Reportaxe

Dúas persoas xogan cun aro no V Curso de Formación do Patrimonio Lúdico da AGXTP (Foto:  AGXTP).
star
Reportaxes

O xogo: Unha ferramenta poderosa de aprendizaxe e socialización

O xogo sempre estivo moi relacionado coas crianzas. Porén, xogar é necesario en todas as idades, tamén na adulta, pois favorece a creatividade, a empatía, a ambición, a actividade física e mental, e permite a concentración nun obxectivo concreto. Nun mundo marcado pola procura da produtividade intrínseca ao sistema capitalista no que o traballo é o centro da vida, o xogo semella máis importante, e necesario, que nunca. Guiada por esta filosofía, a Deputación de Lugo publicou o libro Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida, unha recompilación do patrimonio lúdico galego.
Moitas organizacións polo decrecemento adoptaron como logo o caracol, en referencia ás palabras do pensador austríaco Iván Illich sobre a 'Lóxica do caracol'. (Foto: Europa Press)
star
Reportaxes

Decrecer para subsistir. o camiño cara a unha menor produción e un menor consumo

O grupo Poetarras recoñecía nunha das súas cancións: "Eu son ecoloxista, pero haberá que deforestar algunha selva e abrir buracos novos no ceo". Con humor, criticaba a obsesión das elites mundiais por manter o crecemento económico, a pesar do esgotamento de recursos, ás veces mesmo escondidas detrás da careta do ecoloxismo. Hoxe estamos a comprobar que medrar infinitamente non é posíbel e que cómpre reducir o consumo para evitar as consecuencias do cambio climático.
Adrián Dios, Arancha Nogueira, Álex Guillán, Elsa Quintas, Daniel González, Iria Veiga, Roi Cuba, Melania Cruz, Iago Valverde e Paula Domínguez. (Foto: Nós Diario).
SOCIAL

'Sermos Galiza' olla o futuro do país 500 números despois do seu nacemento

Este sábado 7 de maio estará á venda a edición especial do semanario, con entrevistas a Arancha Nogueira, Álex Guillán 'Baiuca', Elsa Quintas, Daniel González, Iria Veiga, Roi Cuba, Melania Cruz, Iago Valverde, Adrián Dios e Paula Domínguez.