Tras anos de advertencias por parte do tecido social da Coruña, a Xunta de Galiza e o Concello anunciaron esta cuarta feira a súa intención de declarar BIC uns murais de Urbano Lugrís xa moi deteriorados situados en inmóbeis que acolleron negocios de hostalaría.
Presentáronse catro ofertas para adquirir o conxunto pictórico do artista coruñés. Unha delas é a da Xunta, por 35.000 euros; outra dunha galería de arte de Vigo, por 40.100; unha terceira dun particular, por 36.000, e unha cuarta, da empresa interesada en adquirir os edificios, cunha proposta económica de 30.000 euros.
A autora, Lula Goce, empregou a intelixencia artificial para xerar o rostro da muller retratada, partindo dunha mestura de imaxes de Penélope Cruz e outras caras femininas elixidas aleatoriamente.
O historiador Bernardo Máiz redescobre na casa de Bello Piñeiro uns murais dos que non se tiña noticia. A casa, incluída na Lista Vermella do Patrimonio, pertence á Igrexa, e está, segundo os expertos, nun estado de "ruína implacábel". Os frescos ofrecen a singularidade de estar pintado con motivos céltico-irlandeses, unha tendencia iconográfica moi querida para os nacionalistas do primeiro terzo do século XX.
A creación do artista portugués Ricardo Romero opta ao premio a mellor mural do mundo do mes de agosto despois de lograr o voto do público nas redes sociais da plataforma Street Art Cities.
A arte urbana estase gañando un oco entre as expresións culturais con máis acollida na Galiza. Desde os festivais espallados polo país até o recoñecemento de organismos como a plataforma Street Art Cities. Estas obras de grandes dimensións pintan con cores as rúas para combater o paso do tempo sobre algúns edificios e para fomentar a creación artística das vilas.
Amabel González é, xunto con Clara Rodríguez, a comisaria da exposición 1984. Unha xenealoxía feminista da arte urbana galega onde recollen as historias das mulleres pioneiras no graffiti e a arte mural do país.
Vanesa Álvarez, deseñadora gráfica, foi a encargada de pintar o mural situado no chan das áreas peonís de Union Square (Nova York), que mide 2.200 metros de longo. Unión co Universo, como se chama o mural, pretende lanzar unha mensaxe ecoloxista a todas as persoas que pasarán por enriba del durante o próximo ano.
Até o 11 de xuño, seis proxectos artísticos liderados por sete creadoras e creadores farán que medre o número de obras murais en Carballo ao abeiro do Rexenera Fest, unha iniciativa que suma nove anos mostrando en directo como se transforman os espazos públicos. A vila, convertida en “museo público”, é xa un referente turístico internacional da arte urbana.
Na tarde desta quinta feira tivo lugar na Coruña unha concentración convocada polo colectivo In Nave Civitas, reclamando a intervención do Concello da Coruña e da Xunta de Galiza para asegurar a conservación do conxunto muralístico pintado por Urbano Lugrís na rúa Olmos.
Culturban é unha mostra de arte urbana que propón explorar e descubrir a contorna de Lugo con actividades artísticas, accións e experiencias urbanas diferentes que transforman a cidade, convertendo Lugo nun lugar vangardista.