Green Day, Mike Towers, Melendi... xa se coñece o cartel por días do festival O Son do Camiño

As entradas diarias sairán á venda esta próxima quinta feira, 14 de marzo, ás 13 horas.
Unha edición anterior do festival O Son do Camiño. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)
photo_camera Unha edición anterior do festival O Son do Camiño. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

O Son do Camiño vén de presentar a repartición de artistas por día para as próximas quinta feira 30 de maio, sexta 31 e sábado 1 de xuño. Green Day e J Balvin actuarán na primeira xornada do popular festival de música, mentres a sexta feira será a quenda, entre outros, dos Pet Shop Boys e Mike Towers. Xa o sábado, Thirty Seconds to Mars e Melendi.

A organización lembra nun comunicado que o festival esgotou os seus abonos nunhas horas e que os que saíron á venda a semana pasada tras reestruturacións da produción tamén están a piques de esgotarse. As entradas diarias sairán á venda esta próxima quinta feira, 14 de marzo, ás 13 horas en osondocamino.es.

A quinta feira 30 de maio será a quenda artistas internacionais como Green Day e J Balvin, acompañados por outros da escena galega e estatal como Arde Bogotá, Fernandocosta e Berto. Tamén estarán The Interrupters, Mattn, Hot Milk ou Maryland.

O novo e terceiro escenario do festival santiagués, Son Electro by Repsol, especializado na música electrónica, contará o mesmo día 30 con Trym, Patrick Mason, Daria Kolosava, Kalte Liebe, Parkineos, Barbara Lago e Kike Varela.

O 31 de maio actuarán Pet Shop Boys, Myke Towers, Love Of Lesbian, Natos y Waor, Icona Pop, La Oreja de Van Gogh, Recycled J, Judeline, Marilia Monzón e Monoulious DOP, que estarán nos dous escenarios do mítico auditorio. Pola súa parte, en Son Electro by Repsol estarán Solardo, Ben Hemsley, Viviana Casanova, Cristina Tosio, Toni Varga e Richi Risco.

Xa na última xornada será a quenda de Thirty Seconds To Mars, Melendi, Tom Odell, Rels B, Wade, Ana Mena, Baiuca, BB Trickz, Carlos Ares e New Wave Kill. En Son Electro By Repsol, Vitalic, Tiida, Âme Hendrik Schwarz, Héctor Llamazares, Karras Martínes e Grobas.

Comentarios