Reportaxe

Xan Carballo, Bautista Álvarez, Lois Diéguez, Eduardo Gutiérrez (de costas e de esquerda a dereita, na imaxe), Mariano Abalo, Emilio López e Xosé Manuel Beiras, encabezaron a entrada da manifestación pola Porta da Mámoa. (Foto: Xan Carballa)
star
Fotorreportaxe

Día da Patria Galega 1984: regreso ao corazón de Santiago da man de Castelao

Fotorreportaxe do xornalista Xan Carballa sobre o Día da Patria de 1984, partindo de fotografías tomadas por el mesmo aquel día de hai agora case catro décadas.
María, de Lixo Atelier, no seu taller (Foto: Lixo Atelier).
star
Reportaxes

Iniciativas crebeiras que coidan da Costa da Morte

Esta costa brava asolada pola contaminación de lixo mariño agocha tesouros de gran valor. Falamos de pequenos pero grandes proxectos de rexeneración e coidado do litoral. Existe un conxunto realmente diverso de persoas mobilizadas por coidar do mar e hainas que poñer no mapa. Son xente que decidiu ir ás crebas, mirar esta crise ecolóxica aos ollos e configurar unha resposta creativa e innovadora ante ela.
Báscula situada na entrada da botica.
star
Reportaxes

Viaxe a unha botica de hai medio século

Na Galiza quedan moitos restos do pasado e de tipoloxía moi diversa que se poden descubrir en museos e incluso en vilas abandonadas. En Doade, no concello de Beariz (O Carballiño), podemos facer unha viaxe no tempo para regresar a 1975 e entrar nunha botica como se nada tivera pasado desde entón. Todo está como se nos atoparamos cincuenta anos atrás e foramos a unha farmacia desa época para mercar algo que tratara de aliviar unha dor.
Ángel del Castillo, Uxío Carré, Eladio Rodríguez, Filgueira Valverde, José Fernández Vide, Mauricio Farto, Otero Pedrayo e Vicente Risco. (Fotos: Sermos Galiza)
star
Reportaxes

A festa da lingua galega: un centenario

Hai case cen anos, en plena ditadura de Primo de Rivera, cando nos faladoiros dos cafés se debatía apaixonadamente e sen medias palabras, se o galego era –ou non– unha lingua apta para todo tipo de usos, un grupo de composteláns, integrantes da Liga de Amigos de Santiago, acordaron organizar a Festa da Lingua Galega.
Teresita e La Bella Otero pousando para a cámara. (Foto: Gonzalo Allegue, 'Galegos: as mans de América', Vigo: Nigra, 1992)
star
Reportaxes

O fío rosa da Galiza contemporánea

Eis un percorrido por algúns fitos, personaxes e historias que nos amosan que o pasado do país foi moito máis diverso do que nos contaron moitos relatos oficiais. Recuperar e lembrar tanto as súas experiencias como as condicións históricas nas que viviron axúdanos a tecer un fío rosa da historia do país, necesario para desnaturalizar unha norma sexual e de xénero que nos oprime a todas.
Manifestación polo Día do Orgullo LGBT+ o ano pasado na Coruña. (Foto: / M. Dylan / Europa Press)
Reportaxes

Retos presentes e futuros dun país diverso: a Galiza que avanza

Ao longo deste mes e especialmente ao redor da próxima sexta feira, 28 de xuño, sucédense actos, manifestacións e celebracións por todo o país. O Día do Orgullo pasou de ser ‘gay’ a agrupar a diversidade LGBT+, de estar centrado nas cidades a medrar nas comarcas. O tecido asociativo vive un mes de intenso traballo organizando e participando en eventos que reivindican necesarios avances e celebran un país hogano máis aberto.
Isaura Canosa Pérez. (Foto: Marcos Rodríguez).
star
Reportaxes

