Chegar 1.000 números sen ti sería imposíbel!
Facer un xornalismo crítico sen máis ataduras que as que nos unen á promoción e defensa dos intereses galegos precisa da túa colaboración. Subscríbete.
Impúxose este domingo en Portugalete na segunda xornada do play off após ficar segunda na primeira quenda, este sábado en Bermeo.
Disputouse este domingo en augas de Bueu con embarcacións galegas, vascas, asturianas e cántabras.
A “costa verdecente” da que fala Pondal no himno galego é tan importante para o deporte do país que os maiores éxitos olímpicos da Galiza chegaron da man de disciplinas nas que o medio acuático, o mar e os ríos, cobran non menos protagonismo que os propios deportistas, sen deixar a un lado o impacto mesmo social e cultural que teñen as traíñas, unha modalidade que non será olímpica, pero que está fondamente arraigada na idiosincrasia da Galiza.
Carme Veiga, patroa de traiñeiras durante cinco anos, conta a súa experiencia no deporte e explica en que consiste o seu cargo. Ademais, Veiga tamén expresa a súa opinión en relación ao papel da muller no deporte e reivindica a necesidade da presenza de máis rapazas en postos importantes como o de patroa. Ela incide en que as mulleres “sempre o temos que facer mellor que os homes para poder chegar a certos postos”. Con todo, Veiga engade que, nos últimos anos, as mulleres foron logrando máis visibilidade no deporte.
Logo de que a pasada tempada a Liga Galega de Traiñeiras (LGT) estrease unha normativa na que se estabelecen idénticas regras e premios para mulleres e homes –coincidindo co quinto aniversario da liga feminina- o número de traiñeiras participantes no torneo pasou de seis a dez, récord absoluto do campionato.
A 'Sotera' de Santurtzi, vencedora na final masculina. O campionato disputouse en augas de Meira e estivo marcado pola ausencia dos campións territoriais (Cabo, Hondarribia, Astillero e Castropol).