As 'galegas' Irene Ferreras e Cristóbal Parralo, premiadas

Distinguidas nos premios que outorga o Comité de Adestradores da Real Federación Española de Fútbol.
A formación, que pretende converter universitarios e universitarias en árbitras, inclúe prácticas en partidos oficiais de baloncesto. (Foto: FGB).
photo_camera A formación, que pretende converter universitarios e universitarias en árbitras, inclúe prácticas en partidos oficiais de baloncesto. (Foto: FGB).

Irene Ferreras, técnica madrileña do Real Club Deportivo da Coruña, e Cristóbal Parralo, preparador do Rácing Club de Ferrol, recibirán hoxe en Madrid o recoñecemento do mundo do fútbol durante a entrega dos premios do Comité de Adestradores da Real Federación Española de Fútbol (RFEF).

A herculina, que comezou a súa traxectoria nos bancos en 2015 logo de ter que colgar as botas con apenas 26 anos a causa dun problema nas costas que non lle permitía seguir actuando como porteira, chegou á Coruña no verán de 2022 e, durante o seu primeiro exercicio completo como branquiazul, ficou a un só tanto do ascenso, sendo distinguida como mellor adestradora da Primeira Federación Feminina.

Con respecto a Cristóbal Parralo, o andaluz -que, curiosamente, dirixiu o filial masculino do Dépor, de onde saltou ao primeiro equipo en 2018, antes de ser destituído tras só 12 partidos- abriu o camiño da Segunda División para os Diaños Verdes do Rácing de Ferrol por vez primeira en 15 anos, razón principal do seu recoñecemento como mellor técnico do Grupo '1' da Primeira Federación.

O resto dos premiados dunha gala que arrancará ás 19 horas na Cidade do Fútbol das Rozas serán Jagoba Arrasate (Club Atlético Osasuna), Paco López (Granada Club de Fútbol) e Haritz Mújika (Amorebieta).   

Comentarios