música

Foto de familia das persoas participantes na segunda edición das residencias Mariñán.
CULTURA

Residencias Mariñán: a creación posta ao servizo da comunidade

A segunda edición das Residencias Artísticas Mariñán, organizadas pola área de Cultura da Deputación da Coruña, rematou onte deixando ver a necesidade do apoio a unha creación que ten como horizonte a reconstrución do común desde unha reapropiación da ética. 
 
Xabier Díaz. (Foto: Arxina)
star
Entrevistas

Xabier Díaz: O froito do sementado

É un artista xa consagrado despois de tantos anos na escena galega, onde comezou case na adolescencia. Xabier Díaz (A Coruña 1969), publicou recentemente o seu cuarto disco, Axúdame a sentir, coas Adufeiras de Salitre, un grupo de mulleres coas que xa leva dez anos e un ronsel de actuacións sempre ateigadas dun público fiel. Antes estiveron as experiencias en Rumbadeira, Berrogüetto, aCadaCanto ou Nova Galega de Danza, unha traxectoria que sementou parte da explosión diversa e colectiva da música tradicional galega de hoxe.
star
Música

Algum cheirinho de alecrim

M​ú​sicas Brasileiras, M​ú​sicos Portugueses / Orquestra de Jazz de Matosinhos / Cara - Biscoito Fino / 2024 / Doce pezas / 12 euros
 
O trompetista, vocalista e compositor Louis Armstrong foi unha das figuras máis influentes do jazz. (Foto: S. G.)
star
Música

Louis Armstrong

Florian Vlashi, Gonzalo Castro, Rosario Álvarez e María e Susana Villalta na presentación desta quinta feira, 25 de abril.
LINGUA

O Concerto das Letras Galegas evoca a faceta musical de Luísa Villalta

Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004) foi, ademais dunha grande escritora, unha recoñecida violinista. Por iso, no programa desta edición do Concerto das Letras Galegas teñen unha presenza moi destacada os violíns e os compositores favoritos da homenaxeada este 17 de maio. A presidenta do Consello da Cultura Galega (CCG), Rosario Álvarez; o concelleiro de Fomento e Promoción da Cidade, Gonzalo Castro Pardo; a irmá de Luísa, Susana Villalta, e o director do Grupo Instrumental Siglo XX, Florian Vlashi, presentaron esta quinta feira o programa da décimo cuarta edición que busca, en palabras da presidenta, “unir literatura e música, dous fíos que están na propia biografía e actividade cultural de Luísa”. 
Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra.
CULTURA

Así soa o novo tema de Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra

Rebeliom do Inframundo e Fillas de Cassandra veñen de asinar a súa primeira colaboración, "Contra vento e marea". O tema, que xa está dispoñíbel nas plataformas dixitais, preséntase como un arrebatador, cómplice e fascinante xogo de contrastes entre dúas formacións esenciais na actual escena da música galega. O sinxelo demostra que a confluencia entre as dúas bandas que agromaron en Vigo é natural, enriquecedora e proveitosa para a música do país.

Contra vento e marea, explica Nervo, MC de Rebeliom do Inframundo, é "unha oda á superación, a remar contracorrente, a manterse a flote, a sobrevivir no medio desta puta loucura". É un canto a non deixarse levar pola ira, mesmo sendo conscientes que hai razóns dabondo para que a ira aflore. "É unha canción chea de orgullo, forza e valor, evocadora de todo tipo de sentimentos precisos para vencer á frustración», expón.

Ao fío, María SOA e Sara Faro salientan "a forza e a colectividade" que se desprende da peza. "Como di o tema, somos rochas contra as que bate o mar. Contra todos os contratempos que poidan vir, ímonos manter firmes e mirar cara adiante", apuntan.

Nesta primeira colaboración, Rebeliom do Inframundo achégase a un rexistro poético conmovedor e descarnado, cunha colosal carga emotiva, mais sen deixar, en ningún momento, a súa esencia combativa. "Som o som das ondas à beira do mare, o latejo, a espuma branca, o nosso lare, a costa e dureza. Puto, nom todo vale. Ilhas Atlânticas freando tempestade", rapea Nervo sobre a produción musical de 2Pasøs e Frank Huxley.

Pola súa banda, Fillas de Cassandra expoñen, dun xeito vehemente e apaixonado, a fortaleza que reside nelas. "Nas augas do inframundo fazemos o nosso mare", cantan María SOA e Sara Faro nos primeiros compases do tema.

Reprodución do Pergameo Vindel con letra e música das cantigas de Martin Codax. (Foto: Andrés Díaz Pazos).
star
Análise

Análise feminista da lírica medieval e as músicas populares contemporáneas

Belén Bermejo é doutora en Dereito, música e xestora cultural.
A especialista en música medieval Begoña Olavide. (Foto: Mikel Uriarte)
CULTURA

As trobas e cantigas regresan a Lugo cun concerto relatorio de salterios

O ciclo de Concertos Medievais de Lugo rescata un instrumento "esquecido" 
Alberto Pombo, Nuno Pico (Grande Amore), May (Leria) e Arcadio González.
LINGUA

A campaña de dinamización lingüística 'Aquí tamén se fala' vira en festival

A praza da Tolerancia da Coruña acollerá o 7 de xuño a primeira edición dun festival de música en galego.

