O lago das Pontes acollerá a estrea da Liga Galega de Traiñeiras 2023

A proba disputarase na tarde do sábado 10 de xuño
A proba será na lagoa artificial das Pontes (Foto: Manolo Feal).
photo_camera A proba será na lagoa artificial das Pontes (Foto: Manolo Feal).

O lago das Pontes acollerá o sábado, 10 de xuño, a primeira regata da Liga Galega de Traiñeiras 2023, organizada pola Asociación Liga Noroeste coa colaboración do Concello das Pontes.

Durante o acto de presentación da I Bandeira Concello das Pontes, que tivo lugar na xornada de onte, a concelleira de Turismo, Elena López -que estivo acompañada polo presidente da Asociación Liga Noroeste, Javier Rodríguez-, agradeceu a súa "aposta" por As Pontes para a disputa "desta regata presentación da Liga 2023.

"Isto demostra, unha vez máis, o potencial que ten o lago das Pontes para a organización de eventos deportivos en augas continentais, ofrecendo ao mesmo tempo unha oportunidade para visibilizar o deporte do remo entre a veciñanza"

Pola súa parte, Javier Rodriguez agradeceu ao Concello a súa colaboración, salientando que se trata de primeira vez "que un municipio do interior da Galiza acolle unha regata de traiñeiras". 

A proba arrancará ás 19.30 da tarde do próximo sábado día 10

"É algo novo, vamos poder gozar dunha regata dura, tanto física como tecnicamente, á que haberá que sumar o aliciente de que se disputa en auga doce, o que pode facer que haxa sorpresas na competición", engadiu.

Con respecto aos horarios, a presentación da Liga comezará ás 14 horas, cun desfile das 25 embarcacións que participarán na competición, con entrada conxunta no lago das Pontes tras percorrer as rúas do municipio formando unha comitiva de máis de 500 metros.

Xa ás 16.30 horas dará comezo a proba da man das embarcacións pertencentes á Liga 'B'; a continuación será a quenda da feminina -na que participan sete embarcacións-; e baixará o pano a Liga 'A', estando previsto o acto de entrega das bandeiras da primeira regata da Liga Galega de Traiñeiras ás 19.30 da tarde.

Comentarios