Reportaxe

Fondo da ría de Pontevedra (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

O medio galego, os retos da natureza

"Mareas vivas, xa nunca máis. O mar, o mar... quen mo foi levar?", pregunta Mercedes Peón na súa canción O mar, aquela que abría a célebre serie Mareas Vivas na televisión pública galega. 24 anos despois, o mar da Galiza, ese bravo océano Atlántico que baña as súas costas, pode responder a Peón: levounos o mar a contaminación, a sobreexplotación das pescarías, o cambio climático, a eólica mariña. O mes de xuño trae os días mundiais dos arrecifes, do medio ambiente e dos océanos, ocasión que aproveitamos para analizar o seu estado.
Oleiro de Niñodaguia, Xunqueira de Espadanedo (comarca de Allariz-Maceda). (Foto: Amaianos)
star
Reportaxes

A memoria do barro

Outrora oficio de campesiños relegado ás necesidades dunha Galiza eminentemente rural, a olaría tradicional galega sobreviviu ao paso dos séculos vencellada ao seu simbolismo. Unha artesanía que mantén as esencias da súa elaboración tradicional e que se adaptou aos novos tempos e aos requirimentos que fixo a chegada da modernidade. Unhas pezas que gardan na súa historia a memoria dun país.
Vivenda de campo en Coristanco (Foto: Iván Casal).
star
Reportaxes

Seara Peleteiro, xogo xeométrico

O xogo e a diversión forman parte da infancia pero pérdense ao chegar á vida adulta, esquecendo esa forma de experimentar o mundo. Os arquitectos Juan Seara e Berta Peleteiro tratan de recuperar o espírito lúdico na experiencia da arquitectura. Crean espazos sorprendentes e inesperados, dentro dunha xeometría clara. Conxugan a sensibilidade co territorio e o rigor construtivo coa diversión.
Fotografía sobre un lenzo en paradoiro descoñecido no 
que Román Navarro recollía 
a vida cotiá do lavadoiro 
do Caramanchón (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Picasso na cidade de cristal e auga. As lavandeiras como fonte de inspiración do pintor

Un dos cadros máis importantes do século XX semella un cristal roto en mil anacos. Son mulleres dos estratos máis baixos da sociedade que un enfant terrible da pintura quixo quebrar. Unha década antes, ese mesmo rapaz era aclamado nunha cidade galega como neno prodixio. Efectivamente érao, un dos primeiros alumnos que tivo a nova escola de Belas Artes da Coruña. A cidade estaba cambiando, configurado esa estética de cristal que hoxe a caracteriza. A última infancia de Picasso, o alumno avantaxado, foi testemuña dos cambios e das permanencias que as clases populares vivían nunha cidade feita de cristal e auga. 
O intelectual Francisco Fernández del Riego, a quen se dedica este ano o Día das Letras Galegas. (Foto: Editorial Galaxia)
Reportaxes

Del Riego xornalista

Con motivo do Día das Letras Galegas, Sermos Galiza S.A. edita unha publicación, coa colaboración do Concello de Pontevedra, na que se recollen por vez primeira, de maneira conxunta, as entrevistas realizadas por Francisco Fernández del Riego a grandes vultos da sociedade e da cultura galega na revista Galicia Emigrante.
Os socalcos da Ribeira Sacra son froito do traballo inxente de centos de homes e mulleres ao longo dos séculos (Foto: AV Vilachá).
star
Reportaxes

Viñachá de Salvadur. A memoria do viño

A primeira fin de semana de maio decorre na Pobra do Brollón (Terra de Lemos) a Festa do Viño de Vilachá de Salvadur. Con este motivo, adentrámonos na produción vinícola dunhas adegas de alto valor etnolóxico que, aínda que non sexan "milenarias" -como afirma a tradición popular-, son a única mostra conservada da época medieval. Trátase das adegas en funcionamento máis antigas da península Ibérica e representan a orixe dunha actividade económica que revolucionou e transformou non só esta parroquia guímara, senón toda a Ribeira Sacra.
Rehabilitación dunha vivenda tradicional en Cea, na comarca do Carballiño (Foto: Dennys Martin).
star
Reportaxes

Quico Jorreto: Benestar

A vivenda é un dereito pero tamén é un pracer. Habitar é unha necesidade ao tempo que pode ser unha experiencia gozosa. Quico Jorreto deseña casas para vivir ben. Este arquitecto está especializado en construír fogares acolledores e espazosos, ao tempo que ten investigado as posibilidades de facer vivenda accesíbel para toda a sociedade.
'Caballero mutilado' de Conde Corbal (Foto: Cedida).
star
Reportaxes

