O ciclo Fiadeiras da UNED lembra os 40 anos de traxectoria de Uxía

Uxía e unha das principais embaixadoras da música tradicional galega no mundo.
Uxía na charla da UNED.
photo_camera Uxía na charla da UNED.

Nun evento memorábel no ciclo Fiadeiras no campus de Lugo da Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED), a cantante Uxía Senlle conmemorou catro décadas dedicadas ao mundo da música. Nun ambiente íntimo e emotivo, a artista repasou os fitos que marcaron a súa traxectoria e ofreceu unha actuación singular, interpretando un soneto da poeta Marica Campo, que se encontraba entre o público.

Figura central da cultura galega, Uxía e unha das principais embaixadoras da música tradicional galega no mundo. Desde o seu debut con Foliada de Marzo en 1986, o seu traballo representa un punto de encontro para as diferentes culturas, un xeito de comunicación entre pobos e xentes.

FIgura fundamental da música galega

Nesta liña, Senlle fixo importantes contribucións ao fomento da lusofonía. A súa paixón pola mestizaxe consegue unir e reunir voces, instrumentos, ritmos, sons... un imán para o talento, e así o demostra como directora artística na creación do Festival Internacional da Lusofonía Cantos na Maré, un espectáculo concibido como punto de encontro de artistas da área lusófona no que o escenario se transforma nunha festa multicultural coas mellores voces de Portugal, Brasil, Cabo Verde, Guiné Bissau, etc.

Representou a Televisión de Galicia en 1991 nun festival de televisións rexionais celebrado en Nüremberg e á Galiza na Expo 98 de Lisboa e na edición de 2004 do Liet-Lavlut celebrada en Leeuwarden, onde acadou o terceiro posto. En 2017 foille concedido o Premio Rebulir da Cultura Galega, e no 2018 recibiu o premio da Música Independente ao mellor álbum galego con Uxía-o

O seu labor transcende o musical; Uxía estivo involucrada en innumerábeis iniciativas cívicas e sociais, enfocadas en promover talentos emerxentes e comprometidas coa loita pola igualdade de xénero.

Comentarios