Eleccións estatais

O CIS español coloca PSOE e PP a 0,4 puntos porcentuais

O BNG medra 0,2% desde os últimos comicios.
Barómetro do CIS correspondente ao mes de outubro deste ano. (Foto: Nós Diario)
photo_camera Barómetro do CIS correspondente ao mes de outubro deste ano. (Foto: Nós Diario)

No caso de desenvolverse neste momento eleccións estatais no Estado español, o PSOE obtería a primeira praza con 32,6% dos sufraxios, pouco por diante do Partido Popular (PP), que ficaría en 32,2% dos apoios, revelou esta cuarta feira o Barómetro de Opinión correspondente a outubro do Centro de Investigacións Sociolóxicas español, tras unha caída de menos dun punto do PSOE e unha alza semellante do PP en relación aos datos de setembro.

En terceira posición consolidaríase Sumar após medrar 0,8 puntos porcentuais até 12,7% de estimación de voto, mentres que a ultraespañolista Vox perde un punto e baixa a 10,1%.

Por detrás aparece Esquerra Republicana de Catalunya, que logo do empate hai un mes con Junts alcanzaría 1,9% dos votos a nivel estatal. Junts quedaría con 1,3% seguido do Partido Animalista co Medio Ambiente con 1%.

Pola súa parte, EH Bildu obtería 0,9%, por diante do Partido Nacionalista Vasco e o Bloque Nacionalista Galego, que se farían con 0,8% dos sufraxios, a forza galega sitúase dúas décimas por riba dos resultados das eleccións do 23 de xullo.

Comentarios