Conde Corbal: A memoria gráfica

No Centenario do artista Xosé Conde Corbal, Memoria Histórica da Deputación de Pontevedra dedícalle as “Xornadas Arte e Memoria”. Alén das palestras ficará a edición do seu traballo O fardel da Memoria de Conde Corbal que se publica con noventa textos de autorías diferentes para contextualizar as imaxes; xunto cunha exposición antolóxica. Ben acaído, xa que foi Corbal un artista marcado polo desprezo dunha burguesía que se viu retratada na súa complicidade cos responsables do terror. 
Segundo os datos oficiais, publicáronse na Galiza 6.859 títulos en galego entre 2013 e 2019 (Foto: Nós Diario).
star
Reportaxes

Literatura galega: Dez libros para unha década

'Sermos Galiza' convidou, para conmemorar o Día do Libro, seis voces referentes da crítica literaria galega para que escollesen dez das mellores obras publicadas nos últimos dez anos. Os resultados permiten albiscar, por unha parte, a complexidade da encomenda, pois non se producen moitas coincidencias nas seleccións e, pola outra, o peso simbólico que manteñen a poesía ou a narrativa fronte a outros xéneros. Tamén o recoñecemento, cada vez maior, das mulleres autoras ou a relativa autonomía da literatura galega a respecto de modas temáticas ou estéticas.
As espigas de millo átanse polo follaco para colgalas a secar (Foto: A.C. Meiro).
star
Reportaxes

Millo corvo: o rexurdir dunha tradición

O lugar de Meiro, no Concello de Bueu (comarca do Morrazo) acolle esta fin de semana o XXIII Encontro e Degustación do millo corvo, unha variedade autóctona da Galiza que se cultivou durante séculos nesta bisbarra, sendo finalmente substituída por variantes máis produtivas e máis atractivas comercialmente. O labor de recuperación etnográfica, gastronómica e cultural da Asociación Cultural de Meiro permitiu que, a día de hoxe, poidamos coñecer e, sobre todo, degustar a tradición culinaria que este peculiar millo leva asociada.
Os dolmens, como este dos Cabaleiros, de Tordoia (comarca de Ordes), dan nome a moitos lugares da Galiza (Foto: Arxina).
star
Reportaxes

Toponimia galega, etimoloxías e curiosidades

Os nomes de lugares galegos están cheos de rica información historiográfica e de numerosas curiosidades que nos axudan a coñecer mellor o noso territorio. Os profesores Fernando Cabeza Quiles e Gonzalo Navaza dannos unha pequena clase sobre eles. Concretamente, os investigadores explícannos a etimoloxía e significado de varios topónimos de concellos e parroquias, en cuxos nomes hai recorrentes elementos que facilitan coñecer o seu significado.
A icónica cheminea de meirama sendo derruída (Foto: M. Dylan / Europa Press).
star
Reportaxes

Patrimonio industrial. Que facer co pasado?

Os posíbeis usos da Panificadora de Vigo, o incendio na fábrica de cerámicas Pontesa en Pontesampaio (Pontevedra) e, máis recentemente, o derrubamento da cheminea da central térmica de Meirama (Cerceda) traen á actualidade o futuro dos inmóbeis que fan parte do patrimonio industrial da Galiza. A azucreira de Portas, a fábrica de papel de Laraño (Compostela) ou a central hidroeléctrica do río Tambre (Noia) lideraron o camiño da restauración e a rehabilitación. Mentres, Massó, Álvarez e moitas outras fican á mercé do tempo. 
Tres saharauís fan o símbolo da vitoria nun campo de refuxiadas e refuxiados (Foto: cedida).
star
Reportaxes

Sáhara: Correr contra o vento, loitar pola liberdade

O 28 de febreiro, un día despois do 47 aniversario da creación da República Árabe Saharauí Democrática (RASD), desde un dos sete campamentos saharauís de Tinduf, máis de 300 persoas de 26 países lanzáronse a atravesar o deserto establecendo unha conexión simbólica entre tres campos de refuxiados: El-Aaiun, Auserd e Smara. O Sahara Maratón, un evento deportivo cuxos obxectivos son a difusión da difícil situación do pobo saharauí e a promoción do deporte entre a mocidade dos campamentos, culminou esta 22 edición baixo o lema "Correr contra o vento, loitar pola liberdade".
Sala da exposición no Museo de Pontevedra (Foto: Xulio Gil).
star
Reportaxes

