star
CULTURA
O Memorial Ricardo Portela homenaxea a gaita compostelá de Gabriel Mugico
11/xul./24
A Asociación de Gaiteiras e Gaiteiros Galegos (AGG) organiza desde esta sexta feira e até o domingo, 14 de xullo, na cidade de Pontevedra o xa tradicional Memorial Ricardo Portela. Nesta XXV edición volverá contar con ruadas, concertos diarios e unha feira de artesanía de instrumentos musicais.
star
CONTRACULTURA
Hugo Guezeta, rapeiro: "Quería manter a carga combativa dos meus temas, pero cun punto de vista máis alegre"
11/xul./24
Hugo Guezeta (Ponteareas, 1991) prepara a saída do seu próximo disco coa publicación de sinxelos como "O noso tempo" ou "Feridas". Neste caso o traballo conta coas súas letras e composicións e as bases instrumentais e a produción musical corren por conta de Peter Petrowski. As primeiras datas de presentación do traballo están marcadas para o mes de decembro deste ano.
CULTURA
O MUMI avanza as propostas que se presentarán na súa quinta edición
09/xul./24
Alana, Amoebo, Os D’Abaixo, Quico Comesaña, Ruxe Ruxe e Su Garrido Pombo, as escollas galegas.
star
CULTURA
A arte como medio para descubrir Os Ancares
09/xul./24
Calzado cómodo, unha gorra e crema protectora para resgardarse do sol e un móbil cunha das seis audioguías de Os Andares é todo o que se precisa para descubrir unha das zonas máis atractivas do país a través do traballo dun colectivo de creadores -dramaturgas, cineastas, poetas e músicos- que ofrecen unha mirada emocional sobre a arte, o patrimonio material e inmaterial, a memoria histórica ou a enorme diversidade natural da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes.
CULTURA
A "poesía do pobo" será a protagonista do Día das Letras Galegas en 2025
05/xul./24
A música e as cantigas son un dos principais vehículos da lingua e as que conteñen a súa memoria sentimental. A Real Academia Galega aposta en 2025 polo cultivo popular do idioma, ao dedicar o Día das Letras Galegas ao cancioneiro galego.
star
Música
O disco que escoitamos na primavera e no resto do ano
05/xul./24
'A Primavera ten que ser nosa' / O Sonoro Maxín / Autoedición / 2024 / 5 pezas / 5 euros.
star
CONTRACULTURA
Süne, ex cantante de Huntza: "Son unha rapaza de aldea que toca a trikitixa, mais coa música electrónica moi presente"
05/xul./24
Josune (Itziar, Euskal Herria, 1996), cantante de Huntza até a súa disolución, preséntase agora como Süne, un proxecto en solitario co que estará mañá no festival Asalto ao Castelo de Vimianzo presentando o primeiro sinxelo do seu próximo disco, Lau korapilo. Este concerto será o único que dea a artista durante este ano fóra de Euskal Herria.
CULTURA
O Memorial Ricardo Portela de Pontevedra chega á súa 25ª edición
04/xul./24
A Boa Vila celebra a figura dun gaiteiro e mestre lendario no país cunha programación que mestura tradición, cultura e ocio.
SOCIAL
'Mulleres á fronte': o batuko une Galiza e Cabo Verde no camiño da igualdade
04/xul./24
Investigadoras das tres universidades galegas desenvolverán até o mes de novembro o proxecto 'Mulleres á fronte desde o Sur Global', unha intervención participativa en materia de desenvolvemento e igualdade a través da música.
INTERNACIONAL
Morre o antifascista Julien Terzics, un dos fundadores dos Red Warriors que loitaron contra o supremacismo branco en París
02/xul./24
Julien Terzics era un coñecido militante do sindicato francés CNT e actual batería da banda Brigada Flores Magón.
Obituario
Falece o cantor e compositor portugués Fausto Bordalo
01/xul./24
Fausto Bordalo deixou para o recordo temas como 'O barco vai de saída', 'Como um sonho acordado' ou 'A guerra é a guerra'.
CONTRACULTURA
Resaca Emocional: "'Bolboretas' fala desde a perspectiva do amor que ten unha persoa con baixa autoestima"
28/xuño/24
Berto é un dos compositores e unha das voces de Resaca Emocional, un proxecto que integra xunto con Ash Diz (composición, voz e percusión), Lorena Cachito (percusión e voz), Brais Iriarte (baixo, guitarra e voz), Zeltia Iglesias (deseño e merchandising), Ro Campoy (debuxo, maquillaxe, fotografía e merchandising), Gala Rodríguez (escenografía e fotografía), Xurxo Pinheiro (técnico de son), Dani Ábalo (técnico de luces) e Manu Tarrío (management e
apoio emocional).
apoio emocional).