Balaídos estrea hoxe nova directiva ante o Granada, un rival directo dos celestes nos postos de descenso. A afección agarda que os cambios tamén transcendan ao deportivo nun momento moi delicado para o equipo no ano do seu centenario.
De todo e para todos e todas. A xornada futbolística galega trae consigo o regreso do Celta e do Deportivo feminino logo da parada das seleccións, un gran derbi galego entre Lugo e Arenteiro na Primeira Federación, o soño do liderado do Celta Fortuna e o asalto aos ceos da Segunda dun Racíng que visita a casa do líder da categoría.
O descanso en Primeira fará que esta fin de semana toda atención estea posta no resto de categorías. En Segunda e Primeira RFEF, Racing, Celta Fortuna, Lugo, Dépor e Arenteiro procurarán sumar puntos desconfiando, iso si, das expectativas previas ante os rivais.
Moi desequilibradas, lixeiramente decantadas cara un dos dous lados, igualadísimas... as distintas eliminatorias copeiras que as escuadras da Galiza afrontan esta cuarta feira ofrecen unha xornada de fútbol en estado puro no que até sete formacións diferentes buscarán avanzar á segunda fase da competición.
Non hai fútbol de Primeira División, pero si acción do máximo nivel na categoría de prata e na Primeira Federación masculina e feminina. Esta vez o principal foco de atención estará no duelo entre a Ponferradina e un Deportivo absolutamente necesitado de puntos para fuxir da zona baixa da clasificación.
Os resultados comezan a pesar nos equipos galegos. Celta, Dépor e Racing xogarán esta fin de semana nos seus respectivos feudos mentres Arenteiro, Lugo e Celta Fortuna exercerán de visitantes.
A Liga volve outra xornada máis e para esta fin de semana as olladas centraranse no difícil compromiso dos homes de Rafa Benítez. Ademais, Racing e Dépor xogarán na casa, Lugo en Donostia e Celta Fortuna e Arenteiro protagonizarán o derbi da fin de semana.
Volve o fútbol de Primeira División logo da parada imposta polas seleccións nacionais, e iso significa que o Celta de Benítez regresa á actividade. Na categoría de prata, o Rácing de Ferrol desexa seguir conservando o seu invicto na Segunda, mentres que os galegos da Primeira Federación chocan con duros rivais.