sindicalismo

Protesta en Bos Aires a cuarta feira. (Foto: Julian Varela / telam / DPA)
INTERNACIONAL

A CXT arxentina convoca a primeira folga xeral contra Milei, que intenta concentrar todo o poder

O 24 de xaneiro a greve decorrerá en todo o país.
Yolanda Díaz (Sumar) e Nadia Calviño (PSOE) mantiveron fortes discusións para chegar a un texto final da reforma dos subsidios por desemprego (Foto: Alejandro Martínez Vélez / Europa Press).
star
TRABALLO

Os sindicatos lamentan as "insuficiencias" na reforma dos subsidios do paro: "Man de obra barata para as empresas"

Nalgúns aspectos coinciden, noutros teñen puntos de vista diversos,  mais o certo é que os sindicatos, tanto a CIG como CCOO e UXT, non ficaron satisfeitos coa reforma dos subsidios por desemprego que aprobou esta semana o Goberno do Estado español.
Paulo Carril (Foto: Xan Carballa).
TRABALLO

A CIG ve unha "oportunidade para reforzar o marco galego de relacións laborais" na prevalencia dos convenios autonómicos

A reforma é unha reivindicación histórica do sindicalismo nacionalista.
Juan Carlos Escotet, nunha conferencia de Abanca (Foto: M. Dylan / Europa Press).
TRABALLO

Abanca anuncia unha "reordenación interna" tras a fusión con Targobank

As centrais sindicais fican atentas ás consecuencias.
Representantes sindicais na Consellaría de Educación esta quinta feira (Foto: Nós Diario).
Ensino

VÍDEO | Desaloxados de novo os representantes sindicais da Consellaría de Educación: "O máximo responsábel é Rueda"

"O conselleiro de Educación ten dúas opcións: rectificar e sentarse coa voz maioritaria do profesorado galego ou negar a súa propia capacidade como interlocutor no maior conflito aberto nos últimos anos", indicou o responsábel da CIG-Ensino, Suso Bermello.
Instalacións de Fandicosta (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

Fandicosta quere ampliar o preconcurso de acredores até o vindeiro 13 de abril

Os sindicatos demandan á Xunta transparencia e implicación no proceso.
Sede central de Telefónica en Madrid (Foto: Ricardo Rubio / Europa Press).
Agora

Os sindicatos rexeitan saídas forzosas no ERE de Telefónica

Representantes do persoal e Telefónica mantiveron esta segunda feira novas xuntanzas para negociar os expedientes de regulación de emprego (ERE) que a empresa aplicará nas súas tres principais filiais estatais e que afectan 339 empregados e empregadas na Galiza -máis da metade do cadro de persoal-. A parte social opúxose á posibilidade de introducir "saídas forzosas" neste proceso, á vez que UXT suxeriu que o proceso tamén debería afectar á área directiva da compañía. Neste sentido, a representación do persoal lamentou o "cambio de paradigma" que supón incluír a posibilidade de saídas forzosas en relación cos procesos anteriores, nos que se recollía a voluntariedade para adherirse ou non aos plans de redución de persoal.
Mobilización dos bombeiros en Compostela (Foto: Eva Cid Rivas).
TRABALLO

Os bombeiros comarcais rexeitan a oferta laboral das Administracións

Tan só concordan nos días de asuntos propios.

Perseveranza

O secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez, esta segunda feira (Foto: José Ignacio Unanue).
TRABALLO

A negociación polo salario mínimo remata sen acordo

Os actores emprázanse a unha nova reunión o 11 de decembro.
Javier Milei durante o feche da campaña electoral arxentina. (Foto: Cristobal Basaure Araya / Europa Press / Contacto)
INTERNACIONAL

Os sindicatos arxentinos advirten Milei que ofrecerán resistencia ás súas medidas

Protestas polas propostas de privatización.
Concentración do persoal da avogacía e da procuración nos xulgados de Compostela para reclamar melloras na quenda de oficio (Foto: Europa Press).
Xustiza

