O Carballo Interplay trae por primeira vez á Galiza o live show dos podcast Maldito Bollodrama

O festival de contidos dixitais celebrarse entre o 4 e o 7 de abril e completa as súas actividades máis lúdicas cun karaoke guiado por Esteban, Marta Salicrú como Dj e unha gala de premios conducida polo dúo galego Izquierdo Sisters.
Carolina Iglesias.
photo_camera Carolina Iglesias.

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay, que terá lugar entre o 4 e o 7 de abril, presentou a súa programación de shows. Podcast en directo, monólogos e seccións clásicas do festival son algunhas das actividades coas que o evento trae á Galiza voces recoñecidas do eido dixital.

O cómico Xavi Daura fechará a xornada do 5 de abril ás 22 horas no Mercado de Carballo. Cocreador do dúo Venga Monjas presentará por primeira vez na Galiza un show de stand up.

O sábado 6 ás 18.30 horas chega á Galiza o podcast Maldito Bollodrama, un dos máis destacados do panorama actual. Presentado por Laura Terciado e Bake Gómez  conta co Recoñecemento Arco Iris do Ministerio de Igualdade 2023 pola visibilización, apoio e defensa dos dereitos das personas LGTB.

O mesmo día ás 21.30 horas chega o turno de Pena y Pánico. O dúo formado pola ilustradora La Prados e a cómica Raquel Hervás encargarase da sección “Rajando con”. Pena y Pánico é un podcast no que as autoras contan os seus temores máis profundos e intentan curalos con humor. A noite rematará no bar American cun "Karaoke con Esteban"  unha versión nova deste xogo clásico onde Esteban non deixará a ninguén sen saír a cantar.

O domingo 7 de abril o Carballo Interplay pechará a undécima edición coa cómica galega Carolina Iglesias quen gañou en 2020 coa serie Válidas creada coa cómica Victoria Martín. Iglesias volve a Carballo cun show feito en exclusiva para o festival acompañada pola tamén humorista Laura Márquez.

A gala de premios, ese mesmo día, estará conducida polo dúo galego Izquierdo Sisters.

Comentarios