Reunión no Congreso entre Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo de cara á investidura

A reunión entre o presidente do Goberno español en funcións, Pedro Sánchez, e o líder do PP, Alberto Núñez Feixoo, comezou pouco despois das dez da mañá desta cuarta feira nunha sala do edificio de ampliación do Congreso. Na axenda, o debate de investidura do 26 de setembro. Sánchez chegou en coche desde Moncloa pouco antes das dez. No Congreso xa o esperaba Núñez Feixoo, que exerce como anfitrión tras pedir este encontro como primeira escala da súa rolda de contactos con outras formacións. Esta é a terceira entrevista coñecida entre os dous líderes. En abril de 2022 foi a primeira vez que o presidente do Goberno recibiu en Moncloa a Feixoo como líder do PP. En outubro pasado, tras a dimisión de Carlos Lesmes como presidente do CXPX Sánchez convocouno de novo.

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo reúnense no Congreso. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
photo_camera Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo reúnense no Congreso. (Foto: Jesús Hellín / Europa Press).
Comentarios