Feixoo e Sánchez reuniranse esta cuarta feira no Congreso para falar da investidura

O presidente do PP, Alberto Núñez Feixoo, e o líder do PSOE, Pedro Sánchez, reuniranse esta cuarta feira no Congreso. Nunha interlocución vía WhatsApp Feixoo solicitou Sánchez manter unha charla telefónica para tratar a investidura. O presidente do Goberno en funcións coincidiu na conveniencia de celebrar esa reunión mais preferiu que fosen os seus gabinetes quen pactasen a data. Acordaron xuntarse no Congreso dos Deputados ás 10 horas. O PP enmarca este encontro na normalidade democrática que ha de marcar a axenda após o 23-X e na institucionalidade previa ao debate de investidura fixado para o 26 de setembro. Feixoo xa avanzou o seu interese en que PP e PSOE traballen nun modelo que facilitase a investidura da lista máis votada.

Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo esta segunda feira antes do debate electoral (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
photo_camera Pedro Sánchez e Alberto Núñez Feixoo antes do debate electoral do 23-X. (Foto: Eduardo Parra / Europa Press).
Comentarios