paz

Pensar na paz

Paz?

Festa de Abune Tekle Haymanot en Tigrai, na que se homenaxea un dos monxes etíopes máis importantes (Foto: File Filmon).
INTERNACIONAL

A poboación tigriña trata de voltar á normalidade após a fin da guerra

A guerra entre Etiopía e Tigrai era até o seu final a deflagración bélica máis sanguenta dos 110 conflitos armados que se están a combater nestes momentos no planeta. Aínda así, o territorio volve paulatinamente á normalidade e celebra as informacións que revelan a marcha de soldados eritreos, que nos últimos meses foron a principal fonte da violencia que sufriron os tigriñas.
Un militar da RDC nos arredores da localidade de Kibumba, na provincia de Kivu Norte. (Foto: Alain Uaykani)
INTERNACIONAL

Un informe revela que o M23 non está a cumprir o acordo de paz no Congo

O M23 atacou vilas incluso despois de participar na cerimonia de entrega ás forzas militares rexionais.
O ministro de Interior e voceiro do Goberno de Colombia, Alfonso Prada, trasladou a decisión gobernamental a cuarta feira. (Foto: Presidencia de Colombia)
INTERNACIONAL

Colombia suspende o alto o fogo co ELN e trata de consolidar o proceso de paz

A confusión reina en Bogotá mentres Petro pugna por estabilizar un proceso de paz que quedou tocado polo comunicado do ELN no que nega un acordo co Goberno para o cesamento de hostilidades bilateral anunciado.
Situación territorial no Iemen por mor da guerra que comezou en 2014. (Infografía: Nós Diario)
INTERNACIONAL

Os hutís abren a porta a un acordo que acabe con oito anos de guerra no Iemen

Este conflito armado foi cualificado por organismos internacionais como a peor crise humanitaria do mundo, con 23 millóns de persoas con necesidades urxentes.
Berit Reiss-Andersen, presidenta do Comité do Nobel, esta sexta feira. (Foto: Heiko Junge / NTB)
INTERNACIONAL

O Nobel da Paz de 2022 premia o "activismo civil" en Ucraína, Belarús e Rusia

Os galardoados son o belaruso Alés Bialiatski, a ONG rusa Memorial e o Centro para as Liberdades Civís ucraíno.
761
A Plataforma galega contra OTAN organizou unhas xornadas en Compostela

30 organizacións galegas demandan a disolución da OTAN

Os actos contra a cimeira da OTAN a celebrar a vindeira fin de semana en Madrid tiveron hoxe parada en Compostela. A Plataforma galega contra OAN organiza esta maña unha xornada de debate arredor da Alianza. As entidades integrantes do colectivo remataron o acto chamando a participar nunha grande mobilización o próximo 26 de xuño na capital do Estado.

Foto de familia do encontro da rede Acampa pola Paz deste ano, na Coruña. (Foto: Nós Diario)
SOCIAL

Éxito no encontro da Rede Acampa na Coruña sobre "a pandemia da fame"

Un grupo de persoas irrompeu nunha das casetas da organización ao berro de "somos de Vox", algo que para a organización foi só "unha mancha diminuta" no contexto dunha grande afluencia de persoas interesadas na mostra.
Un dos espazos da mostra de Acampa na Coruña. (Foto: Nós Diario)
A Coruña

Vandalizan a mostra sobre a fame de Acampa pola Paz

"En todo caso, servirá de exemplo da sociedade na que estamos inmersos", apuntou o coordinador da rede Acampa pola Paz, Xosé Abad.
Dous homes inspeccionan os estragos ocasionados por un ataque aéreo na rexión iemení de Saná. (Foto: Hani Al-Ansi / Dpa)
INTERNACIONAL

O presidente de Iemen ofrece dialogar a paz e reconstruír o Estado aos hutíes

A oferta para estabelecer diálogos de paz por parte do presidente de Iemen chega despois dun alto o fogo durante o mes de Ramadán impulsado polos hutíes.

Investir en paz

O presidente de Ucraína, Volodimir Zelenski. (Foto: Europa Press)
INTERNACIONAL

Pode ser Volodimir Zelenski o vindeiro premio Nobel da Paz?

Pese a que o prazo para presentar as candidaturas rematou o pasado 31 de xaneiro, os asinantes pediron que se amplíe até o 31 de marzo.
EuropaPress_4299135_08_march_2022_united_kingdom_edinburgh_women_take_part_in_rally_outside_the
INTERNACIONAL

O mundo necesita paz e a paz necesita as mulleres

O 8-M reivindica o papel feminino para afrontar as ameazas planetarias.
cgtextel
SOCIAL

Centos de persoas piden na Coruña “paz para Ucraína” e “unha saída negociada xa!”

Na concentración convocada por Acampa participaron membros da comunidade ucraína na Galiza.

Paz

O multilateralismo, única opción de paz e xustiza internacional

EuropaPress_3522661_abogada_equipo_derechos_humanos_grupo_avogados_novos_vigo_irene_alvarez
Membro da comisión de Dereitos Humanos de Avogacía Nova de Vigo

Irene A. Francés: "No Estado español estase a empregar o discurso do esquecemento e da amnesia"

A nova da semana, para a memoria histórica galega, é que as familias de Bóveda, Caamaño e Paz presentaron no consulado da Arxentina en Vigo as súas querelas de adhesión á causa que xulga os delitos de xenocidio e crimes de lesa humanidade cometidos de 1936 a 1977. 'Nós Diario' trata o tema coa avogada Irene A. Francés.
Sin nombre
MEMORIA E HISTORIA

"Hoxe é un día importante contra a impunidade"

As familias de Alexandre Bóveda, Amancio Caamaño e Ramiro Paz presentaron hoxe formalmente as querelas individuais ante a xustiza arxentina por “crimes do franquismo” na sede do Consulado de Arxentina en Vigo.

Xunto ao equipo de avogacía criticaron ao Estado Español por non permitir a investigación e enxuizamento da causa en España 

Jaime Bateman (esquerda), comandante xeral do M19 (Foto: Arquivo Histórico M19).
star
Reportaxes

M19: historia dunha loita político-militar en colombia

O acordo entre o Goberno e a guerrilla do M19 na primavera de 1990 supuxo o primeiro proceso de    paz na historia de Colombia e América Latina. Un feito sen precedentes que traería un proceso constituínte ademais de intentar abrir a porta á resolución dun conflito político e armado aínda latente. 30 anos despois. Sermos Galiza recolle a historia daquela loita político-militar a prol da democracia de man de quen a viviu en primeira persoa.