O CIS español coloca PSOE e PP a 0,4 puntos porcentuais
Pedro Sánchez comeza a súa carreira para ficar na Moncloa
Yolanda Díaz reúnese con Puigdemont en Bruxelas para abordar a investidura
Feixoo aumenta o seu patrimonio: unha nova casa na Coruña, máis accións de Inditex e 'sobresoldos' do PP
Yolanda Díaz non se reunirá con Feixoo e delega en Marta Lois
Urkullu propón unha "convención constitucional" para desenvolver o dereito a decidir
O PSOE rexeita a proposta do PP para que Feixoo goberne o Estado español dous anos
Feixoo pide a Sánchez que lle permita gobernar dous anos
Reunión no Congreso entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo de cara á investidura
A reunión entre o presidente do Goberno español en funcións, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, comezou pouco despois das dez da mañá desta cuarta feira nunha sala do edificio de ampliación do Congreso. Na axenda, o debate de investidura do 26 de setembro. Sánchez chegou en coche desde Moncloa pouco antes das dez. No Congreso xa o esperaba Núñez Feixoo, que exerce como anfitrión tras pedir este encontro como primeira escala da súa rolda de contactos con outras formacións. Esta é a terceira entrevista coñecida entre os dous líderes. En abril de 2022 foi a primeira vez que o presidente do Goberno recibiu en Moncloa a Feixoo como líder do PP. En outubro pasado, tras a dimisión de Carlos Lesmes como presidente do CXPX Sánchez convocouno de novo.
Os presidentes de Catalunya e Euskadi rexeitan verse con Feixoo
Feixoo e Sánchez reuniranse esta cuarta feira no Congreso para falar da investidura
O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, e o líder do PSOE, Pedro Sánchez, reuniranse esta cuarta feira no Congreso. Nunha interlocución vía WhatsApp Feixoo solicitou Sánchez manter unha charla telefónica para tratar a investidura. O presidente do Goberno en funcións coincidiu na conveniencia de celebrar esa reunión mais preferiu que fosen os seus gabinetes quen pactasen a data. Acordaron xuntarse no Congreso dos Deputados ás 10 horas. O PP enmarca este encontro na normalidade democrática que ha de marcar a axenda após o 23-X e na institucionalidade previa ao debate de investidura fixado para o 26 de setembro. Feixoo xa avanzou o seu interese en que PP e PSOE traballen nun modelo que facilitase a investidura da lista máis votada.