"Imos gañar o preito das nosas vidas": a avogacía de oficio comeza unha folga indefinida

O sector reclama á Xunta o incremento das prestacións nas quendas.
Santiago Abascal, nun acto do sindicato ultra Solidaridad. (Foto: Fernando Sánchez / Europa Press)
TRABALLO

O sindicato de Vox convoca unha folga xeral contra a amnistía... que sería ilegal

A lei impide a convocatoria de folgas con motivación política, como sería o caso da anunciada para o vindeiro 24 de novembro polo sindicato de extrema dereita Solidaridad.
Un barco no porto de Viveiro (Foto: Carlos Castro / Europa Press).
TRABALLO

Morre un mariñeiro galego ao caer á auga no porto vasco de Ondarroa

O sindicato LAB denunciou que nin o Instituto vasco de Seguridade e Saúde Laborais-Osalan, nin a Inspección de Traballo cualificaron o ocorrido de "morte laboral", alegando que o operario se atopaba en días de descanso.
Xan María Castro, ex secretario xeral de CCOO na Galiza (Foto: CCOO).
Obituario

Falece Xan María Castro, ex secretario xeral de CCOO na Galiza

A Comisión Executiva da organización manifestou o seu "profundo pesar" ante a "irreparábel perda dun mestre" para moitas xeracións de sindicalistas e "protagonista da memoria obreira do pobo galego".
Manifestación do sector do metal en Vigo o pasado 28 de xuño. (Foto: Javier Vázquez / Europa Press).
star
Análise

Negociación colectiva en tempos de inflación

Roberto Bande é profesor titular de Fundamentos da Análise Económica da USC e decano da Facultade de Administración e Dirección de Empresas da USC.
Concentración esta cuarta feira do SLG na cidade de Lugo (Foto: SLG).
ECONOMÍA

O Sindicato Labrego Galego exixe á Xunta un plan de loita contra as velutinas

A presenza da velutina, detectada na Galiza este ano en áreas situadas "a máis de 1.000 metros de altura", representa un grave perigo para a "biodiversidade" e especialmente para "o sector apícola", explican desde o sindicato.
Reunión da Mesa Sectorial de Educación. (Foto: Xunta da Galiza)
Ensino

Os sindicatos decidirán esta terza feira se apoian a proposta de Educación de horarios e ratios, da que a CIG se desmarca

Os sindicatos decidirán esta terza feira se apoian ou non a proposta da Consellaría de Educación de rebaixa de horario lectivo para docentes e cocientes, da cal a Confederación Intersindical Galega (CIG) xa se desmarcou. A Consellaría de Educación trasladou esta segunda feira aos sindicatos a proposta definitiva, similar á xa avanzada a semana pasada. Así, dáse de prazo até o mediodía desta terza feira, 10 de outubro, para pronunciarse. A mesa sectorial está conformada por CIG, CCOO, ANPE e UXT. O secretario nacional de CIG-Ensino, Suso Bermello, incide no rexeitamento do seu sindicato a unha proposta que é "exactamente" igual á da semana pasada, "sen ningún tipo de cambio".

Un centro de educación infantil galego. (Foto: Europa Press)
Ensino

A CIG-Ensino critica o sindicalismo estatal no ámbito das escolas de infantil 0-3 anos e chama á mobilización

Os sindicatos estatais maioritarios, segundo a CIG “incumpriron o compromiso logrado nesa mesa de xullo, dunha reunión sindical a primeiros de setembro para dar continuidade ás mobilizacións con máis forza e intensidade, dada a actitude irresponsábel da patronal, así como tomar a decisión de irmos ou non, á par, a un SIMA, tal e como propuxeron as patronais”.
O persoal da separación manual de residuos, como estas traballadoras de Lousame, encárgase da clasificación dos materiais (Foto: Nós Diario).
TRABALLO

FCC rexeita a prórroga da xestión da planta de reciclaxe de Lousame

O comité de empresa critica o "desleixo" por parte da mancomunidade.