música

Tanxugueiras — 'Pedindo Perdón'
CULTURA

Tanxugueiras — 'Pedindo Perdón'

Desde esta sexta feira está dispoñíbel Pedindo Perdón, o novo sinxelo de Tanxugueiras. A canción fala da saída dunha relación tóxica, onde as protagonistas, neste caso elas mesmas, saben que poden camiñar soas, sen ningún tipo de dependencia emocional e que as únicas ás que necesitan querer para tirar cara adiante é a elas mesmas.

Tamén fala de arrepentimentos e de saber cando deixar de dar oportunidades a persoas que non o merecen e que, despois de moitas, seguen facéndoche mal. En definitiva, en Pedindo Perdón, a través do empoderamento reivindícase a necesidade de quererse ben a unha mesma como remedio para sandar todo tipo de males.

O tema foi producido por Tanxugueiras, Iago Pico e Ainoa Buitrago, e é resultado das sesións de composición que tiveron lugar na sede madrileña de Warner Chappell en 2023 enmarcadas dentro de 'She Sounds'. Foi durante o desenvolvemento destas xornadas cando as tres artistas entraron o contacto con Ainoa e fraguouse a creación deste novo tema.

Ademais, no proceso de composición da canción tamén participaron outras dúas artistas que asistiron á iniciativa: Camilú e Ale Zabala, cumprindo co fin último destas sesións, pór en contacto mulleres da industria musical de diferentes perfís para crear sinerxías, desenvolver o seu talento e tecer redes de apoio e traballo.

Lonxe e agora

Roxelio Groba.
CULTURA

O XII Festival Groba rende homenaxe ao mestre de Ponteareas

O público terá a ocasión de escoitar, por primeira vez no festival, a Orquestra Sinfónica da Galiza, que realizará o concerto de clausura.
Os portugueses de Budd PowerBlues estarán en Nigrán. (Foto mobydick record)
CULTURA

O festival Nigrán Blues estréase esta fin de semana na vila miñorana

Bandas da Galiza, Arxentina, España e Portugal actuarán no evento do 17 de agosto.

Branca Novoneyra intervindo nunha edición anterior do festival.. (Foto: Tamara de la Fuente)
star
CULTURA

Patrimonio e poesía xúntanse no Festival dos Eidos

O libro Os eidos de Uxío Novoneyra -que fará 75 anos de existencia en 2025- plantou a semente para un festival que celebra a palabra poética, mais que tamén se erixe en centro de convivio dunha comunidade que mantén unha forte identidade. Poesía, patrimonio, música e arte abrázanse en Parada do Courel, en Folgoso (comarca de Quiroga) para a IX edición do Festival dos Eidos.
O trío danés-italiano Raw Fish.
CULTURA

O Canjazz 2024 presenta un programa multicultural e ecléctico

Os concertos principais comezarán ás 22 horas no Eirado do Costal e as aperturas das jam sessions ás 23.30 en diferentes locais da vila.

Rubén Arroxo e Maite Ferreiro (no centro), na preentación do festival
CULTURA

O III Lucus Music Festival ofrecerá unha decena de actuacións en Lugo

Entre o 19 e o 24 de agosto as rúas de Lugo acollerán ensaios abertos, recitais de novos talentos, concertos cunha gran variedade de estilos, ademais do III Campus-Concurso de Dirección.

Xosé Manuel Budiño. (Foto: Xan Carballa)
star
Entrevistas

Xosé Manuel Budiño: A gaita, Instrumento gañador

Cunha traxectoria que estopou en 1996 co seu álbum Paralaia, Xosé Manuel Budiño (Moaña, 1969) está neste verán xirando co novo disco Branca Vela. Estivo en agosto en Muxía (día 3), Maceda (día 8) e estará o 14 na praza de María Pita na Coruña nun concerto acompañado de Mercedes Peón, Vega, Nekane Louzao e Libeliñas&Tarandeiras. Budiño repasa nesta conversa o seu percorrido evolucionando desde a mistura da música tradicional e a súa renovación instrumental, ponte entre os pioneiros Milladoiro e as actuais formacións con novas propostas inspiradas no tradi.
O trío de Abe Rábade fechara o festival.
CULTURA