Unha viaxe á fin da terra

Séculos despois da caída do Imperio romano, a influencia da súa lingua aínda perdura na Galiza actual. O latín renace en 'Finis Terrae', un libro fotográfico de Marcos Rodríguez publicado pola editorial Canela que recompila as tradicións e os costumes da Costa da Morte. A través de 170 imaxes, esta obra homenaxea o modo de vida das comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra, Xallas e Muros.
Celsa Argüeso Pardo cunha filla.
star
Reportaxes

Celsa Argüeso Pardo. A crueldade baldía do franquismo

Esta pescuda céntrase na historia de catro membros dunha mesma familia asasinados polo franquismo. As fontes sinalan a Garda Civil como verduga en 1948 de Celsa Argüeso, nai do guerrilleiro Manuel Pardo, coñecido como Trelles, morto en Oroso en xaneiro dese ano. O crime de Celsa supón o apoxeo da represión familiar: o seu irmán Manuel fora paseado en Ferrol en 1936, mentres que Andrés, outro dos fillos de Celsa, caera tiroteado na fuga masiva de 1938 do Forte de San Cristovo (Iruña), onde cumpría condena por "rebelión militar e homicidio frustrado".
As mantas de Reguengos de Monsaraz, unha xoia esencial da artesanía alentejana. (Foto: Fabricaal)
star
Reportaxes

O artesanato portugués hoxe

O país veciño semella ter moito que dicir á hora de conxugar o diálogo entre o pasado e o presente. Centos de iniciativas percorren o país mantendo a artesanía local con vida e dando un espazo fundamental á diversidade creativa.
As mantidas.
star
Reportaxes

Rivas Briones, un xenio por descubrir

Non era home Antón Rivas Briones (1918-2004) nin artista de fastos. Era o retratista da Galiza humilde, da xente do común: monicrequeiros, mantidas, peixeiras, leiteiras... Fixouse nomeadamente nas mulleres, e tivo especial teima coa súa faceta de nais. Cada unha das súas obras é un fragmento da memoria colectiva. E pode que por iso a súa obra emocione tanto: porque xuntou nela toda a verdade que había no seu compromiso coa terra, coa xente do pobo e co soño colectivo daquela República que viviu xa coa consciencia dos 13 anos.
Un rapaz xogando a un videoxogo no MUVI.
star
A fondo

Descifrando o código

Desde os xogos ambientados ou producidos na Galiza até a loita contra os prexuízos sobre o sector do videoxogo ou a súa concepción como produto cultural. Unha perspectiva desde dentro.
Imaxe do cordón policial retendo a xente que se manifestaba en Bonaval o 28 de xuño de 1984. (Foto: Xan Carballa)
star
Reportaxes

O regreso de Castelao ao seu Museo

O 28 de xuño de 1984 Xan Carballa cubriu para o xornal A Nosa Terra a chegada dos restos de Castelao á Galiza. Corenta anos despois, o Museo de Pontevedra que o rianxeiro axudara a pór en marcha acolle unha exposición con medio cento das fotografías tomadas entón, que percorremos co autor e co comisario da mostra, Enrique Acuña, para achegarnos de novo a aquela data, tan histórica como polémica.
Miguel de Lira, Karra Elejalde e Antonio Durán 'Morris'. (Foto: Vía Láctea Filmes)
star
Reportaxes

10 anos de esmorga: o filme que marcou a historia do cinema galego

O filme que revolucionou a escena do cine na Galiza, 'A Esmorga', de Ignacio Vilar, fai xa unha década desde que deixou a súa pegada na historia. Unha crónica intensa de 24 horas na vida de tres compañeiros de troula que van deixando un regueiro de destrución, historia que calou fondo nas espectadoras e nos espectadores galegos. Audiencia e crítica situárona no máis alto, logrando cifras nunca antes alcanzadas por unha longametraxe rodada en galego. Unha película que sentou precedente no cinema galego.
Luísa Villalta, por Andrade.
star
Reportaxes