"Festival dos Pobos Ibéricos", decorrido na Coruña en Agosto de 1978. De esquerda a dereita: Joxean e Jesus Artze (Euskal Herria), José Afonso (Portugal), Marina Rossell (Catalunya), Xico de Carinho (Galiza), Bibiano (Galiza) e Enrique Morente (Andalucía). (Foto: Arquivo do autor)
star
Reportaxes

O canto de intervenção na Revolução dos Cravos e a presenza de José Afonso na Galiza

Na madrugada do 25 de abril do 74, cando os militares do MFA, capitáns na súa maioría, escoitaron no radio o Grândola de José Afonso, sinal indicativo de que todo ía segundo o planificado, botáronse á rúa para dar cabo da ditadura salazarista. Nese intre eu atopábame en Barcelona  e as noticias que nos ían chegando causaron unha forte conmoción, por sorpresivas e esperanzadoras. 
Antonio López, reitor da USC, a cantante Uxía Senlle e Elías Feijó, decano de Filoloxía en Compostela, en maio de 2022. (Foto: E. P.)
star
Reportaxes

Terra da fraternidade. 50 anos da Revolución dos Caraveis: un soño compartido

Agora que a Revolución dos Caraveis cumpre 50 anos tamén é o momento de agradecer e honrar a quen se atreveu a espallar aos catro ventos a situación que se vivía e que para chegar alí houbo que dar pasos tan determinantes como esta aventura romántica que uniu a galegos e portugueses.
A plataforma 'Spotifay' conta con máis de 600 persoas usuarias en todo o mundo. (Foto: Nós Diario).
star
Análise

A música en streaming, só para os éxitos

Mauro Borrazás é xornalista de profesión e músico por afección da xeración Xabarín
Fotograma do videoclip 'Flight Sensei' (Foto: Narci Rodríguez dA Trio).
CULTURA

Do espazo á comarca de Noia: a viaxe de Narci Rodríguez dA Trio ao máis puro estilo Daft Punk

Narci Rodríguez dA Trio fecha unha etapa coa publicación do seu novo videoclip Flight Sensei, a última peza do seu album Apollo III. Ad infinitum (2022). A estética desta viaxe interestelar desde o espazo ás paraxes da comarca de Noia, unida aos ritmos electrónicos e ás voces melódicas, fai lembrar a algúns dos mellores traballos da mítica banda Daft Punk, aos que esta movida canción que reflexiona sobre o amor na súa forma máis sensorial non ten nada que envexar. Trátase ademais da antesala do V traballo desta banda políglota que emprega o galego, o portugués e o inglés como "motores lingüísticos". Segundo adianta Narci Rodríguez dA Trio a Nós Diario, o seu próximo disco, que sairá en setembro e no que o galego gañará aínda máis peso, "será moi diferente" e contará con moitas colaboracións tanto do panorama musical galego como do internacional.

A contradición: creación-destrución

Detalle da capa do disco.
star
Música

Queixumes do pop

'Grampoder' / PM / Estilo: pop, rock / Dixital, vinilo 12"/ Produción: Jacobo Iglesias / Selo: Independente / 10 pistas / Prezo: descatalogado.
Concerto dos Vacalouras de Teis e a Orquestra Bravú Xangai na Sala Garufa da Coruña, o pasado 2 de marzo. (Foto: Fran Amil)
star
Música

Vigocorunhenta

Carlos Núñez tocará en Lorient.
CULTURA

Carlos Núñez e Caldo súmanse ao Festival Intercéltico de Lorient

Carlos Núñez presentará no encontro Bretón o seu último disco Celtic Sea.
O músico e escritor Xurxo Souto, coa súa característica buguina, nunha actuación (Foto: Nós Diario).
CULTURA

Xurxo Souto dirixirá a gala dos Premios Martín Códax da Música

O músico e escritor dirixirá o vindeiro 15 de maio a gala da 11ª edición, na que a orquestra bravú Xangai poñerá a música no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Un momento do espectáculo de Guadi Galego 'Síntese Horizonte'. (Foto Cris Padín)
Agora

Guadi Galego ponlle o ramo á súa xira 'Síntese Horizonte' no Principal de Pontevedra

Guadi Galego visitará Pontevedra este sábado 13 de abril -Teatro Principal, 20 horas- para pór o punto e final á xira de presentación do seu novo directo, Síntese Horizonte. Galego pechará así a tríade de concertos de presentación do seu último LP, Roibén, subindo de novo ás táboas para sorprender ao público cunha proposta exclusiva que pretende ofrecer unha experiencia musical única e transformadora.
Retrato fotográfico de Marcial del Adalid.
star
CULTURA

Marcial del Adalid reivindícase como inventor da música galega académica: que sabemos del?

Laura Toriñán asina un volume sobre a vida e a obra de Marcial del Adalid que actualiza os coñecementos que temos sobre un compositor só parcialmente recoñecido, e que revisa o importante fondo que sobre el posúe a Real Academia Galega.