Xulio Gil: Entre o rito e o mito

Xulio Gil é un fotógrafo que entende o seu traballo como unha expresión artística que non admite desvíos: Premio da Crítica da Galiza das Artes Plásticas, en 2013, foi un pioneiro en tratar a fotografía como unha máis das Belas Artes. Coñecido como retratista e por libros como Vigo, fronteira do Alén, con textos de Ferrín, ou Tigres coma cabalos, realizado con Xela Arias, a súa obra explora terreos aparentemente contraditorios, aínda que unha mirada atenta descobre unha unidade conceptual que agora se exhibe na exposición Símbolos do conflito, no Museo de Pontevedra. 
Abel Bouhier no Pazo de Lourizán, en Pontevedra, no mes de outubro do ano 1982 (Foto: Manuel Alonso Gondar ).
star
Reportaxes

O francés máis galego. Abel Bouhier e o sistema agrario da Galiza

Abel Bouhier é un personaxe pouco coñecido para a maioría da poboación galega. Porén, poucas persoas coñeceron a Galiza tan en profundidade como o fixo o xeógrafo francés. A súa obra mestra, Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario, publicada en francés no ano 1979 e traducida ao galego en 2001, segue a ser actualmente unha referencia nos estudos xeográficos, históricos e económicos sobre o mundo rural galego.
(Foto: Xosé Troiano).
star
Reportaxes

Toque manual. Patrimonio da Humanidade

A Unesco declarou como patrimonio inmaterial da humanidade o toque de campá manual, entendéndoo como unha linguaxe sonora que funcionou ao longo dos séculos como medio de comunicación, cumprindo un conxunto de funcións sociais na comunidade: informar, coordinar, delimitar o territorio e protexer. Para que o toque manual das campás non desapareza da Galiza, conformouse no convento de Herbón, en Padrón, a Asociación Cultural Campaneiros da Galiza.
Fraga saúda ao ditador Francisco Franco durante a recepción ofrecida no Salón do Trono do Palacio Real en 1966.
star
Reportaxes

Camarada Fraga

O pasado 23 de novembro foi o centenario do nacemento de Manuel Fraga e este 15 de xaneiro fanse once anos do seu pasamento. Coincidindo con estas datas, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) elaborou o documental Camarada Fraga. Memoria dun franquista. O documental, que ten unha duración de 25 minutos, é resultado dun grupo de traballo da CRMH (Manuel Monge, Beatriz Gómez Amigo e Carlos Babío), foi presentado o pasado 12 de xaneiro no Circo de Artesáns da Coruña e está a dispor de todas aquelas entidades que soliciten a súa proxección. Este texto que publica Sermos Galiza é un resumo do guión do documental, elaborado por Manuel Monge —a realización é de Daniel Carballada—, que será entregado ás persoas que asistan ás presentacións.
Dorothé Schubarth. (Foto: Dorothé na Vila).
star
Reportaxes

Dorothé na vila

A forma de vida mudou e con ela a transmisión da tradición oral. Moitas das tarefas xa non se realizan en comunidade como hai anos e isto repercutiu na forma na que as cancións -que acostumaban acompañar as tarefas realizadas en comunidade- pasan de xeración en xeración. O resultado foi a perda de moitos cantares, pois non quedaban rexistros deles en lado ningún. Neste punto é no que cobran principal relevancia as recollidas.
Ilustración do conto O Apalpador e a castaña máxica (Foto: Xoán González).
star
Reportaxes

O Apalpador. Referencias á lendaria figura do nadal galego

Cada Nadal o Apalpador abandona as montañas galegas e baixa ás casas das crianzas para comprobar se están ben alimentadas e darlles castañas para encher as súas barrigas ou carbón para quecer a súa casa, ademais de deixarlles de paso algún agasallo. Sermos Galiza achégase á realidade desta figura mitolóxica galega a través dalgunhas das referencias atopadas en textos de diversa índole e das opinións de expertos da cultura e da antropoloxía do pobo galego.
Dúas persoas xogan cun aro no V Curso de Formación do Patrimonio Lúdico da AGXTP (Foto:  AGXTP).
star
Reportaxes

O xogo: Unha ferramenta poderosa de aprendizaxe e socialización

O xogo sempre estivo moi relacionado coas crianzas. Porén, xogar é necesario en todas as idades, tamén na adulta, pois favorece a creatividade, a empatía, a ambición, a actividade física e mental, e permite a concentración nun obxectivo concreto. Nun mundo marcado pola procura da produtividade intrínseca ao sistema capitalista no que o traballo é o centro da vida, o xogo semella máis importante, e necesario, que nunca. Guiada por esta filosofía, a Deputación de Lugo publicou o libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida, unha recompilación do patrimonio lúdico galego.