Cabo e Chapela gañan o campionato estatal de traiñeiriñas

Disputouse este domingo en augas de Bueu con embarcacións galegas, vascas, asturianas e cántabras.

chapelaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
photo_camera A tripulación de Chapela destexa a vitoria (Foto: Federación de Remo)

Cabo de Cruz e Chapela impuxéronse este domingo no campionato estatal de traiñeiriñas que se disputou en augas de Bueu. A embarcación do Barbanza gañou na categoría absoluta masculina mentres que os da ría de Vigo en absoluta feminina.

O campionato contou coa participación de embarcacións galegas, asturianas, cántabras e vascas. Até un total de 29 embarcacións déronse cita nesta proba, desenvolvida baixo a organización do Club de Mar Bueu.

En absoluta feminina o ouro foi para as remeiras de Chapela, mentres que a prata foi para a traiñeiriña de Ares e o bronce para Cabo de Cruz. En absoluta masculina, a vitoria foi para Cabo, sendo segundos Samertolameu de Meira e bronce os anfitrións, Bueu.

En xuvenil masculina os vascos de Santurtzi fixéronse coa vitoria e o ouro, mentres que Cabo conquistou a prata e Samertolomeu bronce.

E no que respecta á categoría feminina en xuvenil, o ouro foi para Euskal Herria da man de Ikuntza, a prata seguiu o mesmo camiño coa traiñeiriña de Kaiku e o bronce ficou na Galiza da man da embarcación de Ribeira.

Comentarios