAL

Os conflitos armados entre 2005 e 2022 deixaron 120.000 crianzas mortas ou mutiladas

Máis de 30.000 crianzas foron secuestradas no marco de conflitos armados en Asia, África e América Latina.

África: unha segunda oportunidade?

Cimeira da Unión Africana en Etiopía o pasado mes de febreiro. (Foto: Unión Africana)
star
INTERNACIONAL

África avanza a pesar do lastre do colonialismo europeo

O Día de África conmemórase hoxe no medio dunha situación dispar ao longo do continente, que sofre aínda os efectos de séculos de colonialismo e espolio europeo, mais progresa definindo o seu propio papel no mundo.
A axuda humanitaria saudita aterrou na segunda feira en Porto Sudán. (Foto: Saudi Press Agency / Dpa)
star
INTERNACIONAL

Comezan sete días de alto o fogo no Sudán

Arabia Saudita e os Estados Unidos de América anunciaron esta fin de semana a súa actuación como mediadores para conseguir un alto o fogo no Sudán que facilite a entrada e a distribución de axuda humanitaria nun Estado no que a guerra provocou perto de 700 mortes e máis de 5.000 persoas feridas desde que se desatou o conflito armado o pasado 15 de abril.
Cyril Ramaphosa, presidente de Suráfrica. (Foto: Europa Press / Contacto / Fikile Marakalla /  GSIS)
INTERNACIONAL

Rusia e Ucraína aceptan unha misión de paz de Estados africanos

Putin e Zelenski terían accedido a recibir a delegación.
Refuxiadas palestinas no Sudán, recibidas a finais de abril na Faixa de Gaza após cruzar desde Exipto fuxindo dos combates no territorio sudanés. (Foto: Mohammed Talatene / DPA)
star
INTERNACIONAL

A ONU urxe todos os países a acoller as persoas que logran fuxir da guerra do Sudán

Acnur fai un chamamento excepcional perante a crise humanitaria que está a provocar o que cada vez está máis perto de considerarse a terceira guerra civil sudanesa, pedindo axuda a todo o mundo para afrontar unha crise para a que precisa máis recursos.
Moussa Faki Mahamat. (Foto: Dario Pignatelli / European Counci / DPA)
INTERNACIONAL

A Unión Africana pide axuda ao mundo para os refuxiados do Sudán

A cuarta tregua non frea os combates e o diálogo acordado foi descartado polos militares, o que dificulta unha resposta humanitaria xa insuficiente, polo que a Unión Africana reclamou axuda.
Unha crianza camiña cara á súa casa en Somalia despois de conseguir auga nun centro de distribución organizado para enfrontar a seca. (Foto: Mustafa Olgun)
star
INTERNACIONAL

36 millóns de persoas tratan de sobrevivir ao cambio climático no leste de África

Seguen sen callar os debates no Comité de Transición da COP27 para implementar un fondo de danos polo cambio climático ao tempo que un novo traballo científico resolve que a peor seca en 40 anos en África oriental está directamente vinculada co quecemento global.
Operación das tropas do Sudán. (Foto: Forzas Armadas do Sudán)
INTERNACIONAL

A ONU cuestiona a vontade de negociar das partes no Sudán

Altos cargos de Omar al Bashir terían fuxido de prisión no marco dos combates, porén, o Exército confirmou que o líder derrocado en 2019 continúa preso.