Os sindicatos arxentinos advirten Milei que ofrecerán resistencia ás súas medidas

Protestas polas propostas de privatización.
Javier Milei durante o feche da campaña electoral arxentina. (Foto: Cristobal Basaure Araya / Europa Press / Contacto)
photo_camera Javier Milei durante o feche da campaña electoral arxentina. (Foto: Cristobal Basaure Araya / Europa Press / Contacto)

O secretario xeral da Confederación Xeral do Traballo, Héctor Daer, deixou claro despois dunha reunión con outros líderes sindicais que todas as afirmacións do novo presidente arxentino, o ultradereitista Javier Milei, parecen estar en contra do eixo central do pensamento da organización, baseado “no desenvolvemento do país, con produción e creación de empregos”, recolleu na madrugada de hoxe a axencia AP.

Daer alertou de que reaccionarán de avanzar as “reformas relacionadas cos dereitos laborais”. Porén, Daniel Catalano, secretario xeral da Asociación de Traballadores do Estado, afirmou que “non podemos esperar a ver se este home ten éxito”.

Nese sentido, Pablo Biró, da Asociación de Pilotos de Liñas Aéreas, indicou que Milei “terá que matarnos literalmente” para privatizar a pública Aeroliñas Arxentinas.

Estas declaracións producíronse após as protestas en diversos sectores, como as das traballadoras e traballadores dos medios públicos, pola intención de Milei de privatizalos, o que se estende á compañía petrolífera YPF.

Comentarios