O Festival de Jazz de Moaña chega á súa 8ª edición

Diego Alonso e Abe Rábade encabezan os carteis dos dous días.
As tradicionais viradeiras na exposición dunha edición anterior da feira.
CULTURA

Alfaroleiros fai 30 anos ofrecendo a mellor artesanía

26 oleiros de diversas zonas do Estado exhibirán os seus produtos no parque Luís Seoane entre os días 7 e 11 de agosto
Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa da Galiza na edición de 2023.
CULTURA

Noia Harp Fest: o festival que mira cara ao futuro da música na Galiza

O Festival Internacional de Arpa Vila de Noia comeza co Encontro do Alumnado das Escolas de Arpa da Galiza, unha proposta que procura estimular a relación entre as e os instrumentistas máis novos do país, ofrecéndolles unha visión de futuro aberta e diversa.  
 
A cantante e compositora
Guadi Galego estará na sexta feira 9 de agosto en Zas. (Foto: Carlos Abal).
CULTURA

A Festa da Carballeira de Zas regresa con música de raíz

Guadi Galego ou De Ninghures entre as invitadas desta edición do festival.
Avelino González.
CULTURA

Arrinca o 37º Festival Noroeste co debut das artes escénicas

Un espectáculo de Avelino González abriu o festival.
O alumnado será protagonista da primeira noite do Noia Harp Fest. (Foto: NHF)
CULTURA

O alumnado das escolas de arpa abrirá a 11ª edición do Noia Harp Fest

A 11ª edición do evento musical conta no seu cartel con figuras como Momi Maiga, Descofar, Camille Levecque, Rachel Hair & Ron Jappy, Nadia Birkenstock e Solomiia Savchuk, mais tamén co alumnado das escolas de arpa da Galiza.

Baldo Martínez dirixindo o sexteto no Auditorio Nacional de Madrid. (Foto: Elvira Megías)
CULTURA

Entre a tradición galega e a vangarda europea o jazz chámase Baldo Martínez

Baldo Martínez vén de publicar o disco Música imaginaria, resultado  dun proxecto amparado polo Festival de Vitoria-Gasteiz, que sintetiza as máis variadas influencias, dando lugar a un traballo que engrandece aínda máis  a xa enorme figura do pioneiro do jazz galego. 
 
Sen titulo
star
CULTURA

Javier Penido, director de banda: "Todo o traballo realizado pagou a pena por como fixo medrar á Banda e ás persoas que tocan nela"

Javier Penido (A Bandeira, Pontevedra, 1993) é o director da Banda Municipal de Música de Caldas de Reis, recentemente galardoada pola súa participación na Sección Segunda do Certame Internacional de Bandas de Música Ciutat de València, o maior referente a nivel mundial no seu eido. 
Un debuxo de Trend realizado polo malagueño José Moreno Villa.
CULTURA

J. B. Trend, o estudoso esquecido da música galega

O festival Músicas no Claustro, que comeza esta quinta feira, recupera un artigo esquecido do hispanista e musicólogo británico J. B. Trend para, a partir del, xerar un proxecto que dará lugar a novas músicas de Pedro Lamas e a un proxecto de investigación de Eva Moreda sobre a paisaxe sonora da Galiza.
Miriam Louzau e Xaquín López na presentación desta segunda feira, 29 de xullo, en Compostela.
CULTURA

O Festival C de Compostela enche de espectáculos as rúas da cidade

Danza, poesía, cinema, música, monicreques, contos, circo e performances nunha trintena de propostas de balde que se espallan pola cidade.
tanxus
MÁIS

En Bueu, SonRías e cantar

O festival presenta un cartaz "espectacular" para a súa XXI edición, que terá lugar esta fin de semana.
De Vacas, Sheila Patricia, Guadi Galego e Malvela, todas participarán do ciclo musical pontevedrés. (Foto: Nós Diario)
MÁIS

Alzar a música e as voces por todas

De Guadi a Malvela, os concertos de Con voz de muller retornan a Pontevedra

Desde mañá e até o 4 de agosto Pontevedra, en plena xeira de festas, leva outro ano máis grandes artistas galegas á praza da Ferraría. De cantoras como Guadi Galego a grupos como De Vacas, o ciclo abranguerá actividades para sensibilizar sobre a situación das mulleres na cultura. Todas as actuacións son de balde e cargadas de moito talento e reivindicación.