'En concreto': Luísa Villalta e nós

O símbolo da subida, asentado na experiencia andante de Luísa Villalta, é unha máquina polisémica que serve para expresar tamén a consciencia do labor de escrita poética. Sobe, pois, Luísa, no aprezo de lectoras e lectores e continúa a subir no autorretrato que deseñan os seus versos, na imaxe en que ela mesma descobre novos atributos do seu ser. Afástase a poeta do perfil da súa propia figura para, desde a distancia oportuna, contemplar outro dos seus vértices humanos, o da loitadora esperanzada, soñadora, a que albisca no horizonte un futuro tal vez realizábel de liberdade e xustiza.
A reclamación de maior educación sexual, no punto de mira. (Ilustración: Xeración Alfa)
star
A fondo

Fóra do estigma: visibilizar e falar de saúde mental fronte aos tabús e aos prexuízos

Psicólogas, psiquiatras e divulgadoras da Galiza e do mundo fan que a saúde mental deixe de ser tabú. Loitan cotra os prexuízos, pola normalización e unha atención sanitaria gratuíta.
Laura Veiga, Purificación Leal, Martina González e Noelia Moreau.
star
A fondo

Máis alá do sexo: un achegamento ás primeiras veces, a masturbación e o desexo

Máis alá das recreacións de partos en directo, os debuxos de aparatos reprodutores nas clases de bioloxía ou as primeiras charlas sobre sexualidade, quedan aínda dúbidas por resolver.
Ilustraçom comemorativa do 100 aniversario das Escolas de Ensino Galego (Foto: Leandro Lamas).
star
Reportaxes

Escolas Semente vindicam o acervo educativo irmandinho no cem aniversário da Escola de Ensino Galego

O dia 23 de abril de 2024 figérom-se cem anos da instituiçom da Escola de Ensino Galego por parte das Irmandades da Fala. Um projeto educativo popular, curricularmente autocentrado, multilíngue e pedagogicamente vanguardista. A sua luz secularizadora e humanística atravessou a escuridom da ditadura primorriverista chegando aos nossos dias para alumiar o horizonte da Escola Nacional Galega.  
Ampliación do Centro de Saúde da Laracha, en Bergantiños (Foto: Héctor Santos-Díez).
star
Reportaxes

Ezcurra e Ouzande: Nas puntas dos pés

Cando o espazo a intervir ten valor histórico, unha actitude posíbel é a de ser sutís e discretos. O estudio de arquitectura Ezcurra e Ouzande ten demostrado gran sensibilidade na rehabilitación.  Traballando con sixilo, sen facer ruído, como quen anda nas puntas dos pés. Conxugan a actualización dos edificios co mantemento da súa atmosfera orixinal. Nas obras novas apostan pola innovación conxugada coa sustentabilidade.  
O 'Xabarín Club' acompañou durante anos as merendas da rapazada galega. (Foto: S. G.)
Reportaxes

O fenómeno audiovisual e sociolóxico do Xabarín Club, 30 anos despois: queda alguén aí?

Xabarín faise vello. O vindeiro 18 de abril fará 30 anos ininterrompidos presentando un programa que transcendeu da pantalla e deu nome a toda unha xeración. Hoxe, aínda que non todo o mundo o sabe, o 'Xabarín Club' aínda existe e, se ben dispón de cada vez menos tempo e recursos e non recibe o trato que lle correspondería a un exitoso veterano coma el, está a piques de alcanzar a cifra redonda dos 150.000 socios e socias. Tres décadas despois de irromper nos televisores de todo o país para mudar para sempre o concepto de programación infantil cabe preguntarse: que queda daquel Xabarín? Le a reportaxe completa comprando nos quiosques o semanario Sermos Galiza deste sábado 13 de abril.
Varias imaxes de Moncho Valcarce.
star
Reportaxes

Moncho Valcarce: un símbolo para Galiza

Hai 31 anos que nos deixou Moncho, pero a súa lembranza está viva. Moito máis nestes tempos nos que o capitalismo salvaxe e depredador intenta unha vez máis poñer as gadoupas sobre os nosos recursos naturais, a nosa cultura, o noso idioma… Mudaron os nomes (Fenosa e caciques de medio pelo) por outros como Altri, Iberdrola ou eólicas. Moncho está vivo porque a súa loita fainos máis fortes.